17 de nov. de 2010

Premios hipotecados


O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras que lle foi concidido onte polo xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Mediante un comunicado, Fernández Paz agradeceu a decisión do xurado de recoñecer a súa traxectoria, pero non o acepta. “Quero expresar a miña gratitude ás persoas do xurado por pensaren en min. Mais debo lembrar que, cando os Premios da Cultura Galega foron convocados eu manifestei o meu desacordo con eles. Sigo a pensar o mesmo. En coherencia, non podo aceptar este premio”, explicou no comunicado .

No seu escrito, Fernández Paz non especifica os seus motivos, xa que se remite ao manifesto publicado por Prolingua o 8 de outubro que solicitaba a todos os intelectuais do país que, en caso de ser premiados, rexeitaran eses galardóns. O principal motivo que expuña Prolingua no citado manifesto –titulado Rosalía nunca aceptaría ese premio– é o trato que a Xunta de Galicia está a ter coa lingua e a cultura galega. “Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega. Polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura”, sinálase nese manifesto. Fernández Paz, polo tanto, fai seus os motivos de Prolingua, colectivo do que forma parte.

Xornal 16-11-10


Grazas Agustín!

5 comentários:

Anônimo disse...

A valentía de Fernández Paz ten moito mérito nesta nosa galiza dos caciques. Pero que moito porque queda asinalado por os mesmos de por vida e porque non todos somos capaces de chegar a ese valor que pode levarte, neste caso bastante difícil posto que a razón nos asiste, á marxinación.

Máis adiante os que defenden a língua, adiante con todo que dixo Manuel María.

Unha aperta

Xabier P. DoCampo disse...

Todo o que se di de Agustín é certo e é pouco, mais o da foto e o que estivo na Feira do Libro de Bs. As. en 2009 foi Xabier P.DoCampo. Por certo, máis que amnigo, irmao do Agustín.

torredebabel disse...

Certo certo, Xabier! disculpa que o escribín ainda durmida. Xa o arranxo.
Moitas Apertas!

Antón de Muros disse...

Vexo que ten moita coherencia co que xa manifestara sobre os premios...

Unha aperta.

Antón.

berlanga disse...

Cerebro, musculatura, corazón y lengua, todos contentos: aguante Agustín.