A
Asociación Avoas da Praza de Maio foi nomeada ao
Premio Nobel da Paz, e a devandita candidatura foi aceptada polo Comité Noruegués do Nóbel. As adhesións resultan de suma importancia para que se recoñeza
o incansable labor das Avoas na recuperación e vixencia do dereito á identidade no plano nacional e internacional. Podedes sumar o voso apoio á iniciativa a través desta campaña de adhesión, escribindo a nobelabuelas@gmail.com
- incluindo o DNI- e tamén contribuír difundindo esta nova entre os amigos e coñecidos.
15 comentários:
Pois aver se hai sorte, aínda que todo premio é pouco para tantos anos de loita.
Olá
Só dizer que andei por aqui.
Creio que tudo o que se possa faer é muito pouco para quem, tanto sofreu.
Mas não fazer nada, é muito pior.
Felicidades.
Manuel
Téñeno ben merecido, son moitos anos de loita.
Unha nominación moi merecida despois de tantos anos de traballo, de sofrimento, de loitar pola xustiza.
votaria cen millóns de veces pra que se lles dese o nobel e tódolos recoñecementos do mundo a estas valerosas mulleres!!!! bicos
Merecidísimo!
As Avoas fan un traballo admirable e digno de calquera recoñecemento.
Por suposto que enviarei o meu apoio á candidatura.
Si que o merecen ben!
noraboa polo reconhecemento destas luitadoras pola liberdade e a verdade...todo chega!
Desde Galicia, parabén pola vosa iniciativa. Desde a plataforma 12 lúas convidámosvos a participar no proxecto que naceu o pasado 17 de maio. Ista é a nosa web http://12luas.blogspot.com
e o noso email 12luas@gmail.com
unha aperta
12 lúas
Déborah, que saibas que máis de un/unha nos acordamos de ti na xuntanza de Agolada ¿Non che chirlaban os oídos ou che picaba o nariz? ;-)))
Bágoas Insomnes e eu falamos un bo anaco de Fios Invisibles e Manuel Busto tivo tamén palabras para ti.
Unha aperta desde A Fonsagrada
Xa estou asinando. Unha aperta.
Facerémolo. Creo que se fose en España, non terían moito éxito pra ser nomeadas pro Nobel, aquí todo canto teña que ver ca Memoria Histórica, choca de frente cos "demócratas"
Merecido nomeamento!!!.
Apertassssss
:)
Sinto non ter pasado por aquí en tanto tempo, pero tiven tamén o blogue un pouco abandonado.
Con Estela Carlotto tiven a sorte de coincidir unha vez en Radio Coruña. Estiven falando con ela aproximadamente 10 minutos, pero cada minuto que pasaba facíame estremecer o corpo.
Nomeamentos coma este son poucos para a súa laboura.
Un saúdo.
Postar um comentário