16 de jan de 2009

En soños

Terra extravagante a dos soños. Chegamos alí e sempre somos estranxeiros, mesmo se protagonizamos a trama. Cando mociña, padecía os clásicos pesadelos de quedar espida na rúa e tamén as historias nas que fuximos dalgo ou dalguén. A pouco de morrer o meu avó, miña nai contoume que unha noite soñara con el e que estaba tan guapo, tan sorridente e pleno que ela interpretou que iso non podía ser mais que unha visita. Era, dixo ela, unha despedida do pai, que onda estaba sentíase ben, que quería que o soubesen para quedar tranquilos. Hai algún tempo, mentres almorzabamos, Santiago contou o que soñara: "Estabamos mamá e mais eu...", comezou. E ollando cara a min, preguntou: "Lémbraste mamá?".

.

16 comentários:

Mario disse...

El diálogo ocurrió en Adrogué. Mi sobrino Miguel, que tendría cinco o seis años, estaba sentado en el suelo, jugando con la gata. Como todas las mañanas, le pregunté:
- ¿Qué soñaste anoche?.
Me contestó:
- Soñé que me había perdido en un bosque y que al fin encontré una casita de madera. Se abrió la puerta y saliste vos.
Con súbita curiosidad me preguntó:
- Decime, ¿qué estabas haciendo en esa casita?.

Francisco Acevedo,
Memorias de un bibliotecario.

Libro:
Borges, J. L. y Bioy Casares, J. : Cuentos breves y extraordinarios.

;-)

paideleo disse...

Aínda nos pasa aos adultos ás veces que non distinguimos o soñado do real !.

condado disse...

Imaxino á mamá desarmada de tenrura...

Anônimo disse...

Xa o dixo aquel...

"A vida é un soño e os soños, soños son"

Logo un soño... terá que ser unha vida, ou varias...

Saúdos

Mrs. Doyle

Marinha de Allegue disse...

Suponho que nese intre tan doce babácheste...

Beijos minha linda.
;)

Peke disse...

Ás veces incluso para os adultos é difícil distinguir o soñado do real. Durante algúns anos despois de que me xubilasen, soñaba que volvía ás aulas e era tan real que me dicía a min mesma, pero estás tola!, como se che ocorreu volver?
Porque, claro, os xubilados por incapacidade teñen a posibilidade de volver se queren ou curan. Cando espertaba, durante uns intres pensaba que tiña que correr para ir ao traballo. Uf!!! Hai un ano que eses soños desapareceron, por fortuna.

Cuspedepita disse...

Un día, xa fai moito tempo, soñei que o meu pai desaparecera por anos e que logo volvera para dicirnos que baixara polo río Rodil ata o Eo e despois ao mar, e que navegara moitos tempo ata descubrir un novo continente que se chamaba... ¿adiviñas ;-)? Pois sí, América !! :-))
¿Que che parece? ;-)
Biquiños

mencía disse...

Mesmo os maiores as veces tardamos en darnos conta de que estamos nun soño, parece todo tan real.
Saúdos.

mencía disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
sara jess disse...

eu hai tanto que non soño!:(

paidovento disse...

A min o que máis me chama a atención son os estereotipos de soños, como ese que citas de quedar espidos na rúa, ou o de voar, ou o de ter moita fame, ou o de caer dun lugar moi alto... Mundo apaixonante o dos soños!

estibalizes disse...

dixécheslle que si, que te lembrabas?

ou que precisabas escoitalo de novo para lembrarte mellor?

ai, os pícaros!

Raíz Verde disse...

"Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.

Este Prémio obedece a algumas regras:

1) Exibir a imagem do selo;
2) Linkar o blog pelo qual se recebeu a indicação;
3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.

Assim sendo, repasso o Prémio Dardos para os bloggers abaixo, pelo valor que lhes reconheço":

http://www.poemasdacova.blogspot.com/
http://chousadaalcandra.blogspot.com/
http://fiosinvisibles.blogspot.com/
http://moendodoreves.blogspot.com/

Para conhecer os outros blogues e recolher o selo do Prémio Dardos, visita o nosso espaço.

torredebabel disse...

Graciñas polos vosos soños e polas vosas vixilias. Graciñas polas verbas que invitan a soñar. E graciñas porque todos, dalgunha maneira, somos soño.
Apertísimas!

torredebabel disse...

vaia Raíz Verde! estou moi agradecida porque escolleras estes fíos e, dende logo, tamén polos outros premiados que son blogs que sigo e que me gustan moitísimo!
Non creo ser merecente de premio ningún porque, o mallor agasallo para min, é ser parte desta rede, ser unha mais entre todos. Ese é o premio mais grande e que non me canso de agradecer.
Apertísimas!

Antón de Muros disse...

Falando de soños recurrentes, cando era novo (máis novo ;-)) soñaba que quería correr e non podía, ou que quería berrar e non tiña voz...

A verdade que fíxome rir a fantasía de Santiago :-)

Unha aperta.

Antón.