2 de mar. de 2009

Cremos nisto

Hai algúns días, laiábame diante da posibilidade (hoxe certa) de que mudasen os criteros cos que nos últimos catro anos se traballou no eido da cultura na diáspora. Se antes todo eran gaitas, festas, comidas e todos a pedir cartos, a administración que marcha fixo o intento de imprimir unha idea ben distinta: actual e non morriñenta, profesional e cunha perspectiva universalista, respectuosa da memoria pero non por iso negada ao futuro, ecuánime e abarcativa. Houbo quen deixou de recebir cartiños daquí e cartiños dalá. Houbo quen perdeu a posibilidade de apañar materiais que tiñan outros destinatarios. E houbo quen se revelou contra os requisitos de presentar facturas, documentos e informes, como pasa en calquera Estado serio, se se pide unha subvención. Pero tamén houbo moitos que valoraron o trato dende a dignidade.

Laiábame diante da posibilidade de que o pasado volva e que nos mostre que nada aprendimos. Foi entón que o meu interlocutor me apuntou: "Estamos nisto porque cremos nisto. Forma parte de nós, da nosa identidade, das cousas que lle dan sentido ao noso traballo e á nosa vida. (...) Non hai razóns para o desánimo".

Egadía o seu propio desexo e unha verdade enorme: "Oxalá non se torzan os camiños que se iniciaron. En parte tamén depende de nós, de que os reclamemos, de que fagamos cousas e llas poñamos diante, para que vaian vendo o que hai e, sobre todo, o que pode dar de si este camiño, que non é incompatible con outras actuacións".

Confío cegamente nesta persoa. Confío cegamente na potencia da nosa lingua e da nosa cultura. Xa que logo, confío na forza do traballo comprometido a prol do único idioma, da única literatura, da única música, da única pintura, da única arquitectura e da única historia que é quen de falar de nós . Con máis empeño que antes, eu sigo aquí.

.

10 comentários:

Antón de Muros disse...

Ola, Torre, se viches que nos derradeiros catro anos houbo un progreso na utilización dos recursos, agardo que nos vindeiros catro non haxa volta atrás.

É unha mágoa desaproveitar os cartos e unha tentación moi forte para os funcionarios utilizalos como ferramenta de poder para mercar votos...

Unha aperta.

PD: eu tamén sigo aquí e o meu único compromiso é coa identidade que sementaron os nosos devanceiros.

Antón.

paideleo disse...

Claro que si !. Tampouco é para tanto este cambio de poder.

condado disse...

Eu tamén sigo, bueno, un pouco máis acá, un pouco máis crítico ca ti polo que vexo e cunha pouca máis de sorte posto que me vexo en Rosalía e me vexo en Delibes e me vexo en Velazquez e me vexo en Pousa e me vexo nun pequeno relato gráfico de L.Bacelo e me vexo en El Sur e na cunca tinto de condado e nos arxentinos riojas, nos ollos indíxenas de Cuzco e nos da África que retrata Salgado...

Jose disse...

Debora:

Lamento ser pesimista, o realista?(recuerdan aquello del realismo politico), pero el panorama es una vuelta a lo de antes.
Quizas podamos confiar en el nuevo presidente "da Xunta" (yo confio!!) pero la confianza en las "instituciones de siempre" y sus personeiros en nuestro pais quien nos la devuelve.

Lo que se viene son mas quiosquitos como aquel de la calle Pasco, mas fotografos oficiales con nombre de pez, mas libros laudatorios (esta vez acerca de la galleguidad de Feijoo)y vaya a saber que mas cousas...

Lo que nos queda es no callarnos y denunciar siempre el monopolio de ser gallegos que detentan algunos de nuestros viejos conocidos.

Un abrazo

Xose

albixoi disse...

Excelente post unha vez máis. Reafirma as miñas conviccións.

Anônimo disse...

Agora mesmo estamos entre a "espera" e o "desespera".

Cuspedepita disse...

Como dicía o título dunha entrada que lin nun blog amigo estes días, este pode ser, e seguramente será, o "retorno ao óxido", pero tamén creo que Feijoo xa sabe que en catro anos as eleccións pérdense de xeito moi doado, e agardo que teña algo de sentidiño e visión de futuro.
Se algo me amola dos cambios de goberno (por máis que os recoñezo necesarios cada certo tempo) é esa manía dos políticos(de todos) de derrubar ou ignorar, ou desatender, o construído polos anteriores, porque iso converte a Galicia nunha Penélope que tece e desfai eternamente, sen que nunca se vexa nada rematado e crea unha situación de perpetua inestabilidade ("¿E agora qué?") moi pouco propicia para o progreso e a creatividade.

Suso Lista disse...

Eu tamén sigo aquí. Ánimo

Clara Flor disse...

E como o anterior, tamén sigo aquí. A seguir traballando que hai moito que facer, con resistencia e liberdade.Bicos

Veloso disse...

É o tempo da responsabilidade cívica. Que non decaian os ánimos!