18 de set. de 2007

Perspectivas

Fai moitos días que chove. O luns choveu. E o martes e o sábado e todos os días apertados entre aquel e hoxe. Porén, non importan os acenos desesperados e teatrais nos que se obstina. De nada valen estes ademáns espasmódicos de agua e agua. O inverno está morrendo.


E nada pode facer diante da forza impúdica deses xermolos e das pequenas flores exhibicionistas.

26 comentários:

Unknown disse...

o estar en hemisferio diferentes temos sensacions simetricas, un veñen y outros van...
aqui as choivas anuncian os exercitos de xeral inverno.....
bkos dende compostela

Raposo disse...

A auga é un dos símbolos da vida. Que chova pois, eso si, con moderación.

busto.agolada disse...

Volvo a intentar deixar o meu nó no fío. E xa van tres intentos fallidos.
Hai anos, nunha seca prometín non renegar nunca da chuvia. É unha benzón que cae do ceo, anque canse.
Saúdos e apertas.

Nuca disse...

despois da inesperada neve deste ano... seica sabe millor ver esas floreciñas.

Cóntame un discípulo e compañeiro de laboratorio que está a traballar en Rosario dende hai un ano, que alí o verán foi máis morno que en Bos Aires.

TXARI disse...

o teu inverno recolhe as súas mantas de fríos tecidos e envolvese en sí mesmo, para a ruda viagem que o traerá a istas terras que se afanan en despedir a um pampo sol que tarde piou, mais piou...trocamos de mundo, pero nom de tempo...

rosa enriquez disse...

Vaia aí chove e aquí temos un sol que brilla como non o fixo no verán¡ Disfrute da auga que tamén ten o seu encanto. Bicos dende aquí¡

Marinha de Allegue disse...

O encanto vai máis alá da climatoloxía disfruta dos días que todos son únicos e irrepetibles.

Unha aperta grande.
:)

Fada Branca disse...

Encantame a cuvia, encantame, recordame a Galiza, faime sentir mais preto dela

Anônimo disse...

Desde a nosa perspectiva chega o outono, que non é o mesmo que marcha o verán. O verán chegou tarde, saudou sen parar a tomar nada e xa esta fuxindo ás carreiras de novo.
Piove? Porco governo. (vai ser todo culpa de Suárez Canal)

elfiña dos soños disse...

boas, gústame a choiva, sempre e cando non caia a raudales, nin que o acompane o vento... pero polo resto prefiro a choiva mil veces antes de parecer unha gamba recén churruscada.
kiños

Zerovacas disse...

Menudo final de inverno que estades tendo: primeiro neve, despois chuvia.

Obviamente estou moi afeito a ver chover, así e todo un dos días de chuvia que máis me impresiounou na miña vida (ou o que máis) vino en Montevideo

Suso Lista disse...

Pois por aquí fai un mes que non chove, e xa casi estamos no inverno. A herba e as arbores e sobre todo as berzas, están secas. Raro.

Anônimo disse...

É paradóxico, aí a chuvia vaise despedindo, aquí este verán que non o foi dá aínda unhas raiolas que o corpo agradece agarimoso, eu xa estou nostálxica do Sol que vai marchar.

Moitos bicos para os tres...

Lula Fortune disse...

Qué ben estaría darlle ao interruptor do tempo(atmosférico): que hoxe quero ir de excursión, sol a esgalla. Que hoxe teño un nó na gorxa, chuvia, chuvia...Di o refrán que nunca chove a gusto de todos. Haberá que conformarse. Bicos prometedores e exibicionistas.

Anônimo disse...

Aquí o sol aínda non marchou, tamén teima, mais o outono xa está aquí, e a min xa me apetece a primavaera. O inverso faiseme longo de máis, cando inventen o interruptor de Lula eu merco un.

Anônimo disse...

Mire se lle teño mania ao inverno que ata o invertín aí enriba, torpe que é unha...

Laurindinha disse...

Carai! E coas ganas que teño eu, persoalmente, de que chova e de comezado o outono!
Pero tamén que daría por estar eu vivindo ese fin estacional tan fermoso en Buenos Aires...

Moitos bicos Torredebabel!!!

paideleo disse...

Pois aquí o verán dá os últimos coletazos. A ver se o sol nos deixa vendimar. Logo que chova.

Anônimo disse...

aissss a vindima! si señor, que aguante un pouquiño o sol que senón mollada faisenos moi porca..

Mar e Lúa disse...

Non importa que chova... Os derradeiros días de inverno son bonitos, porque sabes que xa non pode durar moito e axiña terá que sair o sol por algures...
Disfrútaos!

Anônimo disse...

En fin, xa che dixeron de todo. Achuvia claro que é linda pero chega a cansar. Ánimo!

Mario disse...

Non me fales de chover que aí comeza outra vez, e eu perdín outra vez o paraugas e aquí até xullo non para (con sorte, este ano nen iso).

Anônimo disse...

Onde quedou ese optimismo de "se chove que chova!"?

Pau disse...

Adoro a chuvia, os cores de outono que por este hemisferio empezan a florecer.

Mrs.Doyle disse...

Bendita auga... Penso que os galegos somos un pouco anfibios porque estamos afeitos a auga. Estamos afeitos a ela e compartimos con ela a nosa vida diaria sen deixar de facer o que íamos facer por mor dela. A auga nos acompaña e nos da ese toque que nos achega a culturas máis lonxanas e nos afasta de culturas máis pertas. A auga. Bendita auga.

Torreira disse...

Non te molles babel que xa falta pouco pra que nos traspasedes o mollado.Bico