3 de set. de 2007

Quino /1

De como o mundo cambia para non cambiar.
De como os que hoxe están aquí, onte estiveron alá.
De como o tempo pasa pero non sempre deixa sabiduría.




















Quino. Un home que ve antes de todos nós iso que todos veremos logo.

19 comentários:

Anônimo disse...

Hasta certo punto, é unha bágoa que Mafalda teña un pouco eclipsada o resto da obra de Quino para os que somos máis profanos.
Claro que Mafalda é moita Mafalda.
Unha aperta.

Marcos Valcárcel López disse...

Moi boa e oportuna, de hoxe mesmo, aínda que xa é de 1971, esta viñeta de QUINO. Dende logo, Quino é moito máis que o humorista de Mafalda: é un intérprete do noso mundo e por iso manteñen plena vixencia tantas das súas historias.

Lula Fortune disse...

Quino é un xenio, pero é verdade que Mafalda fagociou moita da súa obra.De todolos xeitos, Mafalda encántame, e a ese Manolito dan ganas de collelo no colo do burriño e tenro que é...Un biquiño.

Zerovacas disse...

Precioso. Xa hai tempo que non releo a Quino

paideleo disse...

Todos coñecemos casos de xente preparada sen traballo ou cun traballo non acorde co seu título e logo hai xente non preparada en postos de gran responsabilidade.
Este mundo é así e ou andamos a tiros ou facemos chistes.

Suso Lista disse...

Onte é hoxe, e hoxe é mañán.

Anônimo disse...

Que opina amiga do retrato infantil de Manolito Goreiro, o fillo de galegos?

Paz disse...

Dende a Mérida española, dicirche que mañá entrégaselle un dos premios Extremadura á Creación pola súa traxetoria artística.
Un recoñecemento máis á súa inesgotable capacidade para -dende a tenrura - amosarnos as contradiccions deste mundo.

Anônimo disse...

Esa é a historia de moita xente, aínda hoxe en día. Sen ir máis lonxe, un dos camioneiros que traballa na empresa comigo, que é venezolano, é licenciado en empresariais.

Efectivamente, idéntico á viñeta.

Raraher disse...

En certa ocasión lin unha reflexión de Quino a cal dicía:

Penso que a forma en que a vida flúe está mal. Debería ser ao revés: Un debería morrer primeiro, para saír diso dunha vez.
Logo, vivir nun asilo de anciáns ata que che saquen cando xa non es tan vello para estar aí. Entón empezas a traballar, traballar por corenta anos ata que es o suficientemente novo para gozar a túa xubilación. Logo festas, parrandas, drogas, alcol. Diversión, amantes, noivos, noivas, todo, ata que estás listo para entrar á secundaria...
Despois pasas á primaria e es un neno/a que lla pasa xogando sen responsabilidades de ningún tipo...
Logo pasas a ser un bebé, e vas de novo ao ventre materno, e aí pasas os mellores e últimos nove meses da túa vida flotando nun líquido morno, ata que a túa vida apágase nun tremendo orgasmo...

Mándoche un abrazo e que os Fios invisibles sígannos unindo á nosa Galicia, un bico.

Anônimo disse...

Xenial Quino, e xenial a viñeta. El é quen de condensar toda unha novela en 5 pasos. Eu vin a historia de todos eles e todos os porqués, iso non o sabe facer calquera.

Grazas polo enlace, coido que o vou visitar mooooitas veces.

Anônimo disse...

vendo a data da viñeta, hai que dicir que o tipo foi un visionario... vaia se o foi. Eu sabía da existencia de mafalda, pero non tiña nin idea de Quino.. avergoñome delo... voume poñer a investigar! grazas polo link!

Mrs.Doyle disse...

QUINO é superior...

Nuca disse...

a viñeta é do 71 do século pasado. 36 anos despois podemos identificar a mesmiña historia perto de nos. Qué poco mudan algunhas cousas!!!

rosa enriquez disse...

Parece que as cousas cambian porque o tempo pasa e pasa pero case sempre estamos no mesmo punto... Non sei. Líome¡ Un bico para vostede.

silvia garcia disse...

é xenial a reflexión, noraboa polo esforzo que fas en moitas cousas, no de viaxar soa referíame a que a mirada é mais atenta, e bos aires debe ser fermosisimo!!!!!!!

Anônimo disse...

Xenial a viñeta e de plena actualidade case corenta anos despois. Sempre me gustou mafalda, mesmo cando era unha picariña que non entendía ren, o caso é que sempre me pareceu unha pequena lista e iso chamaba a miña atención.

O do curso da vida é unha reflexión espléndida e moi acertada, gracias rrh por facernola chegar ós que non a coñeciamos.

Un saúdo

TXARI disse...

ninguén se libra dos destinos!!! nunca has de rir de quen pode ser algun día o teu egemplo ou xefe!

torredebabel disse...

Graciñas a todos por compartir as vosas experiencias con Quino. Sen dúbida un home intelixente e sensible. Tamén, claro, un home do seu tempo. Concordo con F. Miguez e con Lula cando din que Mafalda ten algo eclipsada a súa obra e, por certo, é unha obra fabulosa.

Como sinala arumes, nesa obra xa mundial que é Mafalda, o personaxe de Manoliño e toda a súa familia é particularmente especial para os galegos. Por unha banda, non se pode negar que ter presenza nese universo é tamén un xeito de recoñecemento. Pero, pola outra, os tópicos, os tópicos... Moito busquei nestes días unha vella entrevista na que Quino era consultado sobre o asunto. Non din con ela (coido que é dos tempos AI -antes de internet-), pero agardo non errar moito ao dicir que na súa resposta, Quino recoñecía a súa falta de delicadeza e explicaba que no seu traballo os estereotipos son necesarios para a sinxela identificación que require ese rexistro con poucas palabras. E de contado, recoñecía que iso tampouco lle parecía unha boa excusa.

No caso desta, o feito de que fora debuxada fai máis de 30 anos, como moitos viron, foi o elemento determinante para a escolla. Dalgunha maneira, non temos máis remedio de darlle a razón ao propio Quino cando se amosa tan pesimista sobre o futuro da humanidade. Eu en sintonía co que din e contas Paideleo, Suso Lista, Larvos, rosa enriquez, xurxocimadevila, occam, Txari pregúntome: Cómo é posible que non lembremos? Cómo é posible que non sexamos quen de sair dese circulo tan triste?

Graciñas a Zerovacas e a vakastolas polas súas lembranzas. Graciñas a Mª Paz pola nova e pola visita. Graciñas a RRH 1008 pola cita que é moi propia da ollada de Quino (se non me trabuco, coido que a vin no formato de banda deseñada). Graciñas a silviacansa pola visita e polo sitio tan bonito que ten nesta comarca que é o blogomillo.

Dende logo, non será necesario dicir que me gusta moito o traballo de Quino. Penso niso como a miña Doutora Seymour, coma a benquerida Mrs.Doyle. Tamén me gusta moito atopar as vosas verbas que sempre melloran e completan os asuntos que eu non sei percorrer na súa totalidade. Agradézovos esa xenerosidade que tendes!!!