- Norma, sabés como se dice Santiago en galego?
- No, ¿cómo se dice?
- Santiño
Santiago ten tres anos, moitos dentes e unha lóxica clara e precoz. Ana é unha amiga da nai e fala galego. Ana chámalle Santiño. Logo, o seu nome en galego é Santiño.
- Ma, sabés como se dice Los Bolechas en galego?
- Cómo?
- Os Bolechas
Santiago entenden que existen moitas linguas. Coñece o castelán e chámalle gastellano. Coñece o galego e -malia vivir na Arxentina- chámalle galego. E tamén coñece o francés e chámalle "como dice Florence".
- Me leés este cuento?
- En gallego o en castellano?
- Mejor este en gastellano y Los Bolechas en galego.
Santiago escolle.
14 comentários:
Parabéns a Santiago e a ti tamén. :-)
Santiago promete.
Graciñas polas louvanzas ao que escribín sobre os grilos.
Santiago ten sorte por poder aprender dende neno, dunha forma natural, mais dunha lingua.
Apertas para ti e para Santiño.
para os pequenos é uma herdanza fantástica ainda que nom se decatem mas de maiores sempre têm a possibilidade de escolher utilizar uma, a outra, as dúas ou todas as que aprenderem
um outro caso na venezuela: http://carilisve.blogspot.com/
beijinhos
feliz dia das Letras Galegas austrais para Santiño
A Mafalda belgalega explicaballe en lingua francesa hai uns dias a un neno da escola, de nome Mamadou: ti sabes que son aloumiños?. Non traduciu aloumiños, non. Ela navega xa ben en catro linguas, pero a dos sentimentos, a galega.
Para Santiño, aloumiños neste dia especial, perto e lonxe.
Santiago ten a sorte de medrar entre dúas culturas, pero sobre todo ten a sorte de que os seus pais se sintan orgullosos de que o faga. En Galicia, todos os nenos terían esa sorte se non fóra por...¿qué? ¿o autoodio, a rixidez mental, a falta de cultura, a cegueira...?
Eu deixei fai uns días aquí un comentario e levouno o vento, mecachissssssss.
Beijos para ti e para Santi que é un Santinho ben churrusqueiro.
:)
Que fermoso ten que ser ver medrar a un neno libre e feliz. Bicos a Santiño políglota. E moitas grazas á súa mamá por emocionarnos sempre. Unha aperta.
Tenro e con futuro, un futuro multilingue. Bicos
E nesa capacidade para poder elexir, Santiño medrará (en centímetros e máis en intelixencia).
Ay, qué tierno!
Un abrazo, Sra.Mía.
muito futuro e semente pra o nosso idioma alén do atlántico...noraboa!
Moitos pasarono mal para que Santigago escollese. Que gusto da. Eu agora tamén podo escoller. E eso tamén vai por quén me critica cando me prefiro expresarme en gastellano Emocionoume moito este post teu. (E mailo Santiño).
Postar um comentário