Das máis de duascentes que teñen alí, só unha pode gañar o concurso "Enfoca o galego" e eu xa teño as miñas miñas favoritas. Son cinco, pero en dous grupos.
No primeiro grupo están
a de Carlos Portas
a de Yolanda Gómez Gálvez
E no segundo grupo as que penso que mellor falan da lingua de Galiza. Son de Lara Bacelo.
20 comentários:
Eu quédome coas de Sara Jess.
uf!, parece unha proposta moi complicada.... pero en fin, haber o resultado gañador.
Si, a idea é tan poética que valería calquera delas.
A min gústanme as dúas últimas. A do home do pucho resume moito máis ca lingua, e a outra creo que é a maraña da nosa lingua o mellor expresada posible. E nas nosas mans... coma sempre.
Apertas!
Eu se teño que decidir entre as que elexiu vostede, quedo coa de Lara Bacelo a primeira. Foi vela, e dicir, aí está!
Pois eu anduven a mirar as fotos que hai na páxina e gustoume moito unha na que se ve a man dun meniño de meses e a dunha persoa anciá colledo as dúas unha mazá.
moi boa e significativa.
Un saudiño.
Está reñido...qué buenas.
Bico, Torredebabel
guau, Torre de Babel, qué honra estar no listado. pero ten en conta que o xurado escolle primeiro polo número de votos, e as miñas non chegan nin a cen... así que o premio desa Canon 400 vai ter que quedar para outra...
;) pd: queda pendente o envío dese docu... en breve, non esquezo.
Case collería a Lara, pero lamento ser crítico, despois de mirar con calma todos as fotografías vexo falta de imaxinación e desconexión co tema a tratar na maioría. Ben escollidas as túas de tódolos xeitos
Cómpre dicir que é difícil conseguir plasmar nunha imaxe do galego, pero algunhas imaxes resultan obvias xa que forman parte das nosas tradicións (o mítico xacobeo, a palilleita, o baile galego...), inclusive a comida como o polbo. En canto á imaxinación, Yolanda Gómez é a que máis me gusta (falando subxetivamente). Aínda que indo á maneira máis bruta o que en realidade é representativo de Galicia (non pola súa adoración nin moito menos e falando desde o poder) Fraga é un dos monumentos máis recoñecidos...
ufff, moi fodido elegir, puxestelo moi, moi difícil...calqueira tambén diría...
Son todas fantásticas, eu non podería elexir, sobre todo entre as tres primeiras.
Saúdos.
Obviamente refírome ás case 200 que saen en http://www.galegoelogo.com/concursofoto/verfotos.php?color=0 non as que mostra aqui torredebabel ;)
Quedamo ca última, porque nos nosos maiores está a esencia do auntentico galego que estamos a perder sobre todo nas zonas urbanas
É unha decisión difícil. Agora mesmo vénme a cabeza aquela fotografía famosa (non lembro o nome do autor) na que se vía un rapaz dos anos cincuenta cun barco de xoguete ao que puxera por nome "Javiota". Sobre estas que nos propós, todas teñen o seu poder evocador. Seguiremos pensando. Unha aperta.
A escolla que fixeches é suxerente e vocadora máis seguiremos pensando como ben di Veloso.
Unha aperta grande desde este lado do mar.
;)
Eu quedo coa última. Coido que a beleza está nas cousas sixelas.
Sin despreciar as outras, decir que Sara � moita Sara.
A que prefiro eu está na páxina 18 e está feita por Alberto Conde Freniche. Gústame a foto e o texto.
HOla!!!!!
pues viendo paginas por internet descubrí esta, que para mi sorpresa veo k tiene una foto mia!!jojojoo. SOy yolanda!Me alegro un montonazo de que te haya gustado mi foto!, pero como tu dices...la cosa está muy reñida!!
;)
Postar um comentário