8 de jan de 2008

Protagonismos

Nunha praia pódese atopar case calquera cousa. Iso non é raro.
Tampouco é extraño que alguén vaia coa súa mascota. Poñamos por caso un can.


Que un tío teña por animaliño doméstico unha iguana xa vai sendo menos común. E que vaia á praia con ela, bueno, alí tendes algo certamente moi pouco corrente.


Pero que o tío que vai á praia cunha iguana, que loce a súa iguana pola arena levándoa nas costas coma un pirata leva seu perico, logo pose de canso das olladas da xente, esas olladas que él mesmo procurou paseando á súa mascota por todos os recunchos da area, pois iso sí, cando menos a min, paréceme moi raro.


É que na praia atopa un case de todas as cousas.

17 comentários:

busto.agolada disse...

Tes razón que hai persoas con rarezas. Eu sentiríame incomodado pola presenza da iguana na praia. E non teño nada contra as iguanas, pero cada cousa no seu lugar.
Alédame saber que estás de volta. Un saúdo moi cordial.

O Raposo disse...

Haiche xente pa to. E iguanas!
Apertas.

paideleo disse...

Ten cuidado que che vai saír un tirizó de ver a ese home cunha iguana na praia.
Sabes ?. Teño envexa de vós que estades na praia.

Mario disse...

Ai, as iguanas. Levo anos batallando para que non me metan unha na casa. Seica teñen moitas avantaxes, como que podes marchar de vacacións e deixalas na neveira (ao ser de sangue frío quedan como en suspensión e ao sacalas reviven, unha loucura, vamos). Eu sinto ser especista ou como se lle chame, pero esíxolle a unha mascota o requisito mínimo de que sexa mamífero (tampouco gosto dos paxaros, máis concretamente non gosto telos entre reixas).

Elianinha disse...

Curioso, certamente.
Bicos, e feliz aninovo.

Suso Lista disse...

Menos mal que non levou un crocodrilo de auga salsa de eses que hai en Australia...

Rifo I de Zeuquirne disse...

Si é que hai xente "pa to".
O meu fillo díxome o outro dia que quería mercar unha iguana e so ca cara de espanto que puxen xa me dixo, "son mansiñas, non fan nada"
a miña resposta foi que na miña casa non entran máis que bechos de duas patas e que falen, a escepción do canario, pero ese está na xaula e danos moi boas serenatas.
Unha aperta.

Doutora Seymour disse...

Con iguana ou sen ela, esas fotos producen unha extraña e desacougante sensación en min. Será envexa?
Un saúdo morriñento de sol.

peke disse...

O meu home estaría encantado cunha iguana, pero eu négome. Vivir para ver: unha iguana na praia!

O´Fartura disse...

Os boletos agraciados no Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa celebrado hoxe sábado 12 de Xaneiro de 2008 na Libraría Sisargas exercendo de man inocente o noso libreiro Roberto Castro, son os seguintes:
1- Joao Quaresma- Lanchas e dornas
2- mch- O Patrimonio Marítimo de Galicia
3- Julio Quirino- O Bote Polbeiro de Bueu
4-Rute&Joao- A Odisea

Os amigos e amigas que participando nos blogues promotores de Portugal tivéchedes a sorte do voso lado, tendes que porvos en contacto cos promotores do sorteo a través de calquera dos nosos blogues, para proporcionarnos os vosos enderezos postais e procedermos ao envío por correo do libro que vos corresponde.

Jan disse...

Ai que sorte estar na praia, con ou sen iguanas! Aquí a auga non vén bater cara a area, senón que cae do ceo sen piedade!

Por certo a min resultoume moi curiosa a primeira fotografía, en Canido un barrio de Ferrol, hai uns edificios iguais que os que aparecen na imaxe...Casualidades, mais que curiosidades.

Agardo que esteades gozando do voso merecido descanso.

Unha forte apreta.

occam disse...

nas praias as veces o que se ve nun día normal é bastante máis chocante que a iguana...

Alfredinho disse...

Antes que nada: BO ANINOVO

E o do tipo da praia... bueno... raro é, pero polo menos a iguana case seguro que non deixou rastro de que estivera alí, non coma outros animais domésticos máis típicos.

Saúdos!

Antonio Olives disse...

Hai quen non sabe que facer para pasar "desapercibido".

Veloso disse...

Supoño que coa iguana consegue ter espazo dabondo para el só, porque haberá moita xente que non se lle achegue demasiado por medo ao becho. Haiche xente ben rara!
Un saúdo.

xurxocimadevila disse...

O mellor era un deses programas de camara oculta nos que graban a cara flipando da xente... podería ser non?¿

pereyra disse...

A mí las iguanas me gustan. Solía tener una en el patio de mi casa, allá en el norte de Santa Fe. Pero no era una mascota, ella vivía en su agujero porque quería, y también se fué cuando quiso. No es un animal para vivir en cautiverio.
Como vecino es un gran aliado. No solo es inofensivo y simpático, sino que se come a los roedores, y auyenta (o lucha a muerte) a las vívoras, que son su competidor natural por el alimento.