18 de abr. de 2008

Proxecto Identidade

« Non hai nada nela que a faga inesquecible. Non ten, por poñer por caso, un deses narices que chegan antes que os seus portadores. Hai quen dí que os homes cunha saínte xenerosa teñen unha personalidade forte e encantadora. O que con toda seguridade teñen son anos de botar unhas boas malleiras a eses que rían deles na escola ou que rumoreaban alcumes que te mexas da risa. Todos a rir menos o do nariz que padece a burla ou agasalla cunha boa zurra ao enxeñoso. Así pode que gañaran a sona da persoalidade forte. É dicir, unha proxección dos paus dados sobre o seu estilo individual. Quén sabe... Pero no caso dos galegos destas terras australes, para o momento no que o naríz principia a colonización da xeografía da faciana, a infancia é unha lembranza e pouco máis. Da infancia dela non hai lembranzas sequera. Ela non fala moito diso. »


Así comenza a historia coa que respondín un audaz convite que chegou ao meu correo o día 5 de xaneiro. Levaba por título Proxecto blogomillo e remitía Besbe. Non sei se, de todos cantos deron resposta a esa mesma carta, haberá alguén que leve menos tempo ca min empregando a lingua galega. En todo caso, non é iso o que importa. Eu só quero agradecer a xenerosidade desa arma-danzas de cabelo rizado e ollar que sabe sorir. Quero agradecer o convite e tamén a honra de ser parte. Convídovos a percorrer o Proxecto Identidade aquí.

8 comentários:

Anônimo disse...

Quedou moi feito! Aínda lle teño que botar un ollo polo miudo!
Bicos

Mario disse...

Mira que se xuntou xente no tema este!!!

Anônimo disse...

É unha cousa para mirar con calma pero parece unha idea interesante.

A lareira de Santiso disse...

parabéns pola túa achega, é fermosa

Lapis-vermello disse...

Unha idea ben interesante. Bicos.

Marinha de Allegue disse...

Noraboa a tod@s os que participástedes deste proxecto.

Parabens!!.
Beijossss
:)

Torreira disse...

Compartir unha habitación con voçe neste proxecto manufacturado pola besbe foi un pracer,babel.Bico

Anônimo disse...

Tes un premio no meu blog. Pásate a ver cal é. Unha aperta.