16 de dez. de 2008

Un espazo para a túa creación

Saúdo con ledicia a chegada do blog da Editorial Galaxia que, como antes o de Xerais, deixan achegarse ás novas da vida editorial. Gustame mergullar pola cociña dos libros, sobre o que pensan e pescudan os editores, sobre aquela alquimia que fai posible que unha chea de follas de papel rematen sendo un volume.


Con todo, o recanto que mais que entusiasmou foi o chamado Un espazo para a túa creación que non é outra cousa que unha fiestra á edición para todos os que coma vós contades historias con xeito e con estilo. Anímovos a mandar eses escritos: o benquerido SusoLista, Torreira, a única SaraJess, Mr Tichborne (que xa sabe destas cousas), Besbe, Homes de pedra en barcos de pau, X, Anton e Marisa... e todos, que dende logo esquezo moitos.

Dalgunha maneira, estes nosos blogs están chamados a ser os primeiros espazos de publicación para moitos de vós.

10 comentários:

Antón de Muros disse...

Grazas polo convite, Torre ;-)

Unha aperta.

Antón.

Anônimo disse...

Moitas grazas de parte de Galaxia.

paideleo disse...

Isto da interrede ten muitas vantaxes.

Torreira disse...

Torre e voçe doce de leite...obrigado por lembrarse deste o seu camarada de barra.Bico alén do mar e LK

llll disse...

queridiña: o caso é que os que xa teñen blog e nel penduran textos literarios están xa compartindo as creacións na rede... coido que esta sección é moi acertada para aqueles aos que non lles apeteza fedellar no html e manter a ferramenta a diario. unha outra opción. por outra banda, e contradicíndome, seguramente o feito de publicar os textiños na páxina de galaxia abra portas a duplicar o número de lectores. pd: que tal as festas? eu celebro, dende hai catro anos, os "antichristmas", e comezan a ser divertidos. ando coa idea de tomar as uvas dúas veces, unha hora menos en Portugal (e en Galiza tamén, só que os de Madrí non queren enteirarse).

Anônimo disse...

Fantástica iniciativa.

Boas festas

Mrs.Doyle

Anônimo disse...

Un sitio axeitado para xente coma Javier Marías.
http://apostillasnotas.blogspot.com/2008/12/una-regin-ocultamente-furibunda-javier.html
Bicos e moita felicidade.

Anônimo disse...

felices fiestas. muy bueno

mamiago disse...

Feliz Año!!!

paideleo disse...

Feliz 2009.