6 de jul. de 2006

Fíos invisibles

Xulia medra as veces en Bruxelas e as veces en Vigo. Santiago crece en Bos Aires. Xulia estase despedindo dos dous anos para facer o luns os tres, mentres que Santiago non sabe que esta fin de semana quedanlle ainda dous meses para chegar aos dous anos. Xulia fala galego e francés. Ou as duas linguas xuntas. "Bolborettes", dí. Santiago está aprendendo a falar e as poucas palabras que dí son en castelán. Sen embargo, cando alguén pregunta o seu nome, el sonrí e responde: "Iagoooo". E ten un sorriso fermoso e auténtico como o de Xulia. Fai un tempo, unha amiga regaloulle a Santiago un libro dos Bolechas. A él gústanlle moito os libros e cando mira ese, pon o dedo sobre o can Chispa e di: "Bababau". Logo pasa ao bebé da familia e dí: "Tatá". E como o nome de Pili e Loli non é capaz de decilos, pousa o dedo sobre eses debuxos cando alguén os lee. En Bruxelas ou en Vigo, Xulia pide un conto cada noite. As bandas deseñadas de Mafalda aínda non llas leen porque falan dun mundo que chegaralle o tempo para coñecer. Pero sabe ben que é a nena mais famosa da Arxentina porque se lle parece moito e porque ten unha boneca coa que durme ás veces. Por iso, cando chega o momento da historia que a levará á terra dos soños, Mafalda deixa o lugar a unha princesa oriental contada en castelán pola autora María Elena Walsh, un clásico na quinta provincia, nun libro que lle foi regalado dende Bos Aires. Fíos invisibles entre a Mafalda galega que vive en Bruxelas e o Bolechas arxentino. Fíos invisibles entre os galegos do mundo. Gústanme moito estes fíos invisibles.
adicado á admirada Anita

12 comentários:

Anônimo disse...

Comparto contigo ese gusto polos Fíos invisibles que tanto nos achegan.

Un Beijo grande para Iagoooo e outro para ti.
:)

Mr Tichborne disse...

Gústanme tamén eses fíos invisibles, suaves como a seda e fortes coma arames.

Anônimo disse...

Os fíos invisibles, teñen características peculiares que os fan moi resistentes.
Un saúdo

Anônimo disse...

Non sei como o fas, pero eses fíos teus sempre me fan cosquillas no corazón.
Bicos.

FraVernero disse...

Faremos unha teoría das Supercordas arredor destes teus fíos invisíbeis...
xD

Gusta imaxinarte como unha malévola marionetista, movendo as cordas dos bonecos nun teatro de Barraca de Feira, coas marionetas de porcelana da Commedia del´Arte nunha danza extasiada e frenética...
Tamén faremos sitios para unha boneca de Mafalda na estantería.

Anônimo disse...

Festival Heineken Paredes de Coura`06

15 de Agosto
18.00h

Escenário Heineken

Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez

Escenário After-Hours
X-Wife
Digitalism

Jazz na Relva

Zé Eduardo Unit



16 de Agosto
18.00h

Escenário Heineken

Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Gang Of Four
Eagles of Death Metal
We Are Scientists
Members of The Public

Escenário After-Hours

Panico
Dj Kitten

Jazz na Relva
4walls


17 de Agosto
18.00h

Escenário Heineken

Bauhaus
The Cramps
!!!
Maduros
Elefant
Shout Out Louds

Escenário After-Hours

Selfish Cunt
Justice

Jazz na Relva
Insert Coin

nenodanorita disse...

Creo que son dos poucos que tiven a sorte de ver os claros e alumeantes ollos de Xulia e Santiago, a ilusionante semente da Galiza Universal que con eles medrará, chea de fios invisibles. Unha apreta, tanto tempo despois...

Anônimo disse...

Non deixes de pensar na idea que comentamos en "o que queda do naufraxio". Eu de xornalismo nada de nada, pero si tí tes algunha idea para un novo fío invisible...

torredebabel disse...

Grazas Marinha, Mr Tichborne, SZ, muralla, FraVernero e Termi por compartir comigo estes fíos teñen dous cabos, os dacá e os dalá, só porque estades aí. Moitas grazas e sempre son poucas!

Grazas a FraVernero polo debuxo da "malévola marionetista, movendo as cordas dos bonecos nun teatro de Barraca de Feira". Fixechesme lembrar a Federico García Lorca cando, de neno, quedou fascinado cunha desas compañías de titeres que percorrían o estado e quen dubida que foi aí que naceu o poeta?

Jan, mándame ao meu correo un enderezo a ver se che mando algunha Mafalda que peche o oco que deixou ese libro que perdiches por ser xenerosa!! Fíos invisibles tamén entre os admiradores desa nena marabillosa e a tropa toda que Quino lle puxo ao redor!

nenodanorita! que bo que esteas por aí. Tes razón: dos amigos do blogomillo penso que ti es o único que coñece a este Bolechas arxentino e (moito mais) á Mafalda galega. A ver se algunha vez coñecémonos todos por Vigo ou por onde sexa, non si?

F. Miguez, pois facemos un bo equipo ti, pés de naufragha e eu para dar forma a esa idea... só é cousa de porse e traballar, non crees? Ademais, sería estupendo que puidese chegar aos nenos galego da terra pero tamén aos da diáspora sementando amor pola sua galeguidade... Que che parece?

Anônimo disse...

A min paréceme ben, cando queiras poñémonos en contacto e mans á obra.
apuntablog@hotmail.com

Nemeth disse...

eu tamén lle agasallo aos meus sobriños os bolechas. aínda que moren na galiza física, están lonxe da galiza que soño... non entenden o que len!

unha aperta de reencontro!

Roi Buligan disse...

Que meniños tan riquiños tés!!! Mafalda tamén me gostaba de neno menos candos se poñia resabiada de mais...mágoa que o máis antipático da serie este inspirado en un galego (pode que se saque de quicio)