« E non recordo moi ben que lixo podía recoller (o carro dos varredores municipais), porque daquela o lixo todo que sobraba nas casas era moi pouco. Daquela a xente non tiña lixo. É un tema curioso este do lixo, eu diría que se poden estudar os cambios na nosa civilización a través do estudo da produción de lixo. Hoxe a industria do lixo, recollida, reciclaxe, procesado todo, move grandes sumas e o lixo transformouse nun auténtico problema que atinxe á supervivencia da nosa civilización e da nosa especie. Esta civilizaciónnosa, ese modelo socioeconómico, produce tanta porcallada que ameaza a todo o planeta. É evidente que é un modelo insostíbel e que debe ser custionado.
Daquela o que sobraba da comida era para os porcos ou para as galiñas, nós tiñamos galiñas, e non había lixo. Plásticos case non había. Periódicos había poucos, líanse poucos periódicos. Hoxe non moitos máos. Nas casa dos pobres non se lían periódicos, e amais os periódicos valían para queimar nas chemineas, para acender o lume, ou para envolver cousas, os xornais ninguén tiraba con eles pois eran moi útiles, de maneira que non sei que lixo podían recoller aqueles varredores que lembro que pasaban ocasionalmente polo meu barrio. Hoxe témonos transformado esencialmente en fabricantes de lixo, debemos facer un quilo por persoa ao día. iso é debido a que xa non somos traballadores, creadores, senón consumidores. O rasto que deixamos non é o que fabricamos senón o que consumimos, e os restos do consumo. »
Suso de Toro
Conversas con Suso de Toro,
Antonio Pedrós-Gascón
(Xeráis)
Ilustración de Pablo Bernasconi
Conversas con Suso de Toro,
Antonio Pedrós-Gascón
(Xeráis)
Ilustración de Pablo Bernasconi