Mentres fago a maleta, remato a ponencia e a presentación nun PowerPoint, e trazo cálculos imposibles para que todo o que ainda non fixen entre nos poucos días que ainda teño, cóntovos da neve. Bos Aires viu cair neve nestes días. A última vez fora no ano 1918 e, se cadra pola excepcionalidade e a posibilidade de estar diante de algo que non volve ocorrir en 90 anos, as xentes saíron á rúa a festexar e facer fotos.
Eu tamén saín. Non fixen fotos. Fun traballar. Gústoume a neve. Ese xeito de resistirse á caida, de non se deixar atrapar polo chan. Con todo, as folerpas teñen para min unha significación menos lírica e fermosa. Medrei coas historias do frío, da pel ferida polo xeo, dos pes inmovilizados, das doenzas collidas daquela e que ainda se manifestan. Vin demasiadas veces a faciana grave dos meus falando dos días de nevada. E afíxenme á idea negra diso tan branco.
Quixera que me gustara a neve. Pero, confésoo, téñolle medo. Un medo vello e transplantado.
This album is powered by BubbleShare - Add to my blog
Fotos da cidade de Bos Aires e do país todo dos xornais e das axencias de noticias.
11 comentários:
Eu teño outras connotacións da neve, sempre me gustou a estética branca da neve e souben algo dos fríos intensos e dos sabañóns e das inconveniencias que trae. Aínda así, confeso que segue a gustarme. Quizais porque a vexo desde o refuxio quentiño do fogar.
Aquí din que o primeiro día aleda, o segundo cheira e o terceiro alcatrea.
Un saúdo e que teñas boa viaxe na volta á Terra.
non esquezas meter todo o importante na maleta: a roupa, un cachiño desa neve excepcional, a ollada limpa e nova, para que cando a abras, todos os tesouros que traes dende a outra galicia medren coa ilusión de sentirte na terra, no mar, no vento...
historias da neve, forxaron a alma da xente da galiza. cando venhas non traias moito abrigo que aquí pega ben o sol. feliz regreso a terra!
ua!ua!ua! neve branca polo sur! e auga polo norte! fermosas fotos. Cando chegues ás nosas terras, serás recibida polo arco da vella de tantos galegos que agardan sentirte de cerca, entre cores e sorrisos.
bico :-)
Qué cosas... Yo, llena de felicidad por la nieve y mi abuela recordando la pesadilla que era trabajar en Galicia en invierno. Así es la vida. Apertas
Pois a min gústame a neve polo menos un par de veces no ano pero nesta zona de Galicia nevará unha vez cada dez ou máis anos.
Dende logo que dá outra visión das cousas.
En canto ó frío dicir que frío ten feito máis e non dá nevado e dá rabia iso.
Eu o igual que Paideleo, pasame o mismo, sempre me gustou a neve, precisamente por que en Corme neva como moito cada corenta ou cincuenta anos.
Con medo e todo non me dirá que non é fermoso descubrir outra paisaxe nesa paisaxe que de tanto mirar xa non vemos.
Unha chaqueta non lle vai sobrar, meta dúas por se acaso. Que a viaxe se lle faga curta. Unha aperrrta.
As lembranzas son tan personais... A mín lémbrame que eran días sen cole e nos que nos abufándaban de arriba a abaixo para saír a xogar.
Véñase abrigada e desfrute destes días. Un saúdiño.
Graciñas polas vosas lembranzas. A neve fíxose agua ao outro día e agora só quedan as fotos dese día branco na cidade e as nosas memorias. Apertas!
Que fotos tan chulas¡ Aquí non é que o sol estea todos os días petando duro pero non lle vai frío así que non traia moita cousa de abrigo. Bicos
Postar um comentário