« E non recordo moi ben que lixo podía recoller (o carro dos varredores municipais), porque daquela o lixo todo que sobraba nas casas era moi pouco. Daquela a xente non tiña lixo. É un tema curioso este do lixo, eu diría que se poden estudar os cambios na nosa civilización a través do estudo da produción de lixo. Hoxe a industria do lixo, recollida, reciclaxe, procesado todo, move grandes sumas e o lixo transformouse nun auténtico problema que atinxe á supervivencia da nosa civilización e da nosa especie. Esta civilización nosa, ese modelo socioeconómico, produce tanta porcallada que ameaza a todo o planeta. É evidente que é un modelo insostíbel e que debe ser custionado.
Daquela o que sobraba da comida era para os porcos ou para as galiñas, nós tiñamos galiñas, e non había lixo. Plásticos case non había. Periódicos había poucos, líanse poucos periódicos. Hoxe non moitos máos. Nas casa dos pobres non se lían periódicos, e amais os periódicos valían para queimar nas chemineas, para acender o lume, ou para envolver cousas, os xornais ninguén tiraba con eles pois eran moi útiles, de maneira que non sei que lixo podían recoller aqueles varredores que lembro que pasaban ocasionalmente polo meu barrio. Hoxe témonos transformado esencialmente en fabricantes de lixo, debemos facer un quilo por persoa ao día. iso é debido a que xa non somos traballadores, creadores, senón consumidores. O rasto que deixamos non é o que fabricamos senón o que consumimos, e os restos do consumo. »
Suso de Toro
Conversas con Suso de Toro,
Antonio Pedrós-Gascón
(Xeráis)
Ilustración de Pablo Bernasconi
Conversas con Suso de Toro,
Antonio Pedrós-Gascón
(Xeráis)
Ilustración de Pablo Bernasconi
13 comentários:
...e que non entendo coma non estamos ainda soterrados baixo metros e metros de lixo, asi esta o planeta...cheo; bicos mil!
Ten razón Suso de Toro: levamos un camiño errado e sen sentido.
Xa o notei nos EEUU que apenas había fábricas e todo eran tendas e a xente traballaba nas tendas e gastaba o seu salario noutras tendas. Viven para consumir e o malo é que nós levamos o mesmo camiño.
Creo que non quixo decir, que os periodicos tamén servian pra limpar o "villote".
Vivimos nos tempos de usar e tirar, e iso aplícase a todo.
Non é que sexamos fabricantes de lixo. Teño a sensación de que xa vivimos nun inmenso basureiro, somos a un tempo creadores e habitantes.
Lémbrame a aquilo da "kippelización" de Dick, o colapso do universo por acumulación de obxectos inútiles.
que visión mais acertada, e o que teñen os artistas, nos só vemos un diamante, eles descreven cada faceta por separado e iso da unha idea mais veraz do que se mira...
apertas e aproveite es a primavera austral...que envexa!!
Somos o que non queremos ser: consumidores e produtores de lixo. Cómo poñerlle freo a esta tolemia?
Teño máis interrogantes ca respostas.
Saúdos.
o lixo é um invento do capitalismo, o lixo é umha comodidade que se torna incómoda, e nom sabemos atalhar...
Semella que ficamos na abundancia e por iso nos "sobra" de todo.
Saúdos
Si, hoxe todo se converte en lixo ó cabo dun tempo suficente... E non adoita ser demasiado! Habería que plantexarse estes problemas máis en serio
Xa está todo dito! Verdades como puños!
Concordo con Jan, xa está todo dito. Que podería engadir? Ah si¡ Que anda polo blogomillo un meme que eu lle paso por se lle apetece facelo. Só ten que indicar as oito cousas que considere importantes para vostede. Un bico TORRE¡:)
Postar um comentário