Nos tempos de moita pobreza, gárdabase como un tesouro entre as roupas boas, non as do diario. E algo diso quedoulle asociado porque xa na Arxentina, ainda era costume gardalo no ropero para perfumar. Algunhas veces, a miña nai lavaba as mans con el. Pode que fosen ocasión especiais. Pero eu non o recordo. Si gardo, en cambio, o perfume desas mans. Ángel deume, fai uns días, un pequeno jabón deses. Fora da sua nai. Estaba vello. Tiña, coido, mais de vinte anos. E ainda bañou todo o cuarto e toda a miña memoria daquel perfume. Vostedes poden cheiralo?
20 comentários:
eu aínda debo de ter algún pola casa. Lembro ise xabón de maos e tamén moito o xabón 'lagarto' e o feito na casa con unto.
Graciñas por facerme lembrar olores e cheiros lonxanos.
feliz ano!
Algo me huele, pero yo soy más de Nenuco!!!
Poido cheiralo, si. Transpórtame ao cheiro da roupa da miña avoa materna. Tiñao nos armarios coa roupa de vestir e nas huchas coa roupa da cama.Incluso os reis traíanlla colonia igual de regalo con dous panos.
Un beijo para Eloisa e outro para ti Torredebabel.
:)
A pesar da catarreira, algo me chega do recendo. Aproveito para reivindicar o Varón Dandy, unha colonia masculina que se vendía en frascos de litro e medio. Hoxe, Torredebabel, espertaches en min o mundo das sensacións olfativas. Un saúdo.
A miña nai (e eu tamén, por herdanza), tamén pon un xabrón entre a roupa. A marca segue a existir, pero non é o mesmo, ou é que nada pode parecerse ás nosas lembranzas. Bicos dende moi cerca de Pravia.
Tamén eu pode cheiralo. Perfectamente. E trouxome o recordo dunha amiga da adolescencia que sempre cheiraba a él.
Tamén recordo o de Varón Dandy que diu Veloso, e que foi unha das primeiras colonias que lle regalei o meu pai.
Señor, cantos recordos de golpe...
Bicos.
na minha casa era la toja eau d´shabrom máis bem...este em contadas ocasioms...
Gracias a todos por os seus propios cheiros con história. Non sabía que iso que gardar xabóns nos armarios fose algo tan pouco orixinal pero deume moita alegría ter eses mismos recordos que vos. Graciñas a todos!!!!!
Eu non gostaba do Heno de Pravia, non sei por qué. Quizáis polo dos armarios, resultábame pesado. Pero, coma sempre, o contas realmente ben :)
Unha aperta.
Eu traballo nunha perfumeria, asi que de cheiros estes días, como que estou un pouco farto.
Que texto tan bonito...
A min aínda me gusta gardar xabrón entre a roupa...
Na nosa casa sempre foi LUX (había 3 mariñeiros da mercante na casa, que o traían), pero si que se gardaba nos roupeiros.
O que me sorprende deste post é a casualidade de que na viaxe de volta de NY a Madrid que acabo de facer roubei un xabronciño Heno de Pravia do baño do avión, fíxeno polo ben que sempre me arrecendeu... e agora estouno arrecendendo mentras escribo isto...
É que hái xabróns e xabróns...
Lembro un con recendo a amorodos que me tiña de todo punto seducido. Daban gañas de meterle unha tallada mentres se frotaba a un, debaixo da ducha e a auga quente...
E nembargantes, o Compañeiro de Bos Momentos e mellores Olores vaise apagando, como chama, ata non ficar máis que unha minúscula codia...
Por desgraza, xa non os teño, pero aínda meto xabón desa marca entre os xerseis e as camisetas. Son cousas, boas, que quedan da infancia.
eu coma o neno da norita fun de lux. pero si me perguntaran agora mesmo diria que os xabróns do recordos arrecenden todos iguais.
un saudiño.
Hoxe mesmo regaláronme tres xabóns mmmmmmmm, un de rosas outro de pomelo e outro de té e azahar...
Que delicia!!.
Desde aquí e con estes arrecendos espero que non tardes de voltar guapa.
Unha aperta de azahar.
:)
torre de babel xa non escribe?
:(
Gracias a todos polas visitas. Estou de vacacións polo que levo moitos días lonxe do ordenador (unha boa cousa para a miña cabeza!! Gracias por preguntar, Sara!) e con iso perdín de responder todos estes fermosos comentarios. hojasdehierba é como dis, o cheiro do Heno de Pravia é pesado, forte. Un deses perfumes que non se poden esquecer. Tamén por iso concordo con FraVernero cando di que daban gañas de meterle unha tallada mentres se frotaba a un. Máis alá, non sabía o do teu traballo pero penso que debe ser fascinante! Penso que poderías escribir un tratado sobre a antropoloxia das persoas e as suas ideas sobre os perfumes! Ola Laurindinha! Naufrago! Ata en iso tan sinxelo como deixar un xabrón entre as roupas estamos uns e outros conectados.
Como conta tan ben o nenodanorita, o asunto era tamén con outras marcas, claro. O LUX coido que era cousa ainda mais cara, non si Maria?
Ola Marinha, nunca tiña ouvido dos xabóns de té e azahar. A ciencia vai moi rápido para a miña humanidade tan pouco científica…
Non hai moito aínda vin algún taco destes no cuarto de baño
Os teus relatos son moi entrañables e seguirei léndoche con máis asiduidade, xa o facía antes, de feito, poucos días despois de inserir o teu primeiro post.
A miña nai tamén usaba Heno de Pravia, recordos afastados que se agolpan agora co recendo.
Postar um comentário