28 de dez. de 2007

Descanso


Marchamos a unha praia con nome de santa -da que algo vos contei fai algún tempo- para darlle a benvida ao ano 2008 cunha aperta salgada que cheire a mar.
Ese mar frío que afastándonos tamén nos achega.
Vémonos nuns días!

... prometo traervos algo de sol quente e un chisquiño do barullo da area, superpoboada de risos bulideiros e de xentes asándose nos seus traxes charramangueiros. E se cadra, tamén eu atope unha botella no mar.

21 comentários:

Anônimo disse...

Tirarei outra botella o mar (aínda que os ecoloxistas me berren) ca ilusión de que chegue a esa paradisíaca illa, e dentro dela un mensaxe que inclúa as mellores cousas e desexos para o aninovo para ti e os teus.
Apertas mariñeiras

Lúa disse...

mmmmm!!!que sorte!!!!feliz aninovo

FraVernero disse...

Xa tarda ver a botella, sobretodo se ten un barquiño metido dentro, deses de complexa e complicada arquitectura, coma os galeóns cargados de prata que voltaban á península ('viene a morir a España / y es en Génova enterrado', que dicía Quevedo...).

Feliz 2008, Débora!

Nuca disse...

Qué gozada entrar no ano na praia!!!

Desexo que o 2008 encha o teu blog de posts tan belos e interesantes coma ata o de agora.

Unha aperta

Anônimo disse...

Feliz ano 2008. O Occam e mais eu tomaremos o primeiro café do ano á súa saúde.

Anônimo disse...

Feliz 2008. Con sol.

Pau disse...

Pois que teñas un feliz 2008 que é o que se soe dicir nestes casos.

leco disse...

Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!

Zerovacas disse...

Non sei se che contei dos aninovos que recibin na praia. Extraña sensacion

paideleo disse...

Que sorte despedir o ano con sol.
Tamén é curiosa Santa Teresita, unha cidade con tan poucos anos de existencia.

Que teñas un bo 2008 e se mandas unha botella e tópaa homedepedraenbarcodepau ninguén llo vai crer desta volta.

TXARI disse...

um geito moi distinto de celebralo de como se fai aqui pero igual de válidos, que seja pra bem e que nom falhe a ledícia...

sonatures disse...

pois eu paseinos neste frío invisibel que cubre o lago Compostela, que os lugareños chaman Léman, escollendo algunhas verbas para dicir o que non sei... En fin, mellores desexos para todos no 2008.!!!

Laurindinha disse...

Esas fotografías fan que te envexe de maneira preocupante!!
Feliz Aninovo!!

Marinha de Allegue disse...

Feliz Ano Linda!!!.

Unha aperta tamén salgada para ti.
:)

rosa enriquez disse...

Fleiz ano Torre¡ Que ben pinta esa festa que fixéchedes

Son Unha Xoaniña disse...

Pois felíz e boa entrada de ano nesa plaia, faiseme dificil imaxinar o nadal nunha praia, sobre todo tendo en conta o frío que vai por aquí.
Unha aperta.

Roi Buligan disse...

Envexa deses calores austrais, ao ver as fotos pensei que visitaras Holanda neste Nadal. Feliz 2008 encantadora viaxeira.

Suso Lista disse...

Pois que este ano 2008 che sea "propicio". Moitos bicos dende o medio do vento da choiva e do mar.

busto.agolada disse...

Feliz 2008, Débora. Cando voltes moreniña dese verán arxentino agardamos que nos deleites cos teus sempre interesantes artigos.
Apertas.

Unknown disse...

manda calor, manda... que fai falla aqui un dia chovendo mares e o seguinte despexado e xeando coma nunca recordan os vellos....
detodol
os xeitos moi ben porque cada cousa no seu tempo.....
e pasaba por aqui a desexarche que comeces o mellor ano da tua vida e que se vexa ampliamente superado polo seguinte e asi sucesivamente ata que non podas mais de ledicia....
apor suposto que nos poidamos velo, leelo e desfrutar dun café contigo ainda que sexa unha vez ao ano....

bicos e apertas transoceanicas

torredebabel disse...

Moitas grazas a todos e todas polos bos desexos, pola compaña, por vires por aquí. Sen dúbida, é neste cadriño que se abre onde se atopa o mellor que ten este blog. Graciñas!