16 de dez. de 2008

Un espazo para a túa creación

Saúdo con ledicia a chegada do blog da Editorial Galaxia que, como antes o de Xerais, deixan achegarse ás novas da vida editorial. Gustame mergullar pola cociña dos libros, sobre o que pensan e pescudan os editores, sobre aquela alquimia que fai posible que unha chea de follas de papel rematen sendo un volume.


Con todo, o recanto que mais que entusiasmou foi o chamado Un espazo para a túa creación que non é outra cousa que unha fiestra á edición para todos os que coma vós contades historias con xeito e con estilo. Anímovos a mandar eses escritos: o benquerido SusoLista, Torreira, a única SaraJess, Mr Tichborne (que xa sabe destas cousas), Besbe, Homes de pedra en barcos de pau, X, Anton e Marisa... e todos, que dende logo esquezo moitos.

Dalgunha maneira, estes nosos blogs están chamados a ser os primeiros espazos de publicación para moitos de vós.

9 comentários:

Antón de Muros disse...

Grazas polo convite, Torre ;-)

Unha aperta.

Antón.

Anônimo disse...

Moitas grazas de parte de Galaxia.

paideleo disse...

Isto da interrede ten muitas vantaxes.

Torreira disse...

Torre e voçe doce de leite...obrigado por lembrarse deste o seu camarada de barra.Bico alén do mar e LK

Anônimo disse...

Fantástica iniciativa.

Boas festas

Mrs.Doyle

Anônimo disse...

Un sitio axeitado para xente coma Javier Marías.
http://apostillasnotas.blogspot.com/2008/12/una-regin-ocultamente-furibunda-javier.html
Bicos e moita felicidade.

Anônimo disse...

felices fiestas. muy bueno

mamiago disse...

Feliz Año!!!

paideleo disse...

Feliz 2009.