¿Estan envellecendo os centros galegos? A pregunta non é nova, pero poucas veces atopa unha resposta sincera. No ensaio "O papel de Internet na conservación da cultura e identidade galegas entre os descendentes dos emigrantes" o fundador do colectivo Fillos de Galicia, Manuel Casal Lodeiro, di algunhas cousas interesantes.
No artigo que levou o Premio de ensayo "Galeguidade" 2003 de la Xunta de Galicia, o autor asegura que "as cifras dos socios totais inscritos en cada Centro Galego poderían engadir outro motivo de preocupación: nunha grande maioría estase a dar un moderado pero continuo descenso nas últimas décadas. Ás veces o número mantense, pero a costa de se reducir o número de galegos e aumentar o doutras procedencias".
Certamente, o futuro non parece moi prometedor: "Moitos centros están destinados a desaparecer nas próximas décadas, por falta de socios preocupados por manter na emigración a cultural galega, aínda que algúns procederán como foi habitual historicamente a se fusionar con outros para pervivir ou a diluíren os seus obxectivos culturais dentro dunha captación de emigrantes españois sen distinción de orixe. Pero as desaparicións van facer que os que si senten esa inquedanza, non vaian dispoñer dun acceso a esa cultura como o que proporcionaban os centros", denuncia Casal Lodeiro.
E engade: "Esa galeguidade orfa, sen pais nin avós que sigan a aliementar a súa identidade como galegos, sen centros onde acceder á relación social con outros galegos e mais á cultura (por medio dos cursos, actividades, bibliotecas, etc) van precisar outro tipo de acceso a todo o galego, de feito estano xa precisando en moitos lugares do mundo. Velaí onde Internet pode aportar moito".
No mundo do futuro (máis próximo que futuro), pensades que ten futuro a cultura galega fora de Galiza? De quén é a responsabilidade de garantir a sua presencia en cada lugar do mundo onde haxa -cando menos- un galego? Canto facemos os galegos pola nosa identidade? Quen pensa hoxe honestamente nos galegos da diáspora (nos vellos -os dos barcos, a fame e a guerra- e nos novos -os políglotas, profesionais con maestrías e empleos mileuristas sempre fora da terra, moitos fora do Estado-)?
11 comentários:
teño que recoñecer o meu descoñecemento da situación que se atravesa nese eido... ahí ti poderás informarnos con mais coñecemento de causa, dende aquí todo son fogos de artifício...
saúdos.
Sin ánimo de ser pretencioso, coido que che podo contestar á pregunta "¿De quén é a responsabilidade de garantir a sua presencia en cada lugar do mundo onde haxa -cando menos- un galego?"
Na miña opinión, a responsabilidade é de ese galego, de que se sinta orgulloso de selo, e que o "practique" con regularidade.
Hai un potencial enorme na emigración: os que deciden quedar no estranxeiro, son os mellores embaixadores e representantes da Galiza, os que deciden voltar aportan coñecemento de primeira man doutras realidades sociais e económicas.
Temos que aprender a facer marketing do que temos, como os irlandeses, e facer da nosa diferenza cultural, da nosa mestizaxe co país de acoliida, unha vantaxe competitiva que se traduza en riqueza económica. Nun mundo globalizado ser diferente é ser existente.
Eu non teño dúbida de que o futuro da Galiza está moi vencellado a aproveitar os excelentes recursos humanos que temos espallados por medio mundo.
Non creo que os galegos no estranxeiro sexan un tema de preocupación real nin para o conxunto da sociedade galega nin para o seu goberno.
Durante un tempo tiven relación cun centro galego no exterior. Era un territorio decadente, probablemente cerrará as súas portas en non moito tempo, en canto xa non haxa quen vaia xogar a partida. Poucas persoas atopei nel interesadas pola realidade galega actual se quitamos ao seu presidente. Constame que outros centros galegos funcionan de moi diferente forma. O agrupamento de emigrantes no exterior obedecía a diferentes intereses, axuda mútua, lecer compartido, vantaxes dalgún tipo... sería cuestión de ver cales deses intereses teñen ou poden ter futuro e se poden aparecer outros novos que o xustifiquen. Un saúdo.
Eu vexo difícil manter a cultura galega fóra de Galicia (xa é difícil mantela na terra ) pero é cuestión de vontade coma a que demostras ti día a día, posteo a posteo.
Un saúdo.
Non é sinxelo manter unha cultura en casa propria mentras nos destrúen todo, a identidade, a terra, o mar...Aínda así aínda quedan illas que resisten ( coma ti ). Un saúdo e agárdote en Godot.
todo impulso é pouco, o caminhop faise caminhando e é aí onde se atopan as dificultades a sortear...
O pobo galego ten unha inexplicable mentalidade suicida que o fai impermeable aos seus propios sinais de identidade. Doutro xeito non se comprende esta indiferenza colectiva polo noso monte, polo noso mar, pola nosa lingua e polos nosos emigrados. A pesar de todo, creo que aínda hai esperanza. o feito de que esteamos a falar do asunto é unha boa proba. Un saúdo agarimoso.
Os centros galegos como embaixadas paralelas ao poder do estado sen embaixadores ,con capacidade para xestionar e dar servizos aos emigrantes e dinamizar comercialmente a actividade económica da emigración no lugar.Funcionalidade e raices,memoria e presente...que serio me estou a poñer mais coma fillo de emigrante nacida en caracas...abandono por uns intres a botella de ron para mergullarme nestes temas...
Por certo,a recomendación leida de que a solución pasa por estar orgulloso de ser galego e practicar con frecuencia...cando falamos de practicar a que nos referimos exactamente ?(ao mellor se é a maneira pangalaica de exercitarnos nas baixas paixóns apoio a moción)
Moitas gracias polas vosas respostas. Eu, claro, vexo en internet unha máxica garantía da supervivencia da cultura galega fora da terra. Claro que, como dí F. Miguez, a responsabilidade é nosa, dos galegos e galegas do mundo. Pero, penso eu, ninguén traballa por unha cultura que non coñece. Niso, hoxe, coido que temos un aliado. E está nas vosas páxinas!
Postar um comentário