Tivemos visitas nestas semanas.
O escritor Manuel Rivas pasou case un mes na Arxentina recollendo voces e memorias dun tempo pasado e oscuro. Cando case marchaba, o meu home dixo algo que me chamou a atención: "Rivas é un judoca, un magnífico judoca". Fun ver de que vai o judo e atopei unha figura fermosa na Wikipedia: O Judo é unha arte marcial e un deporte. A idea da competición é sinxela: o obxectivo é derrubar ao opoñente usando a súa propia forza. Noutras palabras, apréndenos que a mellor forma de vencer a unha forza non é opoñéndose a ela senón -pola contra- apoiándoa e dirixíndoa pero para o noso propio éxito. Sería como “unha folla que sostén un pouco de agua e cando non atura máis se inclina e déixaa caer”.
Gustoume o da folla e a agua que atopei na Wikipedia. Gustoume confirmar a sabiduría que se acubilla detrás de todo o asunto. E gustoume, claro, a idea de Rivas coma un judoca. Penso agora e atopo moitas ocasións nas que o vin neste mes administrar sabiamente unha situación hostil. Penso agora nalgúns dos seus libros, en moitas columnas, en case toda a súa obra.
Rivas pasou un mes na Arxentina e a académica e crítica literaria Helena González pasou algo menos dunha semana. Veu participar do III Encontro Internacional de Publicacións Feministas e mesmo con tanto traballo, o tempo chegou ben para descubrir o brillo dunha persoa fabulosa. Helena ten un estilo lúdico de ser lúcida. É divertida e seria en dose equivalente, unha riqueza que poucos coñecen. Curiosamente, o seu home, Rafa, é moi parecido e ao tempo moi distinto. Dalgunha maneira, digo eu, hai quen atopa á esa metade perdida da que falaba o mito do Andróxino do Banquete de Platón.
As conversas con Helena foron unha ledicia. Tiñan todo o encanto da súa columna dos días luns no Diario Cultural da Radio Galega, pero a intimidade que agasalla unha pizza de Guerín, na avenida Corrientes, ou un gin-tonic no bar La Paz. Cando Helena e Rafa marcharan, quedei pensando neles. Lembrei dunha figura que os nenos arxentinos coñecen nos primeiros anos da escola: a do sereno do tempo da colonia que percorría as rúas acendendo os farois e dando as horas. Helena chega e acende a curiosidade deixando para guiarnos unha chea de referencias e lembranzas.
14 comentários:
A verdadeira forza é saber usar unha forza, a intelixencia. Tamén me gustou o do judoka. Saúdos transoceanicos
Boa definici�n para Manolo. O xoves vereino a el e a Suso de Toro en Muxia, donde presentan o libro, Mareas negras, Mareas blancas de Josep Figuras e Xavier Poza con fotos de Javier Toba.
Eu tamén ireinos ver a Muxía...
Se tal lle podo berrar a Rivas: Manolo, es un judoka"
É coña
Saúde
Por certo, qué dosto da velos nas fotos tan moreniños e con ropa de verán
Fun alumna de Helena nun seminario sobre xénero, nación e encrucilladas identitarias... Ben, non sei se chamarme alumna no que foi realmente un grupo de aprendizaxe recíproca, e concordo en que é das mentes máis lúcidas (e lúdicas) que coñezo :) A súa militancia feminista é transparente, empática, non totalizadora, salferida de humor. Moi de agradecer.
Encántame, Babel, que sempre saes nas fotos con Santi nos brazos :)
Coñecín a Helena hai unha chea de anos, nos tempos en que os dous estudabamos no Colexio Universitario de Vigo. Lembro o seu entusiasmo e o seu bo humor constante, e sei que o labor que está a facer en Barcelona é realmente meritorio.
Cambiando de asunto, se me permites, vou empregar o teu blog para facer publicidade dun novo proxecto de debate sobre a situación e o futuro da lingua galega. Quedades convidados, ti e os teus numerosos lectores, a achegar ideas a
http://nalinguagalega.blogspot.com/
Graciñas e un saúdo.
Chamoume a atención, igual que a Lúa Neghra, que sempre esteas nestes actos co teu pequeno...Facendo patria..ou matria! Bicos moi fortes!
Vaia... así que Rivas é judoka... Nunca tal pensara. Agora ei de ter soños nos que o vexo co kimono branco e cinto negro, cunha morea de exemplares seus (xa se sabe que 'os libros arden mal'), e fendéndoos á metade cun golpe experto... Ou iso só o facían os karatekas?
Hehehe
Gustoume a imaxe de ver a Ribas coma un judoca, derrubar ao opoñente usndo a súa propia forza, moi certo.
Tamén a imaxe que usas para Helena, a do sereno que acende farois, mesmo coma Helena que acende a curiosidade. Moi ben.
Unha aperta.
Gústame saber o pálpito de vida galega que tedes en Bos Aires. Actos, persoas, persoeiros e Galicia presidindo a mesa. Cantas maneiras de vivir en galego!
Moitas apertas.
Concordo con busto.agolada, tedes un pálpito de cultura galega aí tremendo e iso é fantástico. Parabéns por elo.
O da figura de judoka faime gracia, sobre todo porque "os libros arden mal" e transmitir e chegar a tanta xente como Rivas ou Suso de Toro é algo marabilloso. Bicos
Un judoka (dille ó teu home que non matee tanto, que se esta a marear), se cadra eu preferiría un karateka ou un Taekwondista para a literatura galega. No Judo chégase a confundir ás veces se os do traxe branco loitan ou bailan un agarrado. E Manuel Rivas as veces parece que practica judo, pero outras veces parece máis ben que bailase o agarrado con quen se empeña en que a literatura galega ten un sistema de cuotas nas que entre el e suso xa se excede o cupo.
P.D.: Non son escritor, por si pensárades que son un ciumento.
gran rapaz ese manoliño, e mui traballador, pensei que ia chegar lonxe. pero se me dis que e Judoka ahi me matas...
bueno ahora en serio, hay pouca xente que chegue as persoas anonimas e lle pregunte y escoite y aprenda pra despois volver a contalo como era...
varias veces coincidin con Manolo y é moi cercano y nada divo, cousa dificil de atopar... apertas pra BA
Encántame o de judoka.Bico Babel
Postar um comentário