12 de nov. de 2006

Un roteiro de libros

Eu diría que os contos de Borges, calquera e todos; Boquitas Pintadas, de Manuel Puig; Historias de Cronopios y de Famas, de Julio Cortazar; contos de Abelardo Castillo (lidos por Angel, neses máxicos momentos nos que transformase nos protagonistas); contos de Rodolfo Walsh e as súas novelas Operación Masacre e Quien mató a Rosendo; La novela de Perón e Santa Evita de Tomás Eloy Martínez. Esa sería a miña suxestión, se alguén quixera formar un grupo de lectores non profesionais de literatura arxentina. Pero o asunto é que ando cunha idea a voltas, buscando interesados e buscando un roteiro de libros (contos, novelas, poesía) para compartir, comentar, opinar... espallar neste recuncho galego a lingua e as letras, as clásicas e as novas, as famosas e as que non o son. Todas. Cal sería a vosa proposta? Qué lecturas vos parecen apropiadas para enamorar aos lectores arxentinos que se achegarán deste xeito á literatura galega?

28 comentários:

Anônimo disse...

Acho que Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza, habialles gustar bastante aos arxentinos.

Clara Flor disse...

A Esmorga, de don Eduardo Blanco Amor, sen dúbida. La Parranda, creo que era a traducción.

Torreira disse...

Sinto non ser orixinalmais eu coido Babel que O lapis do carpinteiro de Rivas era unha boa opción

Moralla disse...

Eu elixiría "O crepúsculo entre as formigas" de Ferrín en prosa pola súa orixinalidade. Algunha de Roberto Vidal Bolanho en teatro pola súa liberdade de creación. En poesía, sen dúbida "Non o abras como unha flor" de M.X. Queizán, polo seu magnetismo, forza e mensaxe feminista, ou tamén "En concreto" da falecida Luisa Villalta, pola súa riqueza de contido críptico pero único e diferente. De ensaio elixiría o libro de Xavier Seoane "O sol de Homero:unha defensa da poesía", magnífico, eu lino dun tirón e aportoume moito a nivel poético, pero tamén a nivel humano e filosófico. E síntoo, pero non podo esquecer "A esmorga", do gran escritor da miña terra, Eduardo Blanco Amor.
Unha aperta, ruliña

Moralla disse...

A nivel político e histórico "Sempre en Galiza" de Castelao. Filliña. é que hai demasiados. Gustaríame que me recomendasen algúns no meu blog da túa terra. Moitas grazas :-)

Elianinha disse...

Pois eu coméntoche que os contos de Dieste, dos que Cortázar era un grande admirador, Dos arquivos do trasno, sería unha boa recomendación. Son moitos os emigrados galegos que pisaron Arxentina e cos que os lectores poden compartir referentes: dende Castelao, ata Neira Vilas, Lorenzo Varela, o propio Dieste...

moucho branco disse...

Poesía Celso Emilio, sempre...
Prosa Blanco Amor, Ferrín e Castelao son boas opcións.

un saúdo.

Veloso disse...

Súmome ao entusiasmo por Blanco Amor, Navaza, Ferrín, Celso Emilio e Dieste. De Castelao paréceme moito máis interesante a súa condición de autor de relatos breves cá de teórico político. Engado un escritor fundamental: Carlos Casares. Postos a escoller, quedo con "Os escuros soños de Clío", aínda que case podería valer calquera dos seus libros.
Parabéns pola iniciativa e moitas grazas polo teu constante exemplo. Unha aperta.

Mrs.Doyle disse...

Coincido con "A Esmorga" (para min é a novela da literatura galega). A versión en español chámase "La Parranda", editada en Alianza editorial en España. Tamén hai unha versión cinematográfica.

Recomendaría tamén a Cunqueiro, a Ferrín, a Manuel Rivas,...

Ademáis creo que estes non serán difíciles de atopar en español.

Anônimo disse...

Poesía, Celso Emilio Ferreiro
Prosa, Álvaro Cunqueiro
Biblia galega, Sempre en Galiza de Castelao.
... e moitos máis.

torredebabel disse...

Moitas grazas polas ideas, suxestións e xenerosidade de compartir as vosas lecturas. Apuntado Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza, a quen non coñecía (xa sabedes que levo 5 anos de lectora galega e o tempo de lecer nunca é moito). Grazas a Clara Flor, Moralla, moucho branco, Veloso e Mrs.Doyle, por engadir A esmorga. Non sei ben se os lectores do grupo (os que se vaian engadindo) poden ler o galego, por iso a idea é comenzar con contos e textos curtos que estexan editados en castelán e en galego para ir amodiño metendose na lingua. A esmorga, como ben apuntou Mrs.Doyle, cumpre esta condición e -por riba- temos disponible a traducción ao castelán feita polo mesmo EBA.

Grazas a Torreira polo O lapis do carpinteiro de Rivas que é unha marabillosa opción e tamén a temos nas duas linguas. Pode que sexa un fabuloso xeito de meterse na literatura galega, non si?

Concordo con Moralla en que Ferrín é un clásico. E pensaba nunha novela de M.X. Queizán, que é fermosa e dunha lectura doada para nós, lectores de Bos Aires achegándonos ás letras galegas en galego, como debe ser. De Luisa Villalta e Xavier Seoane, non teño nada pero vou conseguir. Sempre en Galiza non ha faltar. Nin os contos de Castelao que, ainda que sexa con axuda, penso que teñen que ser da primeira hora deste grupo.

Grazas a elianinha polos contos de Dieste. Dos arquivos do trasno é unha boa recomendación. Engado a Neira Vilas e Lorenzo Varela. E a Celso Emilio, que tamén anotou moucho branco.

Grazas a Veloso por Carlos Casares: concordo, un escritor fundamental. Teño unha novela e vouna reler para atopar un lugar apropiado para compartila. Cada libro ten que ter o seu momento que permita ser disfrutado intensamente. Tamén Licor de abelá con xeo!

Grazas a A Randeeira por Álvaro Cunqueiro en quen non pensara ainda. Menos mal que os propios lectores engadirán todo iso que eu non lembre ou non atope. Esa é a idea: un grupo de todos e para todos. Grazas, grazas!

Anônimo disse...

Non sería mala idea utilizar estes títulos tamén para achegar a literatura galega aos propios galegos, e que se deixen de Harry Potter

torredebabel disse...

Grazas Pablo e Grazas Neufragha! eu, se lesen o Harry Potter en galego xa non me parecía tan mal. O asunto, na miña opinión é ler todo, mais, canto se poda, e non menos. Querida Naufragha, pode que haxa lectores moi entrenados no uso do galego e bos lectores e formados, coma xente que non tivo na man nunca un libro en galego. A idea é capitalizar as semellanzas e fios entre as duas linguas (castelán e galego) e apelar á memoria xenética que a meirande parte terá e usar primeiro, para as persoas que non coñezan a lingua, copias nas duas linguas. A idea é que lean primeiro en castelán e logo en galego (coa primeira lectura, a segunda xa será algo mais doada e as palabras faranse menos dificiles). É unha experiencia... imos ver qué tal resulta.
Grazas!!!!!

Nemeth disse...

xa chego tarde e non podo aportar nada novo. Concordo coa maioría dos apuntados. E parabéns pola inquedanza...

unha aperta

Mario disse...

Amor de Artur de Ferrín, Si o vello Sinbad de Cunqueiro, Xente ao lonxe de Blanco Amor e Os camiños da vida de Otero (a última está algo vella, pero apréndese moito, non todo certo, da nosa historia). De poesía eu metería unha escolma da xente dos 90 (non nos vamos quedar só con un/ha), algo do último de Lopo, e para os máis entrenados ou valentes Pexegueiro e Chus Pato. Por susposto que Con pólvora e magnolias non pode faltar, e está traducida ao español en Hiperión (non sei se tedes por alá).
De todos xeitos, aparte de Moralla creo que non houbo máis mencións ao teatro, así que vou berrar tres veces Roberto Vidal Bolaño, para min un dos mellores escritores que este país deu, e un dos menos difundidos, apesar dos esforzos de moitos.

Anônimo disse...

Esquecíame comentar que en galego tamén existe a literatura infantil e nada mellor para coñecela que os libros da editorial Kalandraka. Incluso ten edicións con pictogramas que relacionan as verbas/debuxos (van dirixidos a nenos autistas).
Por certo, esta iniciativa se que merece unha axuda/subvención de Política Lingüística e non outras que conceden por aí.

Anônimo disse...

Sen dúbida é unha iniciativa atrainte, as suxerencias poderían ser moitas e variadas pero hoxe a miña proposta é "Licor de abelá con Xeo" do meu ben querido Xurxo Sierra Veloso.

Unha aperta grande.
;)

torredebabel disse...

Grazas nemeth, que tamén engade moito quen concorda coma quen suxire cousas diferentes ou novas. Grazas Mario por Amor de Artur, Si o vello Sinbad, Xente ao lonxe e Os camiños da vida, pola escolma poetica que suxires e por Lopo, Pexegueiro e Chus Pato. E por Roberto Vidal Bolaño, a ver qué atopo para engadir!! Grazas A Randeeira pola suxestión da literatura infantil: teño algunhas cousas e, se o grupo marcha ben, non descarto espallalo aos rapaces (fillos ou netos dos que vaiamos formando estos "lectores galegos en Bos Aires"). Sobre as "axuda/subvención de Política Lingüística", non se me ocorrería pedilas nin penso que fora adecuado facelo. Hai tantas cousas importantes nas que gastar os cartos públicos (e tantos a pedilos) que eu son dos que prefiren facer sen eses recursos que son de todos e -por iso- deben ser usados con moitísimo, moitísimo respecto e rigor. Fermosa Marinha, concordo plenamente contigo: "Licor de abelá con Xeo" será da partida que é unha novela atrapante e moi ben escrita! Grazas a todos!

SurOeste disse...

TEmos moitas estrelas na nosa constelación, e canto máis miras para ela máis e máis descobres. Todos os libros citados son marabillosos, pero eu se cadra, cuns alumnos arxentinos empezaría polos Retrincos de Castelao, e seguro que os sentirían moi cercanos, que despertarían moitas cousas que saben e que teñen durmidas no fondo da memoria e que darán lugar a postas en común memorábeis.

Marcos Valcárcel López disse...

Chego tarde á escolma. Pero máis vale tarde que nunca. Eu creo que habería que cinguir máis o horizonte de libros: centrémonos na narrativa e nos clásicos, nos que xa están no canon (dos novos, habería moitas posibilidades, dende logo eu empezaría con Gonzalo Navaza, Manuel Rivas, Bieito Iglesias, Xosé Miranda, entre outros). Do canon e da narrativa breve, máis doada para "novos lectores en galego", algúns imprescindibles (hai máis, claro): A ESMORGA e OS BIOSBARDOS, de Blanco Amor; CONTOS DO CAMIÑO E DA RÚA, de Otero; RETRINCOS, de Castelao; PROSAS GALEGAS, de Cuevillas; algunha de Lesta Meis quizais sobre a emigración cubana; MERLÍN E FAMILIA, de Cunqueiro; Á LUS DO CANDIL, de Fole; OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO, de Casares; ARRAIANOS, de Ferrín; etc.
creo que tamén serían útiles (en calquera caso, son todas xoias que eu amo especialmente): REMUÍÑOS DE SOMBRA, de Neira Vilas; VILARDEVÓS, de Silvio Santiago; O ACOMODADOR E OUTRAS NARRACIÓNS, de Marcial Suárez; MORRER EN CATRELO DE MIÑO, de Xosé Fernández Ferreiro; etc. E se se trata de facer novos lectores, botar man da ampla sobre a nosa cultura popular do dúo Xosé Miranda e Antonio Reigosa, dende o seu "Diccionario dos seres míticos galegos" ata os seus "Contos eróticos (colorados?)" e "Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror" (todos en Xerais).
P.S.: onte transmitiume os teus saúdos agarimosos Víctor Freixanes que, coma sempre, desfaise en loubanzas do teu labor galeguizador nas Américas. Unha aperta.

Marcos Valcárcel López disse...

Chego tarde á escolma. Pero máis vale tarde que nunca. Eu creo que habería que cinguir máis o horizonte de libros: centrémonos na narrativa e nos clásicos, nos que xa están no canon (dos novos, habería moitas posibilidades, dende logo eu empezaría con Gonzalo Navaza, Manuel Rivas, Bieito Iglesias, Xosé Miranda, entre outros). Do canon e da narrativa breve, máis doada para "novos lectores en galego", algúns imprescindibles (hai máis, claro): A ESMORGA e OS BIOSBARDOS, de Blanco Amor; CONTOS DO CAMIÑO E DA RÚA, de Otero; RETRINCOS, de Castelao; PROSAS GALEGAS, de Cuevillas; algunha de Lesta Meis quizais sobre a emigración cubana; MERLÍN E FAMILIA, de Cunqueiro; Á LUS DO CANDIL, de Fole; OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO, de Casares; ARRAIANOS, de Ferrín; etc.
creo que tamén serían útiles (en calquera caso, son todas xoias que eu amo especialmente): REMUÍÑOS DE SOMBRA, de Neira Vilas; VILARDEVÓS, de Silvio Santiago; O ACOMODADOR E OUTRAS NARRACIÓNS, de Marcial Suárez; MORRER EN CATRELO DE MIÑO, de Xosé Fernández Ferreiro; etc. E se se trata de facer novos lectores, botar man da ampla sobre a nosa cultura popular do dúo Xosé Miranda e Antonio Reigosa, dende o seu "Diccionario dos seres míticos galegos" ata os seus "Contos eróticos (colorados?)" e "Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror" (todos en Xerais).
P.S.: onte transmitiume os teus saúdos agarimosos Víctor Freixanes que, coma sempre, desfaise en loubanzas do teu labor galeguizador nas Américas. Unha aperta.

Ra disse...

Si se aceptan propuestas de una novel lectora de gallego,yo añado "A língua das bolboretas" y "Os libros arden mal"de Manuel Rivas, "Unha cita con aire"de F.Fdez.Naval, y el imprescindible Castelao. Que no se nos olvide la savia fresca de Yolanda López, Suso Bahamonde, María Lado, Antía Otero, Francisco Castro...y el resto de los de la casa que me dejo en el teclado,que son los imprescindibles de un futuro inmediato. Saludo, desde Granada.

Anônimo disse...

Xa hai moito dito, pero eu me sumo a Merlín e familia suxerido por Valcárcel...hai tanto por ler!!! Escoller sempre é dificil! Fas e Nefas de Blanco Amor tamén é unha peza de teatro para nenos ben bonita!


Moitos bicos!

torredebabel disse...

Marcos, non chegas tarde para nada que o grupo está en formación e, se todo vai ben, terá a sua primeira xuntanza en decembro. A tua suxestión é marabillosa, e por riba, a meirande parte das obras que recomendas teñoas na casa. Seguirei, coma todas, as propostas que todos deixan con moita atención porque eu son nova e pouco profesional neste recuncho da literatura galega. Grazas!!
Tamén quixera contarvos que o grupo de lectores terá unha coordinadora de luxo: a especialista en literatura galega en Bos Aires Andrea Cobas Corral a quen alguns de vós xa coñecedes do seu blog cobis.blogspot.com

Grazas Ra polas tuas verbas. Claro que recebemos suxestións e moito as agradezo, por suposto! Como dis, "la savia fresca de Yolanda López, Suso Bahamonde, María Lado, Antía Otero, Francisco Castro" terá un lugar sen dúbida entre as lecturas porque a idea non é quedar nos clásicos senón tamén coñecer -ainda que sexa ao lonxe- aos autores galegos de hoxe.

Benquerida jan, que ledicia que viñeras de visita!!!! Grazas por Merlín e familia, que penso que será da partida seguramente coma Blanco Amor que son eses autores que non poden faltar.

Grazas a todos! certamente, sodes unha axuda enorme!

Zerovacas disse...

Noraboa polo blog. Veño de incorporalo á listaxe de links da miña humilde páxina. Saúdos dun galego nacido en uruguai, fillo e neto de uruguaios nacidos en Galiza. Cousas do océano atlántico, que debe parecernos pequeno e andamos a saltalo dun lado a outro.
http://zerovacas.blogspot.com

Anônimo disse...

A idea é realmente preciosa, e moi de agradecer pola nosa banda.
Hai dous escritores arxentinos que, sen dúbida, foron fundamentais non feito de que a literatura se convertese nun pilar fundamental da miña vida: Borges e Cortazar. Non se pode ser máis grande que eles na literatura.

A verdade é que a maioría dos meus libros prefiridos da literatura galega xa están ditos... Arraianos de Mendez Ferrín, A lingua das bolboretas de Rivas, Ambulancia de Suso de Toro... en fin, xa están máis que resaltados.
Eu recomendaríache, por falar dunha Galiza máis actual, Tres segundos de memoria de Diego Ameixeiras, que é o último premio Xerais e realmente penso que se vai converter (aínda que haberá que agardar a que a posteridade o confirme) nun icono xeracional. Representa un pouco a situación desa primeira xeración de galegos que non temos conciencia directa da dictadura e a represión franquista, os nados nos setenta... seguro que engancha á mocidade

Saúdos

Anônimo disse...

Non me repetirei cós meus predecesores, nunha escolma, ao meu entender nunca debería faltar : "Memorias dun neno labrego" de Neira Vilas.

Torcendo a conversa nunha reportaxe "Los ojos del blog" do Faro de Vigo de hoxe, no suplemento dos domingos, o teu caderno sitúano sobre vinte blogs citados, e segundo o ranking do Blogomillo no 13º lugar.
O enderezo :
http://www.farodevigo.es/media/documentos/2006-11-26_DOC_2006-11-19_01_31_17_estela.pdf

Noraboa, polo éxito, e ben pola iniciativa que comandas.
Saúdos.

torredebabel disse...

Moi benvido MSP!! grazas pola visita e temos sorte de que estes fíos que a internet permite fagen certamente moito mais pequeno ese Atlántico que separa e xunta a Galiza e a sua diáspora.
Grazas Larvós! sen dúbida concordo con que Borges e Cortazar foron e siguen sendo fundamentais para quen valora o prodixio e a xenialidade literaria. Grazas pola suxestión de Tres segundos de memoria de Diego Ameixeiras. Temos ganas de que a lectura teña unha forte presencia dos autores novos, que fale do hoxe e da Galiza actual. Niso, todas as lecturas anotadas nesta fiestra son unha axuda enorme e que moito agradezo!

Grazas Xulio polas verbas e polo link, non sabía dese artigo e moito cho agradezo! Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas, será das lecturas, primeiro porque é moi doado de ler (e iso é unha condición sobre todo para o comenzo do grupo) e segundo porque conta unha historia que -imaxino- moitos dos lectores terán escoitado na sua casa e traerán nos xenes. Grazas por engadilo!