13 de out de 2010

Os mineiros chilenos, a lúa e a terra

.
Hai ben anos, os meus quedaron toda unha noite pegados ao aparello da televisión agardando aquel pequeno paso para o home pero grande paso para a humanidade. Ainda hoxe o lembran.

Onte, o meu home e mais eu (e tantos millóns coma nós no mundo) quedamos coa ollada fixa na pantalla, cun nó na gorza, e inzados e emoción cando os mineiros comezaron a xurdir da terra nesa cápsula case que espacial. Dificil esquecelo...








Con todo, e por moi boas que sexan estas fotografías que nos chegan pola axencia nacional Telam para dar conta da fazaña, eu quería contar esta historia pedíndovos que reparedes nos apelidos dos 33 mineiros.



Bugueño, Yañez, Illanes, Galleguillos, Reygada, Urzúa... eu non sei canto da terra teñen na súa historia, e quen sabe cal é o apelido materno (o que non ven nestas fotografías). O que sí estou certa é que os galegos saímos mesmo debaixo das pedras, en calquera parte do mundo, en calquera grande catástofre así como tamén nos grandes milagres.
.

3 comentários:

Foma Fomitch disse...

Pronto comezarán a facer películas e series entre outras historias. A historia dos mineiros mobilizou ao mundo e agora hai que rendabilizala.

Un saúdo

Antón de Muros disse...

Penso do mesmo xeito, Débora, saímos mesmo debaixo das pedras (para non esquecer o noso pasado celta) ;-)

Unha aperta.

Ata o sábado ;-)

Antón.

Chousa da Alcandra disse...

Foi tan magnífica, leda, emocionante e fermosa a noticia, que ogallá houbese máis coma ela.
Todos nos sentimos un anaco atrapados naquela mina e todos respiramos aliviados cando a cápsula os foi sacando. Confío en que nada -desta marabunta de medios que fozan moito máis que as tuneladoras- manque a ningún dos 33

Un bico