8 de jul. de 2009

Engripados

.
Co inverno e co frío, espallouse na Arxentina a Gripe A (N1H1). Outros anos, espállase o virus doutros tipos de influenza que remata coa morte dunhas catro mil persoas promedio. Pero isto non semella ser tan importante.

Polo medo á Gripe A, a xente merca moitas máscaras na farmacia. Non saben usalas. Non saben (ou sí saben) que para unha persoa sa, a máscara é un invernadoiro de microbios a milímetros do fociño. De todos os xeitos mercan máscaras e algúns as levan pola rúa, ao traballo ou ao centro de compras. Os doentes, os médicos, as persoas que realmente as necesitan, nestes días non teñen onde atopalas. Non as hai. O da oferta e a demanda que tan ben nos aprendeu o mercado.


Polo medo á Gripe A, a xente que pode, paga fortunas por un medicamento que non necesita, que millóns de persoas non necesitarán nin este ano nin ningún ano. Pagan máis de 130 pesos a caixa (o equivalente a 40 litros de leite) e gardana coma un tesouro á espera de que a peste chegue e co desexo de que non chegue. Ninguén pensa nos enfermos que necesitan o remedio agora mesmo.


Polo medo á Gripe A, a xente baleira os andeis da farmacia onde se exhiben os frascos de xel antibacterial. Hai 15 días pagaban 5 pesos e hoxe pagan 35. Os empregados dunha farmacia dun barrio porteño contaban hai tres días que encheran todo con cinco mil envases e que ás dúas horas quedaran sen eles.


Polo medo á Gripe A, a xente discrimina máis, sospeita de todos e de todo. Pagan cartos que non teñen. Quedan pechados na casa. Leen xornais que lle meten moito máis medo porque o medo sempre é mais noticia, calquera sabe iso. Se vostede quere dominar o mundo, non tire os cartos en bombas: espalle o medo, agoche a información ecuánime e clara e agarde algunhas semanas.
.

8 comentários:

Mr Tichborne disse...

Todo isto está sobredimensionado, é un pánico gratuito. Non digo que non se tomen medidas, mais esta histeria colectiva e mediática... sobre todo en comparanza con outras enfermedades que representan maior perigo... mesmo outros tipos de gripe!
Vai ser como o da Gripe Aviar. Cantos morreron dela?
O medo vende. E vende xornais, tamiflu, mascariñas...

AFP disse...

Sobre esta patranha da gripe usamericana, porque esse é o nome que lhe corresponde, já escrevim eu fai tempo um post:

http://wwwafiador.blogspot.com/2009/05/friage-mental-as-armas-quimicas-e.html

É todo umha patranha, onde os média actuam de altifalantes, metendo coma os nazis o medo na populaçom, para que merquem retroviais (o Tamiflu do qual sacam entre outros Donal Ramsfeld pingües benefícios). E o pior é qua a gente cre que este vírus surgiu dos marraos e nom dum puto laboratório dumha fodia farmaceútica. O capitalismo apesta, os que vivem alienados baixo o seu torna-chuvas ainda apestam mais. Volvemos à lei do mais forte, tés para mencinhas? Vives, nom tés? Que che deam.

Antón de Muros disse...

Tes razón, Torre: espallouse o virus e o medo (os dous moi perigosos)...

Por certo, ¿estiveches en MDQ? ;-)

Bicos.

Antón.

Xosé Manuel Carreira disse...

E os de Roche a levar máis cartos ao peto.

Roi Buligan disse...

moi interesante artigo

A Conxurada disse...

É que non hai mellor arma que o medo.

paidovento disse...

Agora seica están aparecendo bastantes casos por aquí. Polo menos iso din os medios de comunicación. O que si está confirmado é que hai unha auténtica pandemia de medo, como ti denuncias.

Chousa da Alcandra disse...

Certo, certo. Os medios inocularon en toda a sociedade o virus do medo. E xa se propagou a xeito de pandemia tembrorosa. Agora (imaxino) alguén está agardando para facer caixa.

(Sempre me sentín algo coello; pero desta vez, ata me dan ganas de petar no chan coas pernas de atrás)