É posible que, por estes días, aínda teñades na retina as imaxes inexplicables que vos chegaban dende este recanto austral do mundo. É posible, ademáis, que non saibades moito do devandito
Néstor Kirchner ou, no mellor dos casos, que o que saibades sexa só o que vos conta -mal e mentireiramente- a prensa de Madrid (o vergoñento
El País) ou a da terra (o non menos vergoñento
La Voz de Galicia). É posible, por fin, que vos xurdan palabras como bárbaros, populistas, ignorancia, primitivismo, caciques, pobreza, terceiro mundo.

Vos deixo dous artigos para achegarvos e entender por qué un millón de persoas saiu á rúa a chorar a un ex presidente. Non foron escritos na Arxentina. Pola contra, levan o nome de autores galegos. O primeiro é do noso
Manolo Rivas. E o segundo, do enorme
Xosé Manuel Beiras. Dúas voces galegas que son quen de explicar vivamente os motivos e a dimensión desta dor.
Um comentário:
Os medios hoxe son como dicia Gil de San Vicente un terceiro poder, ou o binomio político mediático. soen manipular todo ao seu antollo e pretenden escribir a historia mais cabe que a esperanza de que algo quede doutra cousa que non da súa verdade universal e científica.
Un saudo desde esta beira do océano
Postar um comentário