27 de nov de 2006

Aprender a aprender

Levo case unha década dando clases de xornalismo na universidade e ainda non consigo vivir ese traballo coa tranquilidade que sinto na redacción do xornal ou na revista na que escribo. Especialmente, o remate das clases en novembro bébese todo o meu tempo que nunca é abondo para correxir, analizar, pensar e buscar que un número, só iso, fale de todo o proceso que cada un dos alumnos fixo en case nove meses de traballo académico. A búsqueda da xustiza, da honestidade (conmigo e con eles) é, pode, o traballo mais ingrato e mais difícil de todos os que fago nesas aulas.

A profesora que son hoxe moito ten que ver coa estudiante que fun no pasado. Daquela, sentinme agradecida polos homes e mulleres que mostraban respecto polos alumnos, que esixían a maior calidade e compromiso deles porque tamén deixaban nesas clases un traballo de calidade e compromiso co ensino público. Lembro especialmente aos profesores e profesoras que non tiñan intención de "encherme" de coñecemento coma se fora eu unha caixa pasiva e baleira, senón que souberon bucear en nós, os estudiantes, na procura de atopar dentro o que eramos capaces de facer e deixárnolo ver e descubrir.

So teño palabras de agradecemento para a profesora de literatura do colexio que nos deu a oportunidade e as ferramentas para escribir para alguén, que nos desvelou a posibilidade de espertar sentimentos a partir da palabra. Tiña eu, daquela, 13 anos, mais ou menos. E ainda que xa non lembro o nome desa muller, onde estea pode estar segura que a lembrarei sempre.

Tamén gardo un marabilloso (case máxico) recordo do día no que un home novo, de roupas informais e cabelos tolos, chegou á clase na que hoxe eu son profesora e dixo: "Chámome Carlos Polimeni, son xornalista e os xornalistas facemos as siguintes cousas...". Esa mañá unha porta abriuse na miña vida e, sen dúbida, nin eu nin a miña existencia fumos as mesmas.

E, de todos, sinto especial agradecemento por tres mestres. Ulises Muschietti, de quen aprendín todo canto sei deste oficio: a técnica, o respecto, a paixón, a distancia, a crítica e o escepticismo, a búsqueda por escribir dun xeito fermoso ainda cando non chega o tempo. Miña nai, que sempre foi a mestra mais temida da escola e tamén a mais respectada: esa que os nenos non querían ter nas clases e esa que os pais pedían para eles porque sabían que esa esixencia abría portas. E Ángel Berlanga, o meu home, que non se deixa levar pola urxencia e, ainda nestes tempos, coma un cabaleiro, coma un Quixote, escribe fermosas notas, coidadas, da mais alta calidade. A eles toda a miña admiración e agradecemento.

Pero é novembro e hai que pechar notas, completar planillas e decir, cun número, canto e cómo traballou cada quen, canto e como incorporou conceitos e ideas, canto foi capaz cada un deles de apropiarse das ferramentas conceptuais e profesionais e se é capaz ou non de cristalizar esas ideas en distintos tipos de textos. Será para non sentirme illiada nesa tarefa, que tamén pido que os estudiantes fagan unha evaluación deles, da materia e de min. E sempre critican o mesmo que agradecen: a esixencia.

"La verdad que el taller es una mezcla entre padecimiento y regocijo. Sin demagogia, es la materia que mas me gustó de la carrera (por ahora), pero también la que más esfuerzo me requirió. Antes de arrancar, ya estaba casi definido que no seguiría periodismo, gracias a esta materia no sólo cambié mi decisión sino que estoy trabajando (como colaborador) en La Nación". Guillermo.

"Me gustó mucho la idea de aprender con la fórmula de ensayo y error. Escribir, reescribir y volver a hacerlo todas las veces que era necesario es una excelente fórmula, porque esto es una materia práctica y se aprende practicando"
. Guillermina.


"Para mi fue dificil. Con momentos de muchos nervios, tensión, noches sin dormir. Pero creo que me dio la visión periodística que no tenía". Rosa.

"Aprendí mucho. Experimenté cosas nuevas y eso me encantó. Creo que esperaba menos del taller, algo más relajado, pero me terminé encontrando con usted. Y estuvo buenísimo. La exigencia que nos impuso, la disciplina de hacer las cosas bien, las consignas (a simple vista imposibles) son lo que hicieron de este taller mi preferido. Como ya le dije, aprendí mucho del
taller, y aprendí mucho de mi también". Sofía.

"Rescato mi aprendizaje y a mis docentes que fueron exigentes, pero sacaron cosas que no pensé que podía hacer". Andrea.

"El taller me pareció muy bueno. Valió la pena el esfuerzo. Sacó cosas de mi que parecían dormidas"
. Diego.


Esas poucas palabras merecen todo o esforzo do ano. O baixo salario. As pésimas condicións nas que damos clase. Eu concordo co dito polo ex rector da Universidade de Bos Aires Guillermo Jaim Etcheverry, médico e home de ensino que -fronte á idea neoliberal de que a educación formal ten que ser divertida e liviá, case un xogo- lembrou: "No se valora la educación, ni desde la política ni desde los hogares, por más que se diga otra cosa. Y creo que es culpa de los adultos, que no entendemos ni enseñamos que el estudio es sacrificio y esfuerzo, no diversión. La educación no tiene que ser entretenida, sino exigente. Mientras eso no se entienda, desde las casas y desde el Estado, vamos a seguir así".

(A foto é do fotoxornalista galego Delmi Álvarez que fixo unha visita/conferencia/reportaxe da que xa vos contarei e que pode verse acá).

18 comentários:

jan disse...

En todas partes hai mestres para a lembranza e mestres para o olvido. Para a miñza desgraza hei de dicir que con respecto aos da facultade son bastante neutra, tiven algúns profesores excepcionais a nivel académico, pero cos que non tiven case trato humano.

As miñas mellores lebranzas son da EXB (Educación Xeral Básica) e do BUP (Bacharelato Unificado Polivalente)-se teño que descifrar as siglas de agora, do ensino en Galiza, non sei nin por onde comezar. Lucita en quinto curso de EXB; Sari (matemáticas e ciencias) en sexto, sétimo e octavo; Arturo (latín), Lourdes (grego-xa fóra profesora da miña nai) e Mara (Historia)...os por qués serían moi longos en cada caso o resumo: o pracer por aprender...

Interesantes fotos torre, xa nos contarás polo miúdo....

Marinha de Allegue disse...

A educación require agarimo, dedicación e vocación. A través dela ímonos formando ao longo do tempo e nese periodo formativo ímonos atopando con todo tipo de formador@s e "deformador@s".
Eu sempre falo con especial interés de Suso Peña gran amigo e formador, persoa de grandes inquedanzas e fortes principios que sabe transmitir divinamente. Non falo en pasado del (ainda que faleceu) porque é unha persoa que teño sempre moi presente. Para mín foi un mestre de vida, e iso non ten prezo nin intre de esquecemento.

Unha aperta linda por traer este post tan entrañable.
;)

Moralla disse...

OLa Babel!! Agora xa coñeces o rostro de Moralla...jejeje, e eu descubrín o teu nome, creo que es Deborah, non? alégrome. Pouco a pouco xa non imos coñecendo. estou encantada, mais vou estar desaparecida por un tempo, teño moitísmo traballo. Grazas sempre polas túas verbas tan sensibles e impregnadas de sabiduría. Deica outra. Un abrazo de Yoli ;-)

Mrs.Doyle disse...

Que fermoso post.

Lendo este post reafirmo a miña vocación e a motivación que sinto polo que fago.

Como conclusión diría que aos individuos teñen que APRENDER A APRENDER e asumir que como humanos son APRENDENTES dende que nacen ata que morren.

A de Loureiro disse...

Moitos son os mestres da vida e algún que outro topeino nas catro pareces da escola. Fermosa labor a de quen consegue espertar a curiosidade e as capacidades dos rapaces.
Coleime na web da vosa facultade e vinme reflexada nesas caras atentas. Non sei o que estaban escoitando pero imaxinei palabras.Un saúdo desde Compostela.

A de Loureiro disse...

Moitos son os mestres da vida e algún que outro topeino nas catro pareces da escola. Fermosa labor a de quen consegue espertar a curiosidade e as capacidades dos rapaces.
Coleime na web da vosa facultade e vinme reflexada nesas caras atentas. Non sei o que estaban escoitando pero imaxinei palabras.Un saúdo desde Compostela.

moucho branco disse...

admiro moito a quen ensina e mais a quen disfruta ensinando.

torredebabel disse...

Graciñas ás benqueridas Jan e Marinha por esas lembranzas cheas de emoción que deixaron dos seus mestres. Esa era a búsqueda deste post, precisamente, a de atopar historias de profesores, de alumnos, e do traballo de aprender a aprender que, coma ben dixo Mrs. Doyle é unha tarefa que levamos os individuos dende que nacemos ata que morremos.

Grazas Moralla! chámome Débora, Débora Sabrina para mais detalle, porque meus pais querían nomes mais modernos e menos galegos cos deles. E mira por onde, a Débora que son chamou a o seu fillo Santiago, precisamente (ainda que non relixiosamente) polo apóstolo. Os nomes sempre teñen unha historia detrás, agochada. Algunhas desas xa foron destecidas hai algun tempo e foron lindísimos os comentarios! Se vas estar desaparecida, que non sexa por moito tempo, que che botaremos de menos!

Graciñas A de Loureiro! concordo plenamente contigo: "É fermosa a labor de quen consegue espertar a curiosidade e as capacidades dos rapaces". O dixeches moito mellor ca min. E grazas tamén a moucho branco porque tamén en poucas palabras dou na clave.

Torreira disse...

Babel...tesme gañado (mais que o licor café... que xa e moito decirche).Parabéns polo que fas e como o entendes.

XM Carreira: Caixa do Mendinho disse...

O profesor (e ademais xefe) que mais me impresionou, aínda que non fose quizais o que maior influencia tivo, foi un que nunha asignatura sobre xestión empresarial dixo: "Non vaian pensar que unha empresa é unha ONG". Olla, unha verdade coma un puño.

O malo é que moitos son os chamados profesores pero só uns pouquiños poden ser considerados "maestres".

Moralla disse...

Querida amiga, mándoche enderezo dunha amiga:
http://valdeorosa.blogspot.com
Unha aperta de Yoli ;-)

Laurindinha disse...

Precioso e interesantísimo o texto...
Tamén concordo contigo en que a peor parte do oficio de profesor é a de avaliar... ser o máis xusto posible require moitísimo esforzo...
Unha aperta!

F. Miguez disse...

Tiven algunha máis, pero póñoche o exemplo das asignaturas de debuxo na miña carreira. Aínda me fatigo só de lembrar o "arreventado" que andaba para dar feito todos os traballos que nos esixían, pero pasados os anos (e un lapso sin universidade) aínda son quen de facer moitas de aquelas cousas instintivamente. Ademáis, a corrección era inmediata. Nos chegábamos co traballo, os mestres dicían "isto e isto está mal porque... faise así, así..." no momento, probablemente sin durmir aquela noite, daba rabia. Pero a aprendizaxe é moitísimo superior a sair de un examen sin saber o que fixeches ben ou mal, e avocado a esquecerte canto antes mellor.
Tí dalles, que xa cho agradecerán ;) aínda que non cho digan.

torredebabel disse...

Moitisimas grazas polas historias e as verbas!!!

Torreira, moitísimas grazas, a verdade que quedo conmovida por sair ganando nunha comparación co licor cafe!!!!!!!!!!! iso sí que é forte!!! Moitas grazas!!!

Mendinho, eu tamén penso coma ti que hai en todas as disciplinas os que traballan e deixan en alto o nome do seu oficio e outros que levan o titulo e nada mais. Eu non teño talento para ser deses que ti chamas "maestres" ainda que ben quixera. Pero vivo cun home que o fai no xornalismo e dame moito orgullo esa xente.

Grazas Moralla pola páxina! é fermosa e xa andiven paseando por aí... gustoume moitísimo e seguro que volto a cotío! Graciñas e non andes moito tempo lonxe!

Ola Laurindinha!!!!! sintome acompañada co que dis, o traballo de avaliar é dificilísimo porque, ainda que moitos disfrutan dese poder que da o número, é unha responsabilidade enorme. Como dis, "ser o máis xusto posible require moitísimo esforzo..."


Graciñas F. Miguez!!! é verdade que lles dou (é decir, pido tanto coma dou) e moitos moitos o agradecen no remate do ano. Esa é, certamente, a mellor paga que levo nese traballo.

Grazas polo voso tempo!

marcos valcarcel disse...

Estou dacordo coa afirmación que recolles "do ex rector da Universidade de Bos Aires Guillermo Jaim Etcheverry, médico e home de ensino que -fronte á idea neoliberal de que a educación formal ten que ser divertida e liviá, case un xogo- lembrou: "No se valora la educación, ni desde la política ni desde los hogares, por más que se diga otra cosa. Y creo que es culpa de los adultos, que no entendemos ni enseñamos que el estudio es sacrificio y esfuerzo, no diversión. La educación no tiene que ser entretenida, sino exigente. Mientras eso no se entienda, desde las casas y desde el Estado, vamos a seguir así".
De feito, a min preocúpame, sinceramente, que con tantas estratexias de reformar o ensino e motivar ós alumnos, que está moi ben, ó remate esquezamos o que supón de esforzo e responsabilidade "aprender". Pódese "aprender" con gañas e gusto (eses son os meus recordos escolares), pero iso esixe igualmente esforzo. E enlazando co que dicía Mendinho: o mundo que lles espera fóra ós nosos alumnos/as é moi diferente do que lles ofrecemos na escola, ás veces idealizado ou suavizado. E témome que moitas veces levarán, fóra, unha aterrizaxe demasiado brusca...

paideleo disse...

Hai profesores e mestres como di mendinho.
Eu gardolle carinho e boa lembranza dun mestre xa morto que punha o seu brazo no lume por min nunha acusacion a un grupo de estudantes.
Un bo home que me preguntaba pola vida e que eu notaba a sua tristeza cando lle respondia que o asunto laboral non me ia ben.

Suponho que ti deixaras esa sensacion nalgun alumno que a xente sempre nota o carinho e o interes.
Un saudo e gracinhas polos piropos.

Sr Nohara disse...

Paréce que ós políticos só lles interesa a educación como forma de infundir a súa ideoloxía, non formar espíritus inquedos, curiosos e críticos. Peor aínda: parece que imos cara a formación de consumidores máis ca de persoas.

Da EXB non lembro ningún mestre especial. Si do instituto: Xabier Castro e Mabel nonseiquemais, mestres de literatura galega e castelá respectivamente, que me axudaron a agrandar aínda máis o meu innato interese pola lectura; e Teresa Moure, mestra de inglés, que realmente me abriu as portas dese idioma, pois realmente podía dicir que o falaba, non coma moitos outros que din que son mestres de inglés. Na carreira, a verdade é que poucos podo lembrar: os profesores Chelo e Cándido, de dereito da Seguridade Social, dos que aprendín que o dereito tamén é vocación; Saturnino, de dereito Procesual Laboral (e, xunto con cándido, eminentes avogados composteláns; Javier Ferreiro, agora director da escola de Relacións Laborais de Santiago e que nos dicía ante todo que fosemos críticos... e poucos máis, a verdade sexa dita, unha mágoa, porque creo que hai máis mestres dos que gardo mal recordo ca dos que gardo bo recordo.
Respecto ao que dis das calificacións de fin de curso... si, a verdade é que fácil non parece, avaliar o traballo de todo un ano nunha soa calificación.

Moralla disse...

Ola Debora!! Hai tempo que non conecto contigo, agardo todo vaia ben na túa apaixonada vida, seguro que si. Eu en Santiago, entre chuvia, vento, frío, tronadas e o que carcateriza á nosa querida Galiza. Bueno, teño que seguir traballando, mándoche unha fortísima aperta a través do Atlántico.
Bicos salgados de Yoli ;-)