Como os antigos navegantes, levei nestes días na terra un caderno. Tiña aidea de ir engadindo as anotacións no blog segundo pasaran os días pero non me deu tempo. De feito que -xa de volta en Bos Aires e coas turbinas do avión ainda nos oídos- abro as tapas moradas con estreliñas e volvo vivir a intensidade de cinco días de amigos, de festa, de viaxes, de traballo, de emocións, de Galiza.
Domingo 22
As filas que facemos con présa non adiantan canto quixeramos, é sabido. Pero ese domingo souben que as que facemos e non queremos rematar, esas sí que van rápido. Deixei aos meus en Ezeiza case sen decatarme pero como esquecera un trámite, tiven unha segunda despedida. O voo foi dilatado coma sempre (qué lonxe que estamos!) ainda que condimentados polas historias de emigración dunha rapaza arxentina residente en Valencia. Hai cousas que non cambian tanto cando cambian.
Luns 23
Nunca antes chegara a Vigo en avión. Nunca antes vira a ría abrirse delicadamente sitio entre a terra. Nunca antes descubrira a simetría das bateas dende o aire. E nunca antes atopara dous sorrisos tan fermosos na chegada a Galiza. Só estiven unhas horas en Vigo pero vou voltar porque das cidades galegas que coñezo (e non son tantas) ten un algo que ainda non podo explicar pero que sinto en completa conexión comigo.
Souben alí que non ten sona de ser unha cidade das máis bonitas de Galiza. Terei que coñecer máis porque a min pareceume fascinante. Igual de fascinante que abrir a porta da librería Andel e atopar alí unhas xentes comprometidas. Para non perder tempo, mandara días antes un correo detallando algúns libros que necesitaba. Pero confeso que non fun quen de pagar e sair. Quedei dando voltas, buscando, remexendo nos andeis. Non me chegaban os minutos nin a memoria me axudaba. Tanto hai que quixera ler! Quén me dera unha librería que fora só o 25 por cento desa en Bos Aires!
Durmimos en Bouzas, ese barrio mariñeiro do que fala María Xosé Queizán na novela que deixara sen rematar antes de sair de Bos Aires. Pode que fora ese fío ou a súa praia pequena e case íntima o que máis me atrapou. Pode que fora só a propia fermosura das rúas e das casas esquecidas dos seus tempos de esplendor. Pode que foran os surrealistas berros das gaivotas pola noite. Pode que sinxelamente fora que Vigo é unha cidade chea de encanto.
Martes 24
Pola mañá, Vigo e as súas voces tan maioritariamente castelás quedaban atrás mentres o bus adiantaba. Viaxaban nel xentes con présa e outros despreocupados. Diante, un home percorría un exemplar de Galicia-Hoxe e Compostela anunciabase nos peregríns que deixabamos atrás.
21 comentários:
dende o outro lado da ría alégrome de que toparas ese encanto que moitos lle negan a Vigo e que seguro ten :D
unha aperta, vexo que o pasaches ben por aquí, bravo por iso :)
Continuará...
Pois eu estou encantadísisisima de terte coñecido (en persoa). Dende logo, era con quen menos contaba ver por Compostela, porque froito do catarro criminal (do que podes dar fe e do que xa estou recuperada=) andara bastante desconectada, e non sabía que te atopabas deste lado do Atlántico. Pero foi un gustazo. E por certo, que familia tan linda deixaches alí.
Agardamos polos vindeiros episodios. Apertas.
A min deume mágoa non coñecerte en persoa. Xa nos coñecemos virtualmente dende hai bastante tempo e collinte cariño.
Outra vez será.
Como agasallo déixoche unha ligazón dun blogo feito por arxentinos vivindo en Galicia.
http://aryentainsengalicia.blogspot.com/
Ai Torre como corre o tempo...Xa estás da outra beira, Mar por medio, pero dentro do noso corazón.
Un bico moi forte, e ata a vindeira compañeira.
A min Vigo paréceme unha cidade caótica e impersonal. Pero ti atopácheslle encanto e eso é o que vale.
Apertas.
Ti sabes como ninguén contar o que os demais non vemos ou vemos distorsionado. Un bico grande
Seguimos esperando a que nos contes todas as túas experiencias e todo un gusto terte coñecido :) Non sei que idea me fixera de ti pero a realidade foi moito mellor. Un bico enorme dende aquí e pena non ter pasado máis tempo contigo.
OLa linda!!!!!!!! que ganiñas tiñamos todos/as, aínda que resulte estraño, pois botámoste de menos, de que chegaras a Arxentina para contarnos as túas impresións! As nosas son a dunha muller impregnada de fulgor e vida! unha aperta enorme. Encantada de coñecerte, falar, comer, rir, tomar café etc. A primeira foto destas memorias é tenra e preciosa, como todo.
Noraboa e grazas, porque trouxeches tamén o bo tempo á nosa terra.
bicos
Yoli :-)
Mira que non estar ás 11,45 onde debías ter estado...
Un e-bico a falta do bico físico que tiña preparado.
Agardo logo que a túa estancia na metrópole galega fora do teu agrado. Abel Caballero agradecerá as túas palabras sobre Vigo. Un saudiño.
Vexo que facemos de cronistas, querida Debora... iso si, aledome de que as tuas cronicas gallizianas sexan mais positivas que as minhas...
Xa rematou a tua estadia? Pouco duraches por Galiza, ou... :(
A ver se voltas pronto, que a proxima vez non te escapas!
Unha aperta!
M.
Benvida a Bos Aires, Torre.
Moitas gracias polos recados na terra.
Agardo as demáis impresións da túa máxica viaxe ao pais dos antergos - que é o da nosa identidade-.
Unha aperta.
Antón.
Que fermoso agasaio a túa companha en persoa, a túa presencia e o teu agarimo.
Unha aperta grande grande e un MUUUUUAAAAAAAAAAAAA minha rula.
:)
É fermoso volver a contemplar Vigo con esa mirada fresca. Agardo as novas crónicas para seguir descubrindo, o que ,por exceso de costume ás veces se me pasa por alto.
Alégrome de que a túa visita estivese acompañada de agarimos. Uno a miña aperta a todas as que levaches de aquí.
mágoa non terte coñecido eses días
son moi amables as túas palabras
unha bica así, así de grande
Coma un suspiro, pasates coma un suspiro. Bicos
Alégrome moitísimo de que coñeceses a miña curmá. A descrición que fas dela é perfecta. E agardo que para a próxima vez teñamos ocasión de vernos. Unha aperta.
Eu tamén teño a terquedade de seguir a pensar que Vigo unha cidade que paga a pena, aínda que só sexa por Bouzas, si. E malia que Bouzas xa non sexa o que foi.
Vigo ten zonas moi fermosas, avenidas e caleixóns con casas de pedra moi fermosas.
A min gustaríame ter aqui as librerías que teñen en Bos Aires. A min gustariame ver aquí á xente lendo como se le nos buses e no subte de Bos Aires. A min gustariame ter aquí as grandiosas árbores das ruas porteñas.
Nunca chove a gusto dun.
non me estraña, deb. vigo ten un algo que lembra a buenos aires.
non neste caso o de que buenos aires ten algo que lembra a vigo. sospeito que as dúas adquiriron ese algo a un tempo.
cruzámonos fugazmente. dei a volta e xa non estabas. "e" flipou cos tokke's . non me deixou comer máis ca un par deles...
agardamos ansiosamente o "continuará..."
pra cando virá o segundo? ;)
Postar um comentário