18 de dez. de 2006

Un ano, unha palabra

Vai rematando o ano. Non é mais que unha convención, esa teima de contar o tempo, de atrapalo en meses e semanas e días, se cadra para que non fuxa, para vivir na ficción de que somos nós quen o domina e non él quen nos ten presos. Sen embargo, ainda que viva o Nadal coma unha febre de consumo baleira de outro sentido que se espalla coma unha peste e o Aninovo como o comenzo das vacacións, aproveito cada ano as festas para pensar no ano que pasou. Si, é verdade: son dos que fan balances neste momento.

Houbo anos que pecharon coa palabra ledicia. Moitos. Outros con verbas coma tristeza, pena, congoxa, baleiro. Algúns. Non tantos. O 2004 foi raro porque tanto lle cabía a frase "a felicidade máis enorme da miña vida" coma a de "a tristura mais dolorosa que unha muller pode sentir". O 2005 tivo un lategazo que nos deixou a todos de xeonllos, aparvados, sen entender o que pasara, cómo pasara e, sobre todo, por qué pasara. E para o 2006 vou vendo que a palabra é Grazas. Para os meus. No meu mundo privado. E tamén para o meu mundo blogueiro.

Grazas aos que viven no ordenador e que ademais teñen voz, rostro, sorriso, presencia. Clara Flor que fai que moitos na diáspora sexamos mellores do que nunca pensamos que podíamos ser. Á benquerida, intensa, feminina e talentosa Marinha de Allegue polas horas e horas de conversa polas tardes arxentinas e noites compostelanas. Grazas ao xenial e lúcido Si Home, si que sempre me deixa pensando e ao poeta Eduardo Estevez que veu cargado de historias en papel e que contaxiaba a ledicia dunha familia que medra e se fai forte. E grazas a Ro que, pode que hoxe non teña un blog, pero é sen dúbida unha blogueira cen por cento e moito sinto non ter chegado ao blogomillo cando ela escribía. Grazas neste parágrafo tamén a Cobiñas compañeira de aventuras.

Grazas aos que non deixan de aprenderme cultura, historia, lingua... Grazas a Veloso de quen moito aprendín, sobre todo a contar historias coas verbas xustas, e que agora móstrame que tamén se pode un marchar de algo tan bonito coma esta familia. É toda unha lección, penso eu: sempre estamos porque queremos estar. En definitiva é así. Grazas a Marcos Valcarcel e a Afonso Monxardín por tanto, tanto que aprendo con eles. Grazas a Brétemas porque me abre portas e fiestas na literatura galega

Grazas ás damas: a SuroEste que tece as palabras dese xeito que tanto admiro (non vos perdades a historia do lobo e Caporruchiña Vermella de fai algúns meses); á Naufragha porque non lle ten medo á emoción nin aos sentimentos; a Ana Bande porque coñece a receta máxica para falar dende a cabeza e dende o corazón na proporción xusta.

Tamén grazas á benquerida Jan por eses soños e polo sorriso que deseñou no rostro do meu fillo. Grazas a Lúa por unha frase fermosa "Bailaria contigo, pero es que estoy sorda de un pie...", e á audacia de Ra que non sabe de fronteiras e sorprende con post fermosos.

Grazas especiais a Sara Jess polo nome deste blog pero tamén pola descoberta de que o galego era unha lingua para falar de hoxe. Á doce Satine pola intensidade das súas palabras. As Laurindinhas polos xogos que construen con imaxens e palabras. Á xenial Estivalez e á virtuosa domadora de palabras e dona dun sorriso único Moralla. E tres grazas máis a Besbella, Elianinha, e a Mrs. Doyle pola intelixencia e elegancia. Dous atributos que poucas veces aparecen xuntos.

Grazas ao señores: a Rabudo e a sua enerxía (onde atopará o tempo para todo o que fai?), a Fran que cambiou de casa pero non esqueceu de levar as historias e as ganas de contalas, e ao mellor autor de crónicas do blogomillo: Acedre, o pai de Leo . Grazas a Cabaseira porque escribe pouco pero dí moito, ao ciber-navegante Nemeth que atopa na rede tesouros case a cotío, a Red Galicia pola xenerosidade, a Xosé Antón, a Fravernero que non minusvalora ao lector, e a F. Miguez polos interesantes comentarios sobre a actualidade.

Tamén grazas ao antiblog polo moito que río ás veces, por non chorar; á erudición de Manuel Gago e pola sua xenerosidade; a Francisco Castro que me achega a libros e verbas. Grazas a Xabier Docampo polas historias e o xeito de contalas; e a Manuel Rivas que é o que é, ainda que non é o que outros creen que é.

Especialmente, grazas a Parzival por tecer fíos de libros que cruzan o Atlántrico, a David pola compaña de tantos meses, a Xancín, a Torreira polas imaxens que sabe debuxar coas palabras; a Suso, a Silvio, a Calidonia pola gran intelixencia que deixa ver discretamente, a Suso, ao xenial Moucho Branco polas leccións de mitoloxía e polas frases memorables, ao equilibrado e xusto Mendinho, a Suso polas historias e viaxes, e grazas Á Randeeira porque sabe rir co que outros temos ganas de chorar.

Grazas aos que leo fai tempo Casa Atlántica, Sobre filloas mel, Artipraxia, Caderno Arraiano, o blog dos pelachos, Albixou, Fragmentos da Galaxia, Días estranhos, Cabaret Voltaire, Tardes xeadas, Selva de Esmelle, La Muralla, Amote moito, Alfaias.

E aos que leo fai pouco: Chirimbolos e Ourilocelontes, andaime, zero vacas, Unha cousa nunca vista, O porto dos escravos. Tamén aos anónimos que, nalgún caso, non o son tanto.

Sinto se esquecín a alguén (algo moi probable) e sintoo realmente porque estou infinitamente agradecida de que me deixedes participar deste universo fermoso e que non deixa de medrar. Ao lonxe, nun serán caloroso de verán na Arxentina, mentres o meu fillo xoga e debuxa, moitas grazas a todos vós!

35 comentários:

besbe disse...

a ti :)
(agardo que un sorriso amose todas as palabras que non escribo)

Anônimo disse...

Querida Babel: Tiven problemas na rede estas semanas para mandar mensaxes, agardo ter sorte. Sabes? Creo que es unha persoa moi agradecida e xenerosa, esta mensaxe é UNHA PROBA CON MAIÚSCULAS. Eu mándoche os meus agradecementos por citarnos a todos/as e por crear este blog onde a sensibilidade e a cultura brilan por todos os recantos. GRAZAS e NORABOA.
Un bico cun sorriso infinito espallándose polo Atlántico, pasando polo teu PC ata chegar á túa fazula. Yoli (moralla) :-)

Anônimo disse...

Non, grazas a ti por escribires tan ben!

Asdo. O erudito :P

Marinha de Allegue disse...

Que poido decirche miña benquerida Torredebabel, que non che teña dito xa...
Ainda que nunca está demáis lembrar o afecto é un exercício saudable e enerxético.
Para mín é un grato pracer compartir contigo como ti ben dis, horas e horas de conversa polas tardes arxentinas e noites de Compostela.
Horas que pasan voando e que día a día van consolidando e visibilizando eses fíos que se teceron na distancia. Un intercambio máxico. Unha docura a túa compaña.

Beijos e Apertas para ti e os teus cos que dalgún xeito tamén se estableceron vínculos.
:)

SurOeste disse...

Sorriso interior.

moucho branco disse...

Se me chamas xenial vaise notar que te sobornei, ;D
Non, en serio, moitas grazas a ti por escrever post tan fermosos e emotivos coma este.
Teño un pouco abandoadas esas dúas sagas... inminente entrega xa!, hehehe

un saúdo.

paideleo disse...

Graciñas a ti. Vaia posteo !. Quedei sen palabras. E que piropos dedicas á xente...mui bos.
Bo Nadal e que non pases calor.

Anônimo disse...

Graciñas a ti por manter esta fiestra na outra beira do mar. Bo Nadal e Feliz Ano 2007 para tí e tódolos teus.

Mrs.Doyle disse...

Grazas a ti pola xenerosidade das túas palabras.

Ra disse...

...y me preguntaba cómo terminaría el año sin imaginar que uno de los ingredientes sería este cariño tan grande...Como tantas veces, gracias a tí, por hacer las veces de IMPRESCINDIBLE faro desde Buenos Aires.

albixoi disse...

Grazas a ti por tender pontes coa Galiza exterior. Sen a túa participación unha parte de nós non existiría. Unha aperta.

Mario disse...

Que ilusión sair, aínda que sexa ao final de todo (xa é sabido que os últimos...). Grazas tamén a ti, un sopro de aire fresco desde o outro lado do común Atlántico, o meu desexo para 2007 e que estes fíos sigan tendidos e se fagan máis e máis fortes (se é que se pode). Unha aperta.

Torreira disse...

Benquerida Babel...grazas seria reiterarte o que todos che din mais neste caso as reiteracións importanme un carallo asi que GRAZAS.
Grazas por exercer de galega e demostrarnos a todos e todas moitas cousas que a miopia existencial non nos deixa percibir,grazaspor emprestarnos un anaco da nosa arxentina e grazas por encher coas tuas verbas o blogomillo que con elas luce mais crecho e fermoso.
Bicos

X disse...

É un honor para min aparecer no seu post.

Xosé Manuel Carreira disse...

Que muller, como é!

Marcos Valcárcel López disse...

Grazas tamén a ti que sempre nos aportas unha visión orixinal "dende lonxe" que realmente é "dende moi perto", porque estás moito máis perto deste país que moitos galegos e galegas que pisan o seu chan sen saber sequera que son galegos. Hoxe aproveito eu tamén para darlles as grazas aos meus lectores/as, dos que aprendo moito: todos aprendemos tanto dende a Rede. Apertas.

Elianinha disse...

Estou coloradiña de poder aparecer neste post con xente tan importante, auténticos referentes entre os blogomilleiros. As grazas hai que darchas a ti por estas miguiñas que fíos invisibles que nos tiras dende Bos Aires (que pronto espero pisar). De verdade, grazas pola inclusión. Unha aperta dende este cabo do fío.

Anônimo disse...

Efectivamente ¿De onde carallo sacarei o tempo para facer todo o que fago? Vouno pensar, a ver se atopo unha resposta. Feliz aninovo e un bico de ultramar.

David disse...

Grazas a ti por todo o que fas pola cultura galega, polo que me ensinas da Arxentina e por acordarte de min, hehehe... Que teñas un 2007 cheo de felicidade!!! :D

Anônimo disse...

Cheguei tarde aos agradecementos, pouco hai que dicir máis que é marabilloso o espazo que nos dedicas a todos, grazas pola túa xenerosidade torre!

Un bico moi forte para o teu fogar!!!!

Anônimo disse...

Grazas a ti, rula. Reitero a miña sorte por te ter coñecido. Ti e Ruy fostes o mellor de BsAs.

Anônimo disse...

Grazas a ti, e que veña un 2007 cheo de risas que é o único xeito que coñezo para superar as desgrazas.

Da sibeira e do cuarto disse...

Moitas grazas tamén a ti que dende a outra beira do "charco" teces coas túas palabras e co teu agarimo o país de fíos invisibles que todos cando nenos soñabamos habitar... un país feito na lingua do paraíso

Clara Flor disse...

Agradecidisima, ainda que eu son unha debutante e de quen se aprende e de ti e dos que te rodean nesta lembranza. Neste ano que te conocin eu non creo que fora pola rede, senon polo vento atlántico, o vento democrático, desplazador de ideas e unidor de amistades. Das de ida e volta do pasado, presente e futuro da Galiza.

Zerovacas disse...

Grazas a ti. Boas festas no verán austral. Festas de Nadal, con calor e praia, extrañas sensacións que eu tiven ocasión de gozar en dúas ocasións, aló en Montevideo

leco disse...

Parabéns por un ano tan cheo para ti como nolo fixeches a nós. Seguímonos vendo aquí e acolá.
Os nosos mellores desexos para o próximo ano.

torredebabel disse...

Seime reiterativa, pero Grazas! é a única palabra que coñezo para transmitir a enorme gratitude que sinto por cada un de vós. Grazas!

Seoman disse...

Gracias a ti, porque a pesar de que creo que non me mencionaches, estou seguro que me fixeches unha visita e aqui estou devolvendocha. Feliz ano

Arale Norimaki disse...

Coma sempre chego tarde aos posts, pero disque máis vale tarde que nunca ^^I
Moitas grazas a ti polas túas constantes achegas dende o outro lado do charco e as túas fermosas verbas.
Que o teu 2007 veña cargado de ledicias e sorrisos!

rosa enriquez disse...

É a primeira vez que entro neste blog. Gústame a xente agradecida que non esquece as persoas e o que para ela significan. Tes esa humanidade humilde que tantas esperanzas e fé me regalan. Noraboa por esa xenerosidade cos que te queren.

Anônimo disse...

Gracias a Torre de Babel por descubrirnos raíces propias en terras aparentemente alleas, por facer de embaixadora e por darlle ó galego outro pasiño no camiño da universalidade.
E xa de paso, gracias por poñernos ós veciños polas nubes :)
Feliz 2007.

Anônimo disse...

Que tengas un feliz 2007

TXARI disse...

grazas mil a ti também!!!!

Anônimo disse...

Grazas a ti por seguir mantendo o teu blog un ano máis.

P. S: Fiquei un pouco triste porque non me citaches Boedense, mais non che gardo xenreira. Un saudiño dende a metrópole.

torredebabel disse...

Sinto Boedense! esquecinme de moitos amigos e sintoo moito porque sodes todos unha compaña, unha fonte onde aprendo e divírtome e sorprendome moito! Graciñas e sinto!