30 de jan. de 2006

Unha rede de manías

Díxome o meu home que son moi maniática mentres el non ten teima nenghuna. Eu penso que el repara máis nas miñas obsesións do que eu nas de el. Pero tamén pode ser que, efectivamente, eu sexa mais obsesiva e ponto. O certo é que pasei un bo rato procurando algunha cousa repetitiva, algo toliña e absurda que el faga a cotío pero todalas que lembraba acababan sendo miñas. Por iso, o difícil do xogo ao que me convidaron Marinha, o nenodanorita e Mr. Tichborne non foi atopar algo que contar senon só anotar cinco desas tolemias cotidians.

1- Teño unha lista de manías da ama de casa que non sou: non saio do cuarto sen facer a cama ainda que fose por un terremoto; non deixo que ninghuén lave os pratos da miña casa polo que teño na familia unha fama de tola á que non se lle pode tocar nas cousas; non tiro unha cerilla sen antes molla-la polas dúvidas; e lavo todala roupa do meu fillo á man.

2- Tamén desenvolvin co tempo e os anos unha morea de manías numéricas: fago contas e relacións cos números e as letras das matrículas dos coches e atopo cousas sorprendentes e totalmente inutiles; gardo os boletos das viaxes ao traballo se penso que teñen algunha particularidade como números repetidos, o mesmo ao comenzo e ao final ou calquera outra simetría (cousa moi normal porque teñen cando menos seis cifras); e adoptei o número once como sinal se sorte e sempre que aparece síntome tan segura de que todo vai sair ben que –claro- todo semellame que foi do mellor xeito que podería ser.

3- Coido que como moitos xornalistas, teño a manía por gardar todo. E cando anoto “todo” é todo, todo. Gardo todalas cartas, todolos mails, todolos chats e todalas mensaxes que recibo para espanto dos meus amigos e parentes que van tendo co tempo mais e mais medo das cousas que algunha vez puideron decir. A teima vale tamén para os xornáis, revistas, libros, papeis para envolver agasallos, paquetes, notas dos alunos da universidade dende fai oito anos, tarxetas e cintas dos agasallos que recibo e calquera outra cousa que me semella imprescindible para vivir. Tamén teño a manía (cara, teño que deci-lo) por mercar de novo calquera libro que quero ler de novo. O asunto limítase aos libros arxentinos porque os galegos non chegan a Bos Aires e, os que se venden no Centro Galego, son moi caros. Pero non podo ler duas veces o mesmo libro porque fago marcas, anoto cousas, deixo papeis sinalo as ideas e, nunha segunda lectura, todas aquelas pegadas interrompen e condicionan a nova lectura.


4- So podo vivir nun mundo ordenado. As cousas teñen o seu lugar e paso boa parte do día pondo, levando, traendo e acomodando. Gardo as roupas pola sua cor. Cando ando pola rede, vou pasando polas páxinas no mesmo orde: primeiro o correio, logo os xornais e revistas, os blogs no seu orde tamén e finalmente as cousas novas. No traballo, non podo comezar un artigo se non escribo primeiro:

VOLANTA

TITULO

COPETE

TEXTO

RECUADRO 1

TITULO

TEXTO

RECUADRO 2

TITULO

TEXTO


ten que ser así: verdana 10 maiúsculas e unha palabra debaixo da outra para logo ir completando co contido da noticia. E coido que xa vai quedando claro por qué temos tanto psicólogo na Arxentina, non si?

5- Finalmente, teño a obsesión de decir que non teño manías.

Ainda que a maioría xa o fixo, coido que non contaron as suas hojasdehierba, nacho, Carmiña, nemeth e cousas miñas. E ainda que só sexan cinco os convidado, tamén FraVernero e Iria. Se queredes compartilas, vai a invitación.

10 comentários:

hojasdehierba disse...

Agora xa non quedou máis remedio que facelo ;)
Unha aperta (ten que dar gusto vivir contigo, con todo o que traballas na casa... se non fora porque se me da ben cociñar, eu sería a peor do mundo mundial ;) )

acedre disse...

Pois menos mal que non tes manias !!!.
Para min que levas o primeiro premio de maniatica !. O de mercar un libro que xa leches de novo para relelo...esa si que foi boa.
Un saudo.

TXARI disse...

teimas concisas e detalhadas, e polo que pareçe lévalas con orgulho, muita orde, non?...

Anônimo disse...

Coincido con Satine. As manías transfórmannos en persoas peculiares e únic@s. Temos que crer niso.
Na variedade está realmente o gusto, cada quen vai coincidindo nalgunhas pero non en todas o que certifica a autenticidade.
Eu coincido contigo na terceira na de gardar e apuntar todo (coido que é unha manía moi feminina).
Sería moi interesante facer un estudo sobre as manías en función do xénero.
Unha aperta grande.
:)

Laurindinha disse...

Eu tamén teño unha certa tendencia a gardalo todo pero, como a dura realidade é que non teño espazo para todo, teño que controlarme... Digamos que é como se lle outorgase demasiada vida ós obxectos e logo me dese pena despedirme deles...
Confeso que as túas manías son unhas señoras manías!!

FraVernero disse...

Que extendido o das manías!
xD
Xa levarei dous ou tres blogs sacando os meus trapos suxos por aí...
Mais un non se resiste ás invitaciós, así que:

1.- ultrarracionalizalo todo, sobretodo aquelas cousas que non se poden racionalizar (os sentimentos, as relacións interpersoais).
2.-Mirar descaradamente ás mulleres atractivas.
3.-(só cando estou aburrido na casa) discutir só, en alto e comigo mesmo sobre temas varios.
4.- (superado) pasarme a lingua polos labios rápidamente cando estou nervioso.
5.- idem, subir as gafas sobor da ponte do nariz nas mesmas circumstancias.

Anônimo disse...

Ola. As miñas manías xa as teño escritas (a instancias do señor Acedre). Velaí:
http://blogs.ya.com/dalledalle/200601.htm#144
Unha aperta

Anônimo disse...

Queridiña, sintindoio muito, xa confesei cinco das miñas manias...
De todas maneiras agradezo que tacordaras de min.
Das tuas coincidimos na de facer a cama e a de escribir e anotar nos libros.
Bicos.

torredebabel disse...

graciñas a todos polas vosas manías, as vosas histórias e polas visitas e a compañía. Como xa dixeran, son estas cousiñas tolas que todos facemos o que nos volve diferentes e únicos. Moitas gracias a todos!!!

Nemeth disse...

vivan as nosas teimas, os nosos defeutos, as nosas virtudes e as nosas rutinas. Como din por aí arriba, fannos únicos, especiais e interesantes. Imaxinai se todos foramos iguais...
apertas