2 de mar. de 2006

Soños

Onte tiven un pesadelo. Pero o soño máis raro que debuxou o meu inconsciente foi un no que estavamos a miña avóa Xerónima e mais eu na veirarúa da nosa casa de Mar del Plata cando un enorme cabalo negro e alado aterrou na esquina e deu en camiñar por alá. O nome das rúas aparecía algo cambiado pero sen dúvida era o noso barrio e, como a miña avóa non tiña reparado nese animal tan marabilloso, eu levábaa pola man moi rápido, todolo rápido que pode ir unha muller de máis de 80 anos, para achegarnos ao bicho que cada vez tornábase máis e máis pequeno. Cando estabamos xa moi preto do cabalo, este xa non tiña as súas alas e, ainda que era moi negro e case que brillante, apenas era máis alto que un neno de 10 anos. En só uns poucos minutos, tiña perdido toda a súa maxia e misterio. Cousas dos soños...

14 comentários:

hojasdehierba disse...

O que máis me abraia dos soños é o pouco que tardan en esquecerse, sobre todo vendo o nítidos que parecen xusto ao espertar.
Apertas.

acedre disse...

Pois si que e raro ese sonho. Cando eu era mais novo decidin escribir os sonhos que tinha pola noite pero despois de pasar tres malas noites con pesadelos dixen: deixome destas cousas que acabo tolo.
Por certo, sen que venha a conto pero acordeime de ti cando o topei. Hai unha paxina con documentais de Galicia que pode interesarche para conhecer aos galegos, galegos.

http://www.theancientway.org/main.htm
Un saudo.

Anônimo disse...

Eu recordo cada mañá o que soño. Cheguei a desenvolver esa habilidade. E abofé que terminan sendo unha boa maneira de coñecerse e unha boa fonte de ideas, porque, a fin de contas, un soño non é máis cá unha historia.

Veloso disse...

Cando soa o espertador e desaparece o soño, en realidade o único que marcha é unha mínima raia de elegantes curvas. O sono queda. Un saúdo temperán.

FraVernero disse...

Ti tamén, Bruta... xD
Dun tempo a esta pàrte lembro soños especialmente intensos e interesantes, anque escasos pesadelos...
O máis macabro que asaltara a miña cama era nun no que me guillotinaban. Lembro as sensacións perfectamente -a cabeza ben enganchada ao cepo, a cuchilla caendo, a tronzada... E depois, un sentir unha calor tremenda, anque non dolorosa... como se me fose disolvendo nun sol ardente. A visión tipo cámara íase alonxando do meu cadáver segundo aumentaba a temperatura, e lembro ter pensado -antes de espertar -'vai por deus, ao final resulta que a fodín, e sí que hai vida despois da morte'.
xD
O teu cabalo fantasma resulta tan fermoso como desacougante... Como soe acontecer coas verdadeiras obras de arte.

Anônimo disse...

O mundo onírico é... non sei como calificalo. Eu fun sonámbula durante moitos anos, podería estar falando disto durante horas.

Unha aperta soñadora.
:)

Laurindinha disse...

Que soño tan bonito...
Terá que ver co desexo e a realidade? Cando acadas o desexo non era tan fermoso como o imaxinabas...

Anônimo disse...

Qué misterio encerran os soños...
A min deixame sempre mui intrigada un soño deses "raros".
Bicos.

Laurindinha disse...

Que razón co do caracol "slow"... ha ha ha... Creo que si, que é "slow" polas novas modas... Unha aperta!!

Anônimo disse...

Efectivamente, un soño moi raro, pero cales non o son e sen soños, non podemos vivir.
Unha aperta

Basho disse...

Envejo a gente que sonha coisas extraordinárias. Eu só lembro duas clases de sonhos: os erótico/pornográficos e os que semelham uma extensão da quotidianeidade, sem sucessos fora do comum.

De vez em quando sonho que posso voar, ou aparecem elementos perturbadores num sonho pelo demais anodino, mas um desses sonhos fantásticos, irreais, frenéticos... esses ou não os tenho, ou não os lembro.

Nemeth disse...

Os soños sonvos raros por natureza, aínda que algunha vez teño soñado que estaba traballando... algo totalmente rutinario.

unha aperta

oko disse...

el deixaches que o cabalo esmorecera?

torredebabel disse...

Moitas gracias polos comentarios!!! Teño unha amiga que, coma acedre, leva un caderno no que escribe os soños. Eu os anotaba de cando en vez pero perdín o costume e agora prefiro ver como desaparecen deixándome as sensacións pero non o recordo da história. E é verdade que abraia iso, coma di hojasdehierba... Mágoa non ter a habilidade memoriosa que ten o náufrago, ben me gustaría gardar alguns deles, ainda que non teña ningún tan macabro como o de Fravernero!!! Eu tamén soño moitas veces que traballo, nemeth! qué cousa perder así o tempo no que non temos que traballar!! O que sí ten que ser interesante é o sonambulismo do que fala Marinha!! cóntanos Marininha!!!!!

PD: gracias acedre pola páxina!!!!
PPD: benvida Diaña!! a min gústanme moito os gatos, anque o do teu soño erache ben raro, non si?
PPD:ai Oko! non lembro máis do que contei...