14 de nov. de 2007

Variacións sobre o patrimonio

En España preto do 90% dos maiores de 65 anos teñen unha vivenda en propiedade, pero pasan por dificultades económicas nos seus últimos anos, porque prefiren conservar a súa casa para que a herden os seus descendentes. Galicia-Hoxe



- Mamá, por qué non pon o vestido novo ese que mercamos en vez de ir así vestida con eses farrapos?
- Boh... farrapos! qué ten este vestido? Esta ben ainda.
- Pero poña o novo!
- O novo? Muller non, ese gárdoo.



A miña avóa morreu con máis de 90 anos. Estou segura, moitos camisóns quedáronlle sen estrear. Gardábaos porque eran moi bos, ou moi bonitos, ou sinxelamente moi novos.

23 comentários:

busto.agolada disse...

Viviron anos de vacas fracas e querían ser previsores por se volvían verse necesitados. Había menos consumismo e máis mentalidade de ter uns aforrospor se había necesidade, ou unha enfermidade. A Seguridade Social nunca antes fora coma agora, universal e gratuíta.
Nesa súa conformidade co pouco residía parte da súa sastifacción e por veces a felicidade.
Apertas.

Anônimo disse...

Si que é así, sempre foi así, os pais pensan nos fillos.
Eu soupen o que me querían meus pais cando tiven un fillo...

Anônimo disse...

Foi tan duro o que pasaron e durante tanto tempo, e traían a lección tan aprendida dos seus maiores, que en moitos deles un pode ver unha incapacidade para gozar do froito do seu traballo. Foron criados na cultura do sacrificio, hoxe quizais estamos no extremo oposto.

Lúa Neghra disse...

É certo, cantas cousas quedan gardadas como tesouros por non seren usadas. Só hai que ter coidado de mimalas, para que non collan couza nin balor, e poidan de verdade ser usadas, e deixar de ser tesouro intocable para se converter en gozo. Aplicable ás casas vellas, aos camisóns, ás sabas do "equipo", como lle chamaba a miña abuela ao enxoval, á lingua, ao amor...

Unha aperta grande, compañeira. Non estaremos en contacto polas mesmas canles, pero sempre quedan novos vieiros...

Mr Tichborne disse...

Tamén á comida. Gardar un bo viño para "unha ocasión". Anos despóis, dáche por abrilo e ver que está todo picado, de vello.
Tampouco podemos dar leccións morais, nós, os do "usar e tirar".

Anônimo disse...

Hoxe estamos no extremo oposto. Coma sempre, non damos atopado o término medio.

SurOeste disse...

Ter unha peza reservada "para un día" era signo de certo estatus social. Só os pobres de pedir non tiñan máis que o que levaban posto. Teño no armario roupa de cama con bordados en vermello que foi xa da miña bisavoa, ou se cadra xa ela a herdou. A roupa branca sempre foi unha obsesión da pobre. Gardábase para unha enfermidade, ou para unha mortalla... porque os pobres que tiñan a mala sorte de caeren enfermos non sempre tiñan roupa para manter a dignidade. Por iso os camisóns da túa avoa tamén, Torre.

Anônimo disse...

Ca xemte maior continúa a ser igual. Como di peke, ahora é o contrario, se pos algo duas veces xa é vello.

Mario disse...

Sei un cento de historias similares e non deixa de ser unha enorme mágoa, será polos anos, pero creo que de vello vou ser incapaz de facer algo semellante.

Nuca disse...

recoñezo que eu, as veces, tamén teño a tentación de facer o que facía a tua avoa. Teño sorte de ter normalmente cerca alguén que me quita a idea da testa.

Con respecto ao exemplo do viño, nunha ocasión lin nunha botella "non deixar para unha ocasión mellor que nunca chega. A mellor ocasión é esta para a que o mercou"

FraVernero disse...

E n on sufrimos todos certo fetichismo polas cousas novas? Sempre parece que ten un aquel de sacrilexio cando empezamos a sacar os plásticos, a rachar coa orde, a empezar a gastar esas superficies limpas e pulidas, ou pezas ben dobradas. Dalgún xeito, quixeras poder consumir o producto e mantelo intacto, puro, inalterado... Como esas salas de estar nas que as donas non retiran fundas e cobertores para que non se eslúa o prístino brillo e limpeza (baixo o pó) dos mobles...

Ou o recendo do libro recén mercado, aínda envolto, quizais...

Pau disse...

Moito de esto hai na Galiza, abunda a xente que é como a formiga que sempre van gardando por si veñen tempos peores

Anônimo disse...

E son teimudos niso de non usar as cousas novas, non é máis fermoso o recordo de telas usado? non se sentirán máis útiles? Eu nesta tradición non lle estou nada de acordo.

mamiago disse...

á miña avoa pásalle o mesmo, garda garda e pon o peor, e o bo nunca o usa... É curioso...

Marinha de Allegue disse...

Pasaron penurias e necesidade e gardan por si voltan.
E mentras non volta esa "necesidade" prívanse do que tenhen.

Unha aperta grande.
:)

TXARI disse...

complexo de galegos? ou seremos nós um complexo de conservadurismo en nós mesmos?

Son Unha Xoaniña disse...

Coincidimos moit@s no comentario; foron xentes que as pasaron canutas, e agora non dan disfrutado a xeito das súas ganancias, e pasamos dun extremo a outro, non damos atopado o punto medio, como digo repetímonos, pero é que neste caso é a auténtica realidade. Un saudiño.

Anônimo disse...

A min só me queda unha avoa, e aínda que pasou penurias ben grandes durante a guerra, sempre gostou moito de estrear roupa, aínda hoxe en día.

Iso si...grande parte da roupa que ten a facía ela, e tiña moi boa maña. Agora xa vai un pouco velliña de máis, e non pode coser, pero aínda lle gusta moito presumir.

Nébeda Piñeiro Barros disse...

non hai que ir tan atrás no tempo. miña nai non entende porque merco a roupa e a estreo en poucos días :S e meu pai ten moreas de camisas sen estrear.

Un bico grande

Unknown disse...

vaia cambio que sufrimos en menos dunha xeración, antes todo tendia a ser eterno e agora usar e tirar... dentro de pouco seremos tan ecoloxicos que nin se lavaran as cousas pra no gastar auga, nin verter deterxentes...
gracias por recordarme aos meus avos, xa facia que non pasaban pola miña cabeza... fai tempo que marcharon
bicos trasatlanticos

Raposo disse...

Moita xente maior e sobre todo nas aldeas rurais pensaba eso: gardaba as cousas para unha mellor ocasión, o traxe, a cubertería, etc. O final moitas delas nin se estrenaban.

Nemeth disse...

ai! non o poderia contar mellor. A miña nai non é tan maior e ben que o fai... e o peor, eu descúbrome facéndoo (non tan esaxerado, penso)! :D

como dician os outros... vivamos como galegos!

apertas

Veloso disse...

Os meus avós teñen roupa gardada dende hai anos no armario. Non a queren estrear. Din que a teñen reservada para o enterro.
Un bico, Torredebabel.