6 de nov. de 2006

Muros

De cartón e simbólico. Así é o muro que edificaron esta fin de semana os veciños da cidade arxentina de Gualeguaychú na autovía para loitar contra a instalación de dúas plantas de celulosa (unha da empresa Botnia e outra da empresa Ence) na beira uruguaia do río que comparten estes dous paises irmáns e que, aseguran, vai estragar o marabilloso lugar do que disfrutan millons de turistas.

De pedra e balas é o muro israelí de Cisjordania (chamado por Israel «Valla de separación» o «Valla de seguridade» e polos opositores «Muro de Cisjordania»), unha longa cadea de ferro ao longo do 95 por cento do seu percorrido e que, nalguns sectores, prefire o convincente hormigón de ata sete metros de alto.

De imperialismo e hipocrecía é o muro que os Estados Unidos levanta na raia con México coa mais sofisticada tecnoloxía: tres cinturóns de contención, iluminación de moi alta intensidade, detectores antipersoales, sensores electrónicos e equipos de visión na noite entrelazados coa radiocomunicación á policía da fronteira estadounidense, sen esquecer a vixilancia permanente con coches e helicópteros artillados. Dese xeito quere evitar que os mexicanos e os centroamericanos lle cheguen ao país co seu spanglish e esas peles oscuras. Que queden nas súas nacións pobres e feas, mercando ídolos pop e as fantasías mentireiras das películas de Holywood para as que non hai muros.

De pasaportes e cartos son os muros que Europa quere imporlles aos fillos dos europeos que foron expulsados polas guerras, os rexímenes tolos e racistas e a pobreza.

E de ferro e desmemoria é o muro co que España quere non ver a fame e a desesperación de Africa.

Por este días, haberán pasado 17 anos dende a noite na que o Muro de Berlín comenzou a derrubarse. Dezasete anos poden non significar nada.

(Grazas a Andrea Barreiro polo comentario do que xurdiu este post)

18 comentários:

Mario disse...

Canta razón, parece que non damos aprendido. O que é interesante é pensar que pasará despois con eses muros. Algúns serán monumentos (como o de Lugo), outros souvenirs (os anacos do de Berlín)... a min só me queda esperar que moitos deles sexan derribados á forza, polos dous lados, sobretodo o israelí e o americano.
O neocounter queda moi chulo, pero entenderás que algúns nos rechinen os dentes... (felices os arxentinos que só tedes unha e ademais é albiceleste). Un saúdo de aquén mar.

Mrs.Doyle disse...

Soñemos coa caída de todos os muros da vergoña...

moucho branco disse...

Particularmente contra os muros non teño nada, sempre que servan para soportar pesos ou constitúan valores patrimoniais e históricos, coma a de Lugo, por exemplo... contra o que sí teño é contra as vellas e novas formas de apartheid que se serven da pedra...

un saúdo.

Torreira disse...

Esos son os muros de quen ten que agochar as súas vergoñas

Moralla disse...

Querida amiga. Este comentario é imprescindible nos días que corren. Non nos cansamos de construír e derribar muros, como lurpias autómatas, así de seres demoníacos somos, é patético. Mais en Mexico están totalmente unidos e en contra de construír a vergoña universal do "Tío Sam". Veremos que pasa, porque os Iankis son expertos en negociar basuras envoltas en quilates.
Un bikiño, Babel.
;-)

Moralla disse...

Non me refería ao meu comentario, referíame ao teu post. Expreseime mal. Un bico novamente

Moralla disse...

Moitas grazas, amiga, sobre todo por deixarme comentarios, que non teñen por que ser aduladores. Es moi boa facendo crítica, tes intuición en contemplar e en chegar aos demais. Agardo que este "eco feminino" chegue á túa alma de muller robusta e arxentina. E por certo, a fame no mundo afecta sobre todo aos anciáns e aos nenos, e si, os adultos somos responables. Ás veces, síntome moi culpable.
Un bico de tango

Anônimo disse...

E de arames e formigón é a que constrúen os chineses na fronteira China - Corea do Norte.
Pero aínda son peores os muros imaxinarios que se deseñan nas cabezas de moita xente mediocre e intransixente.
Por certo o rei hispano xa se “mollou” apoiando ós seus amigos, os Albertos, de Ence para a construción da celulosa en Uruguai.
http://actualidad.terra.es/articulo/jimenez_juan_carlos_argentina_uruguay_1190373.htm

Anônimo disse...

Escribín sobre os muros a semana pasada no meu blog, alédome de atopar estas verbas aquí...muros, non os queremos.

Marcos Valcárcel López disse...

Fóra deste tema, xa saiu o Grial 171, co teu artigo sobre o mundo dos blogs galegos ("Xente ao lonxe"). Un traballo interesante e cheo de suxestións. Grazas tamén polos teus parabéns.

Anônimo disse...

Eses muros non son máis que a materialización de fronteiras e barreiras que existen na conciencia colectiva de este mundo "globalizado". Globalizado para que os negocios non teñan fronteiras, para poder venderlle ós ricos o que se lle rouba ós pobres, pero cheo de muros para as personas.
A culpa e de todos nos, por permitilo. Temos o mundo que merecemos por cada vez que miramos para outro lado, pensamos que o problema non vai con nos ou pensamos que aínda habemos tirar tallada.

torredebabel disse...

Certamente, como ben apuntaron F. Miguez e A Randeeira, antes de ser de pedra, un muro é pensamento e consenso. Unha idea que xurde nun momento, dunhas cabezas e para beneficio de uns e non de todos. "Esos son os muros de quen ten que agochar as súas vergoñas", como reparou Torreira. Concordo con Moralla cando di que a culpa é nosa, "seres demoníacos" que tamén somos. E non será a primeira vez, que xa o sinalou Mario "parece que non damos aprendido" (sobre o contador, entendo perfectamente eses dentes rechinando pero pode valer a bandeira da Arxentina que leva as mesmas cores que a galega?? ;-) ). Quedo coa frase de moucho branco: "Contra o que sí teño é contra as vellas e novas formas de apartheid que se serven da pedra...". Ao que engado o desexo de Mrs.Doyle e a confianza de Pés de naufragha que fago meus: "Soñemos coa caída de todos os muros da vergoña..."

Benvido A de Loureiro! xa fun de visita ao teu blog e atopei o texto do que falas. Fermosos fíos invisibles que se tecen nesta rede...

Marcos, sempre un agasaio lerte. Ese artigo de GRIAL só se explica na xenerosidade sen limites de Victor F. Freixanes. E en nada mais. Todo mérito que puidera ter o texto é dos participantes, que con tanta paciencia e agarimo, non repararon nos espantos do meu galego e compartiron as suas experiencias como autores destas bitácoras galegas que non deixan de medrar.

Sodes todos moi amables e xenerosos en deixar acá ideas e palabras fronte ás que so teño admiración. Grazas!

Clara Flor disse...

Valados da incomprensión, que matan o maxin, a xenerosidade, o poder vivir. Valados contra os dereitos humanos, contra a felicidade, que fan medrar a miseria e a amargura. Non calar, como principio. Non calar nunca.

Xosé Manuel Carreira disse...

Aínda que corra o risco de ir contra corrente, creo que moitos tendes unha visión excesivamente idealista.

Os movementos migratorios non se van solucionar tanto con políticas de portas abertas como axudando ao desenvolvemento nos países de orixe. A pobreza é un problema de todos que non poden amañar só os países máis ou menos ricos que viven nas fronteiras mentres Noruega, Suecia, Suiza, Finlandia... sen fronteiras con países pobres quedan de bos e solidarios e sen axudar con un peso a amañar nada.

paideleo disse...

Tamén se levantou a muralla chinesa e non valeu de nada.
Non aprenderemos nunca.

torredebabel disse...

Penso coma Acedre, moito tempo nos leva aprender realmente e, como di Clara Flor, para iso non calar ten que ser o principio e xeito de vida. Tamén concordo con mendinho en que estes comentarios, todos, son "idealistas". No sentido mais popular do termo, e tamén no sentido profundo: as ideas como xeito de configurar a realidade e non adaptándose a unha realidade prexistente. Somos nos os que damos forma a esa realidade e non está dada antes. Tamén no caso das políticas migratorias. Os movementos migratorios non teñen que ser "solucionados" coma se foran o síntoma dun trauma que quitándoo do medio semella que xa non houbera causa. O asunto, como di mendinho, fica nos motivos polos que fuxen das súas casas. Hoxe son africanos e sudamericanos e onte foron (ainda son) galegos e italianos. E mañá, por unha guerra, por tempestades climáticas, por falta de agua, poden ser os europeus ricos de hoxe.
Ben dis, a pobreza é un problema de todos.

Silvio Falcón disse...

Ningún muro poido nunca solucionar ningún problema....

Saúdos

torredebabel disse...

silvio, canta razón!