A miña avóa nunca falaba dos arraianos. Non empregaba esa palabra que a min tanto me gusta, esa palabra dun son vibrante e forte sen ser estridente. Non falaba dos arraianos pero do que si falaba bastante era daquelas expedicións a Portugal que facía coas outras mulleres da aldea. Falaba do xabón que mercaba coma quen merca ouro en po e das teas que agochaba na cintura aparentando mais quilos dos que en verdade tiña. Falaba, de como cruzaban, da noite, do río e do medo. E algunhas veces, poucas, dos disparos dun garda civil e do son dos proxectiles que lle pasaban tan preto do corpo. Asubiaba. Para que os pequenos escoitásemos o son do que falaba.
Un fío d´As uvas na solaina levoume a esta columna da benquerida Yolanda López, que me levou ao documental Mulleres na raia da galego-portuguesa Diana Gonçalves, que me trouxo aquelas historias, aquelas mulleres, e o asubío.
6 comentários:
e podo preguntar de onde era a túa avoa?
bicos,
ro
Ola Ro! podes, claro. Naceu na mesma cama da aldea de Nigueiroa, en Bande, na que naceran a súa nai e a súa avóa e na que, logo, ela tamén pariu aos seus fillos. A casa ainda está, amorosamente coidada polo seu sobriño Emilio e a súa dona Amparo.
En Nigueiroa fica o centro do universo.
As fronteiras son fios invisibles para esas mulleres loitadoras da raia.
Xogando coas palabras.
Un bico con sol.
Esto es un regalo.
Un abrazo, señora mía.
Tes un agasallo no meu blog.
Unha aperta.
Um lujo de entrada, parabéns.
Postar um comentário