18 de mar. de 2009

Matemática

.
Só o 25% dos habitantes das cidades emprega habitualmente o galego

+


O PP esixe que se limpe un monumento franquista

___________________________________

Galicia é a comunidade con más deprimidos de España



Titulares do xornal El País de hoxe
.

12 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Tampouco fagas caso do que din os periódicos. Normalmente so traen tres verdades: o prezo, a data...e as esquelas!!

(Galicia, chovendo ou con sol, é o paraíso.)

Repite o pracer de vir á Chousa de visita cantas veces queiras. Hai reciprocidade na sensación

Antón de Muros disse...

Algunhas veces a matemática non é unha fonte de ledicia.

Unha aperta.

Antón.

condado disse...

Mais ben o titular sería:
O CABREO POS-ELECTORAL AFECTA Á PRESBICIA.
O digo polo tamaño das letras e tamén da conclusión...
Ánimo!

Veloso disse...

O 25%? Non sei, falando de Ourense paréceme pouco. Falando de Vigo, moitísimo. Eu estiven a piques de entrar na confraría dos deprimidos, pero ao final decidín que pagaba a pena conservar o bo humor e o espírito de loita. Unha aperta.

Cuspedepita disse...

Si creo que hai unha relación directa entre os sumandos e a suma, anque a simple vista puidera parecer que non. A baixa autoestima ten estas cousas...
A porcentaxe, desgraciadamente, é inversamente proporcional ao grao de desenvolvemento da cidade, e ao nivel de industrialización, xustamente ao contrario doutras comunidades.

Suso Lista disse...

Creo que pronto vai haber que añadir mais cousas a suma e ao resto. Bico grande

Anônimo disse...

Por iso este país precisa menos matemáticas e máis poesía.

Xosé Manuel Carreira disse...

Carallo, como para non deprimirse. Apúntome á fluoxetina.

Marinha de Allegue disse...

Minha ben querida Débora, imos ir vendo os resultados dos cálculos...

Beijinhosssssss.
:)

busto.agolada disse...

As cousas sonche ben distintas vistas desde Madrid.
De todos xeitos, si hai razón para pensar que non andamos ben: A min non me ilusiona nada o cambio de goberno e a suma da crise dá un panorama pouco alentador.
Pero para iso está o noso ánimo optimista e positivo.
Moitas apertas.

mamiago disse...

En este enlace tienes un regalo para ti

torredebabel disse...

Graciñas a todos polos vosos cálculos, sumas e restas. E graciñas a mimiago polo agasallo!