21 de nov. de 2007

Recordar

Investigadores da Universidade de Bos Aires aseguraron que a memoria garda con más facilidade datos vencellados con algunha carga afectiva. Na ponencia "Memorias naturales y artificiales" organizada polo Centro Cultural Ricardo Rojas, o académico Jorge Medina explicou: "Os humanos só podemos lembrar determinadas situacións individuais ou sociais". E ao momento de pescudar por qué a memoria rexeita algúns detalles da vida, os científicos coinciden en que as emocións ocupan un sitio importante á hora de afianzar as lembranzas. Medina suliñou: "As memorias gárdanse mellor cando hai un ton afectivo no asunto e un certo nivel de emocionalidad".

16 comentários:

Nuca disse...

Xa tiña lido sobre isto.

É tamén interesante o papel que teñen as neuronas espello no reforzo e asociación de experiencias.

FraVernero disse...

Vaia... se xa o dicía eu... a Memoria, incluso a propia, é un País Estraño, cheo de trampas e pozos, engados e enganos...

Se é que un non pode fiar nin das propias lembranzas, e ten que atrapar instantes co cebo azucarado dos afectos, como quen busca un ferro retorto de mosca ou mosquito para sacar ao peixe das augas...

Emocións... Vexo que serven para algo entón, alén de causar dor.

A lareira de Santiso disse...

Que sorte que a memoria sexa selectiva. Agardo que a de cadaquén lle xogue boas pasadas, porque ca cantidade de sensacións que temos ao longo dos días,...non lle debe ser doado á memoria facer pervivir as emocións fortes e profundas de verdade.
Apertas

Son Unha Xoaniña disse...

É ben certo, un lembra sempre aquelo que nos agradou e nos fixo sentir ben, e rexeitamos as cousas desagradables con máis facilidade.
Xa me parecía a min que non me dan quedado na memoria os libros de texto e mira que lle dou voltas jejeje.
Unha aperta.

Pau disse...

Pois si, disque a memoria tende so a quedarse co bo. Debe de ser por iso que alguns eso da memoria historica sonalle tan mal; porque so se acordan do ben que viviron e non se acordan de todos esos aos que lle foderon a vida

Suso Lista disse...

Pero incluso a memoria, cando recorda, non recorda as cousas tal e como foron, ten variacións, e se duas personas recordan un feito, ese feito dependendo de quen o recorde, pode cambiar como o dia da noite. O cerebro, eche a hostia.

Anônimo disse...

A memoria garda (de verdade)só as cousas realmente importantes, é o máis importante é saber (?) quen somos... dentro do ton afectivo e o certo nivel de emoción hai un amplo abano de sabores, e non son todos doces como a mel, ás veces pensamos que afectivo e emoción son só palabras positivas pero tamén poden ser aplicadas á carencia vital delas ou a situacións afectivas e emocionais aberrantes. A memoria de cando en vez nos fai un favor e permite que xoguemos con ela, fabricando os recordos que precisamos para poder acougar...

paideleo disse...

O tempo vai suavizando as lembranzas dandolles un toque de irrealidade.

Clara Flor disse...

Chámanlle tamén a sesta das lembranzas.

Anônimo disse...

Hola estoy creando un periódico digital y me gustaría que colaborases conmigo.
Agrégame a Messenger y hablamos.
Un saludo. Jose Guillermo. Lonuestro27@hotmail.com

Anônimo disse...

aquelo de que reprimimos o malo e gardamolo bo... a memoria non é masoquista a non se que non haxa nada máis que o malo. Por eso ás veces cumpre reparala.

Anônimo disse...

non sei se estar en estado de alerta ten que ver ou non coa afectividade, pero ese tamén é un xeito de que a memoria garde máis vivo o pasado.

Anônimo disse...

A memoria é como a rede dun mariñeiro: atópase chea de peixes ao sacala do mar, pero a través de ela tamén pasaron miles de toneladas e de auga , mais non deixaron pegada algunha.
Apertas

busto.agolada disse...

Como a memoria é tan selectiva e tende a rexistrar só o que está vencellado ás emocións, creo que debe ser moi satisfactorio e vivir recreándose nas memorias, nesas experiencia que van quedando edulcoradas co paso do tempo. Gustoume tamén a comparación que fai homesdepedra.
Saúdos.

Nébeda Piñeiro Barros disse...

certo, pero tamén se lembra un de cada cousa... que mellor sería esquecer.


un saúdo ;)

Marcos Valcárcel López disse...

E, por fin, déronlle a razón ó noso trobador medieval:

Aquestas noites tan longas
que Deus fez en grave día
por mí, por que as non dormio
e por que as non fazía
no tempo que meu amigo
soía falar comigo?

Porque as fez Deus tan grandes
non posso eu dormir, coitada,
e, de como son sobejas,
quisera eu outra vegada
no tempo que meu amigo
soía falar comigo.

Porque as Deus fez tan grandes
sen mesura desiguaes
e as eu dormir non posso,
porque as non fez ataes
no tempo que meu amigo
soía falar comigo?

Xulián Bolseiro