29 de abr de 2009

Cordas da ausencia

.
Hai anos, lin a historia do señor Saturno. Lembreino nestes días porque o seu neto, Victor Freixanes, recordou aquí en Bos Aires o fervor que o seu avó colleu nestas terras polo tango. "Logo de vinte anos, volveu a Galiza cun aparello para escoitar tangos. E mais nada", narrou.

A paixón por aquelas vellas e tristes cancións pasou ás fillas e ainda hai quen lembra as Noiteboas familiares nas que -logo da misa- na casa se reproducía unha ceremonia pagana: as tías cantaban os tangos aprendidos diante da ollada esbaradía do avó Saturno que se cadra volvía aos anos vividos en Bos Aires.

Todos saben que o neto lle herdou a paixón. Así como outros netos, no reverso da historia, herdaron aquí o amor pola gaita.

Preguntábame eu, diante destas historias, por qué os emigrantes que volveron á terra botan de menos o tango, mentres os que quedaron na emigración o que estrañan é a música galega?

.

2 comentários:

Antón de Muros disse...

Así é o amor dos galegos que viviron ou viven na Quinta Provincia.

Hai "fíos invisibles" que vencellan as súas vidas nas dúas beiras do océano.

Unha aperta.

Antón.

Xosé Manuel Carreira disse...

Eu cando andaba por Compostela odiaba os Tonechos, tiven que "exilarme" para entendelos e aprecialos :-) Supoño que ás veces precisamos afastarnos das cousas cotiás que damos por feitas e permanentes (p.ex. a música, a cominda, o humor, etc...) para comprender o moito que nos aportan.