20 de jul. de 2007

Maletas

Ben mirado, nin sequera sei por qué chorei. Estaban alí os meus pais, tíos, curmáns e a miña irmá. E os avós, claro, que eran os que viaxaban. A ocasión non podía ser máis feliz: logo de case 30 anos voltaban a Galiza. Pero eles estaban preocupados: polas maletas, polos netos que facían moito balbordo, polos fillos que quedaban con tarefas específicas (coidar as plantas, ventilar os cuartos, ir por alí, e mandar cartas). Os fillos, en cambio, estaban entusiasmados. E nós, os nenos, algo desorientados nese edificio enorme e gris que é Ezeiza. A guerra quedara atrás, xa ninguén cantaba a marcha a Malvinas e o ano 1982 agora tornábase un universo de fútbol e festa.

Hoxe teño as maletas feitas, o artigo rematado, amigas e amigos aos que vou ver, unha Mafalda coa que xogar, e cinco días na terra. Será o meu primeiro 25 de Xullo alá. Será, para min, unha festa.

Digo eu que desta vez non vou chorar. Pasaron moitos anos, moitas viaxes, os avós xa non están, moita xente que daquela estaba alí saudando non vai ir comigo ao aeroporto. Outra que si, coma sempre está. Será a segunda vez que estea lonxe do meu anxo da garda. E a primeira que deixe ao meu Santiago para ir a Santiago. As mellores cousas da vida condensan o máis poderoso da felicidade e o máis fondo das nosas penas e medos.

Graciñas por estares aquí e alí!

35 comentários:

X disse...

Boa viaxe e benvida.

Anônimo disse...

Boa viaxe. Espero que non te decepcione a miña terra. É moi fermosa, pero hai que mirala con ollos limpos, sen dúbida os que ti tes.

O Breogán de Gáidil disse...

Carai, menuda experiencia telúrica. Desas impactantes na vida.

Benvida a este o teu "fogar lonxe do fogar".
Un saúdo.

Nuca disse...

Estou certo que vas aproveitar ben esta viaxe. Tenta de tirar partido ata o tuétano destes días de ledicia. Só unha precaución: cando as expectativas postas en algo son muitas, as veces non se cumplen e chega a frustración. Pero de seguro que non vai ser así. Vas disfrutar como unha tola!!

Torreira disse...

Benvida benquerida Babel ao teu lar

Sintagma in Blue disse...

Boa viaxe!

Anônimo disse...

Veña que xa tardas...

Raposo disse...

Que disfrutes desta terra que é a túa.

Anônimo disse...

¡Que a viaxe che resulte de todo o teu agrado!

Lúa Neghra disse...

Xa nos tarda verte! :) Boa viaxe, agardámoste impacientes...

Mrs.Doyle disse...

Non lle vou dar a benvida porque vostede nunca se foi...

Grazas polos ánimos.

Zerovacas disse...

Non sei se nos veremos, en Compostela ou en Ribadeo... Boa viaxe!!

Anônimo disse...

Querida Torre, tal vez cando leas esto xa nos teñamos visto..Agardo impaciente. Un bico moi forte.

Suso Lista disse...

E como saberemos que eres ti, cando te vexamos o dia 25 por Santiago?. Benvida

Anônimo disse...

Hoxe é día 24.
Como, onde e a que hora nos veremos? teremos que arranxar todo!!
abrazo
Yoli

torredebabel disse...

Pois aquí estou. É martes e vai algo de sol en Compostela. E ainda non podo creer que estea eu aquí. Yoli, estou no Hotel Porta do Camiño. Paréceche queda mañá mércores antes do mediodía nalgun sitio que vós me digades? Teño tantas tantas gañas de vos ver a todos!!

Anônimo disse...

Perfecto. Quedamos, non sei se concordarán os demais, claro, eu lánzome: no café Derby ás 12, que está na Praza de Galicia (aproveitando que é o seu día), xusto de fronte, facendo esquina cunha das rúas que entran no casco vello. Non terás dúbida. E senón, eu vou ao hotel, porque vivo preto, en Fontiñas.
Que opinen os demais!!
e logo non iamos saír todos hoxe á noite??
Yoli

Anônimo disse...

Arredemo... que pena de non poder verche, Debora... Eu seguirei polo Baltico, en Compostela so co pensamento... Debemos de ser humanas antiparticulas ti e mais eu, condeados a non vernos ou a estourar en caso de encontro...

Pasao ben na nosa patria comun!

O procurador de sonhos disse...

saudos e bom 25 de julho

Anônimo disse...

En fin, como ninguén escrebe, vémonos mañá, día de Galiza, ás 12 co Café Derby- Praza de Galicia. Que ganas de coñercer á gran galego-arxentina Debora coa que cortaremos os fíos café a café! Que se apunte o que queira!!!!
Un abrazo enorme
Yoli :-) :-)

Anônimo disse...

O espacio físico é só unha circunstancia. Galiza é máis que unha simple circuntancia. Benvida!

Ra disse...

Que disfrute mucho, mucho.

torredebabel disse...

Ola Yoli e ola a todos!
Se non vos parece mal, podiamos facer un pequenísimo cambio á planificación? Pode ser sobre as 10.30 ou 11 (ou cando vós podades) no bar O Casino, da rúa do Vilar?
Como non sei se veredes isto, penso que tamén pasarei polo Derby (coa manifestación ou uns minutos antes), así non perdo de coñecer a ninguen!
Fravernero, que va!!!! non somos antipartículas nin nada o que pasa é que veño catro días no mais dificil do ano. É iso! Pero non teñas medo que non librades de min, que ainda vou voltar algunha vez mais.

rosa enriquez disse...

Benvida torredebabel¡ Disfrute moito destes días por Santiago. Bicos

Anônimo disse...

Goce moito, e despois conte.
Unha aperta, aquí mesmo, no mesmo aire.

berlanga disse...

Campos.
Te dejé un correo en debora.camposvazquez etc.

AB.

Anônimo disse...

Que ben que o pasamos onte!!!!! xa estamos en contacto todos polo das fotos!!! sorte e felicidade en Ribadeo con Neira Vilas e compañía!!
abrazo
Yoli :-) :-)

Mario disse...

Mágoa que ao final non vou poder coñecerte, pero enfín, así tes unha excusa para volver o ano que vén. Unha aperta.

mamiago disse...

Qué pena me quedou de no ver antes o teu blog, era interesante o encontro...alégrome de que estés na terra. Bikos.

Clara Flor disse...

Xa te fuches hoxe e xa te botamos en falla. Co que me gustan os aeroportos e co pouco que choro neles por terme acostumado as despedidas permanentes, e hoxe cain ao marchar. Bágoas na rede, si, volta pronto, nosa fada.

busto.agolada disse...

Feliz estancia na túa-nosa Terra. Xa que vés no mes da seitura agardo que fagas unha boa colleita de agarimos e sensacións. Xa nos contarás qué te impresionou positivamente e qué non che gustou. Cando se vén de lonxe e despois de longo tempo, advírtense mellor os cambios que a nós nos poden parecer insignificantes por cotiáns.
Un afectuoso saúdo.

Marinha de Allegue disse...

Foi fantástico compartir estes días contigo, foron días de festa de moita ledicia concentrada...

Unha aperta grande grande.
:)

Anônimo disse...

Mágoa chegar tarde a darche a benvida... pero sen dúbida foi un post ben sentido, e para emocionarse nunca é tarde de mais. Desfruta a volta a esta túa terra, que non sei que ten pero unha vez que un a pisa unha parte de nós xa non é nosa de todo...Unha aperta!

torredebabel disse...

Grazas infinitas a todos por todo. Aos que alí estiveron. Aos que querían pero non puideron. Aos que deixaron apertas e bonitos desexos. Aos que coñecín polo teléfono e aos que moito quería coñecer pero non puido ser desta vez.
Foron uns días de sol e de amigos. Foron uns días marabillosos que pasei rodeada de persoas marabillosas.
GRAZAS de corazon!

Alfredinho disse...

Discúlpame por terte tanto tempo "abandoado".
Hoxe volvín a casa despois duns días de relaxo e topei con varios post que non lera, pero este gustoume moito, de verdade.

Así, incluso da gusto volver ó "día a día".

Unha aperta!