4 de mai. de 2009
«Aprendámollelas de verdade»
«Bueno, as primeiras grazas teño que darllas a Xaime Fandiño que foi o primeiro que me deu choio nisto hai xa uns cantos anos. Grazas Fandi por non deixar que me dedicase á hostalaría.
E despóis, estou eu completamente dacordo en que os mellores comunicadores da televisión están no país dos pequenos, ananos, e son esa rapazada tan espontánea, tan sincera, tan esperta e que fala tan ben galego. Pero teño que advertirvos que a fotografía non está completa de todo. Durante o noso traballo, démonos de conta de que xa hai moitos nenos e nenas entre 6 e 11 anos que non saben falar en galego. Non é que o falen mais ou menos, non é que teñan unha actitude mais ou menos positiva, senon que non saben, porque non lles aprenderon nin na casa nin na escola.
Isto non se escoita en ningures pero creedeme eu seino, contovolo aqui.
E se algo teñen os cativos é capacidade para aprender. E sería triste que os grandes decidísemos por eles que saber galego é un coñecemento prescindible, no que non é necesario chegar á excelencia, ou que iso quita tempo para outras cousas, porque o coñecemento sempre suma e é o coñecemento e non o descoñecemento o que nos fai libres e só quen sabe pode escoller. Seguro que absolutamente todos estamos darcordo na total capacidade dos nosos nenos para falar con soltura en galego, en castelán, en inglés e en cantas linguas queiramos aprenderlles. Pois aprendámollelas de verdade.
Asi que eu quería darlle as grazas ademais de a todos os que traballan e traballaron no país dos pequenos aos que a min me aprenderon primeiro esas tres linguas: a Nélida e Manolo, meus pais».
Belén Regueira
ao coller o seu premio Mestre Mateo á mellor comunicadora da televisión polo programa O país dos ananos (TVG)
.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
4 comentários:
Eu creo que iso de que os comunicadores do país son ananos e viven no país dos ananos vai con segundas. Sobre todo se pasas pola cafetería da crtvg. Acábache a moral polo chan.
Paréceme unha rapaza moi interesante Belén, por como o di, polo que di...Molaba de compañeira de cañas e tertulias :)
Oxallá houbera moitas Belen Regueira para decir as cousas asi de claras e tan certeiras.
apertas.
As verbas, o ton, como as dixo... emocionan.
Postar um comentário