"Creo que as nacións hoxe non son territoriais e definidas. Somos arco irís, o touciño entrefrebado. Son o que cada un quere que sexan. Antes, as identidades, por exemplo lingüisticas estaban moi claras. Ou falabas español ou inglés ou francés ou galego... Agora, falamos varias.... e cantas máis mellor. Se eu falo inglés, son un pouco inglés, se me río cun senegalés, son un pouco senegalés. Igual que a identidade lingüística é xa persoal –que linguas falo- a identidade nacional, tamén é algo persoal. ¿Nacionalidad? Terrícola. Nacionalidade? As miñas fillas. Nacionalidade? A miña muller".
Afonso V.Monxardin
5 comentários:
Feliz día da Galiza! :D
Feliz Día da Patria na compaña dos teus!!!.
Unha aperta grande e forte para ti e un beijo moi agarimoso para Santi no día da súa onomástica.
:)
Que tal o día da Patria por Arxentina? Eu estiven en Santiago, coma sempre, na praza da Quintana e na Carballeira de San Lourenzo.
Que neniño tan bonito tes... agardo que fose un fantástico día da Patria para os tres, e que así sexan moitos máis. Bicos!!!
nom posso se nom firmar íntegramnete o que dis...pero o que son sono e nom podo deijar de selo...
Graciñas polas vosas palabras e tamén por formar parte da miña patria. Movil, non xeográfica senón emocional, fermosa e espallada.
Postar um comentário