Ibupirac cada seis horas se me doe a cabeza, ou o corpo.
No 2007, o total das vendas farmacéuticas mundiais medrou un 6,1%, até os 681 mil millóns de dólares. A publicidade converteuse nos últimos anos na parte máis importante do investimento da industria farmacéutica, por enriba da investigación. Dende 1995, o persoal investigador das compañías farmacéuticas líderes nos Estados Unidos (que conta coa maioría das empresas máis fortes do sector) diminuíu un 2%, mentres có persoal de márketing aumentou nun 59%.
Febratic cada seis horas se o neno ten febre.
Unha investigación realizada no 2006 pola asociación Consumers International revelaba que a industria farmacéutica gasta casi dous veces máis en publicidade que en investigación e desenvolvemento. Pero o máis rechamante é que o informe tamén evidenciaba a carencia de información pública en relación aos 60.000 millóns de dólares que gasta cada ano o sector na promoción de medicamentos.
Nebulizacións con dez pingas de salbutamol cada catro horas se non podo respirar.
Dende que as empresas farmacéuticas non poden facer publicidade directa de medicamentos con receita aos consumidores da Unión Europea, os seus intentos para promocionar os seus produtos volvéronse máis enxeñosos. Utilizan puntos neurálxicos como grupos de pacientes, estudantes e farmacéuticos, xunto con tácticas publicitarias moi estudadas, e podería dicirse pouco éticas, usando sobre todo Internet a través de foros o de páxinas web de información sobre os medicamentos.
Efedrina cada catro horas para a gripe.
Ademáis, as empresas botan man dunha gran variedade de técnicas especiais cuxo obxectivo é o mesmo: aparentar que ofrecen toda a información dispoñíbel sobre as enfermidades “modernas” (sobre todo as chamadas enfermidades de estilo de vida, tales como o estrés ou os malos hábitos alimenticios), e crear demanda entre os consumidores que esixen solucións doadas e inmediatas
a esas doenzas. *
E todo sen ir ao médico.
* ANOSATERRA Nº1.323
5-10 de setembro de 2008
5-10 de setembro de 2008
7 comentários:
eu estou na cama. levo así todo o día. tumboume a gripe. tomo desenfriol e mel a cullerada limpa. cítricos. e non teño fame. só bebo infusións. e tomo un pouco de pan con chocolate. mandábache un beijo, pero ía ser vírico. así que mellor non.
É increíble os cartos que move esa industria e o pouco efectivos que son. Ese é o negocio.
es una pena que pasen estas cosas con la industris farmaceutica con la cantidad de medicamentos que se necesitan en todas partes...bicos
E iso por non falar de como se comportan tales industrias con iso que se coñece como "enfermidades raras". Lin hai tempo un artigo no que se explicaba á perfección como, ante unha nova doena, o primeiro que se analiza é o número de afectados a rendibilidade de achar un tratamento. A rendilidade económica, claro. Se a doenza é o suficientemente rara como para non agoirarse boas ventas, adeus ao tema. E así estamos: milleiros de doenzas sen cura, e, non embargante, toda unha batería de fármacos en competición publicitaria para combater un resfriado que, no fondo, pasaríaseche sen tomar nada só repousando un par de días.
Saúdos
Que pasa? Non escribes? Bicos desde o Outono galego
todos os bicos dos amigos queridos son sempre benvidos!! mesmo se traen algún virus que como dicía a miña avóa: "O que non mata, engorda".
Eu, coma vos, penso que este negocio móntase sobre o noso medo para enfermarnos na saúde e non sandarnos na doenza.
Graciñas a todos por vires por esta leira, algo esmorecida nos últimos tempos. Non marcho, non. Veño todos os días, pero chego cansa e non me chega o tempo para sachar e sementar e recoller. Pero veño, paso, padezo este desamparo.
Dende o meu punto de vista, e coma farmacéutico, aquí a esencia da profesión de "visitador médico" e absolutamente noxenta.
Non os podo soportar
Postar um comentário