5 de dez. de 2006

Esas raras enquisas

Vai chegando o ano 2007. E van chegando as eleccións. E xa chegaron as enquisas. Seica a Xunta de Galicia ten moito (moito!) interese en coñecer o que pensan os cidadáns galegos da diáspora. Cando menos, se non é interese no que pensan, é interese en algo e ese interese custa cartos públicos. E non serán poucos de seguro. Nos últimos cinco meses fun entrevistada dúas veces. As dúas quedei coa impresión de que, ou ben a estatística é unha disciplina moi primitiva na terra, ou ben esas preguntas non buscaban certamente coñecer o que penso, ou ben, se o buscaban, estaban a facelo dun xeito cando menos raro.

O día 18 de xuño atopei no meu correo unha carta da xornalista do periódico España Exterior Mónica Lázaro Jodar na que me contaba: "El motivo de la presente es que estoy realizando una serie de entrevistas a hijos y nietos de gallegos que forma parte de un proyecto de investigación de la Xunta de Galicia. El objetivo del estudio es conocer el vínculo que mantienen las segundas generaciones con Galicia. La investigación le servirá al Gobierno para trazar programas de actuación en las distintas esferas socioculturales. Para realizar este trabajo se eligió a dos países con características similares que sean representativos de la problemática migratoria. En este caso se inicia con Argentina. Se entrevistará a descendientes que residen en Buenos Aires, Córdoba, Rosario, Mendoza y parte del sur y norte del país. Te adjunto los cuestionarios dirigidos a hijos y nietos para que respondas el que corresponde".

Ainda que non haberá mellor profesional para facer o traballo de campo dunha enquisa que o que estudou para iso, calquera podería pensar que unha xornalista ten coñecemento abondo para facer entrevistas. Sen embargo, quedo coa lexítima dúbida sobre o trazado da mostra, o método para escoller aos participantes (no remate do correo, preguntábame se coñecía eu mais galegos para ser entrevistados) e -sobre todo- a representatividade dos resultados que logo, claro, serán publicados e usados coma testemunia do que os galegos e as galegas da diáspora pensamos.

Tamén na miña modesta opinión de xornalista e na miña opinión de alumna dalgunhas Metodoloxías na universidade, as preguntas parecéronme inxenuas, gastadas e cheas de tópicos. Por riba, formuladas dun xeito impreciso e irritante. "Cuénteme acerca de sus orígenes gallegos", era a primeira. "Non sei ben qué contar sobre elas porque a pregunta non é moi clara", respondín.

As seguintes parecíanme repetitivas. Na 2 querían saber: "¿Cómo repercutió en su vida su condición de descendiente de gallego?". Pero na 7 preguntaban: "¿Qué le aportó a su persona ser descendiente de gallegos?". Outras eran: "¿Cómo imaginaba o imagina Galicia según el relato de sus padres y familiares?", "¿De qué forma está vinculado con la colectividad gallega?", "¿Cuál es su vínculo con Galicia?", "¿De qué modo le gustaría estar relacionado con Galicia?", "¿Considera que Galicia tiene una deuda con sus descendientes?", "¿Qué actividades tendría que realizar la Xunta de Galicia en relación a los descendientes de gallegos?", "¿Está informado sobre la vida política gallega, sus partidos políticos, etc?". E non faltaban as típicas-tópicas: "¿Tiene previsto radicarse en Galicia?", "¿Cómo valora la lengua y cultura gallega?". Nin as políticas-partidarias: "¿Considera que los anteriores gobiernos gallegos se preocuparon por la situación de las segundas generaciones?".

Quixen saber quen pagaba este traballo, e a xornalista moi amablemente respondeume: "Con respecto a tu pregunta, este estudio fue encomendado y financiado por la Secretaría General de Emigración de la Xunta de Galicia". Se non me trabuco, a cargo de Manuel Luis Rodríguez González cuia secretaría xeral pagará -según atopei mergullando no DOG- á empresa Comunicación Integral Gallega algo máis de 154.000 € pola "realización da creatividade e desenvolvemento dunha campaña publicitaria de difusión e sensibilización sobre a inmigración en Galicia", según o expediente 8/2006 do DOG núm. 168, do 31 de agosto de 2006.

Nestes días, outra vez atopei un correo que falaba de enquisas. Mandábanmo dunha empresa chamada SiCuest "una consultora de Investigaciones de Mercado, Medios y Opinión Pública. Fuimos contratados por la Xunta de Galicia para realizar un estudio sobre la emigración gallega en la Argentina. Estamos realizando encuestas a emigrantes o familiares con ciudadanía mayores de 18 años. Mi intención es saber si usted puede ponerse en contacto con nosotros para establecer una cita (en el lugar, el día y horario que usted disponga) y así realizar la encuesta (que a mi criterio es muy interesante y amena). Le agradezco su atención".

Respondín que si, e unha rapaza chegou á miña casa cunha longa lista de 59 preguntas. Dixome que era a primeira enquisa que facía, que era a irmá dunha amiga da chica que me mandara o correo, que tiñan moitas entrevistas que facer, e que ainda que lera o cuestionario no bus non era quen de facer iso coma unha conversa e que era mellor ler cada unha para non mete-lo zoco. Moi ben.

Esa inexperiencia permitiume ler eu mesma moitas das preguntas. O percorrido comenzaba polos motivos que levaron aos meus a emigrar (pregunto: ¿non está iso suficientemente documentado e estudado por académicos tanto galegos coma arxentinos?), para pasar moi rápidamente a se eu era de esquedas ou de dereitas, a quen votara nas últimas eleccións galegas, e a quen pensaba votar nas vindeiras (non vexo a relación destas preguntas co tema da emigración galega na Arxentina).

Tamén moitas preguntas pedían que eu avaliara a xestión da Xunta e temas como a situación económica de Galicia, a situación política, a reforma do Estatuto, o dereito a voto dos emigrantes galegos, o voto no consulado e as axudas e pensións para os galegos da diáspora, entre outros temas sensibles. Sen embargo, e ainda que as alternativas eran "moi ben", "ben", "máis ou menos", "mal" ou "non sabe" e "non responde", notoriamente a alternativa "mais ou menos" engadía en maiúsculas ao lado "NON LER". É decir que, todas as veces (e foron moitas) que a miña opinión non era nin "ben" nin "mal" tiven que pasar de responder, non porque non tivera opinión senón porque quen en teoría quere saber o que penso sobre estes asuntos importantes para Galicia non quería medias-tintas.

De novo, quixen saber quen pagaba esta enquisa tan curiosa, tan político-partidaria, tan pouco interesada na miña opinión, tan rara metodolóxicamente falando, e mandei unhas preguntas á mesma moza e fixen unhas procuras na rede. Atopei que o estudio fora encargado pola Secretaría Xeral de Análise e Proxección que, segun atopei na páxina da Xunta, é dirixida por José Manuel Rivera Otero. Moito lin deste funcionario: seica é profesor na Universidade de Santiago de Compostela, ainda que os alumnos non falan moi ben del. Como home da xestión pública (so para este ano que remata tivo 2.206.349 de euros para facer o seu traballo) sinalou na Comisión 3ª da Cámara autonómica: “Un goberno precisa duns mecanismos de análise da situación social e económica do país” para poder deseñar unhas políticas públicas axeitadas e orientadas á cidadanía. Pero tamén acada non poucos descontentos. Sen embargo, o asunto acá é a enquisa.

Según souben, a Xunta contratou á empresa Sondaxe, "dentro da Corporación Voz" -pódese ler na súa páxina-, para facer un enorme estudo na Arxentina, Uruguai, México e Brasil. Para iso, a empresa galega tercerizou o traballo en outras empresas dos países da diáspora, pero esa tercerización ten límites cando menos raros: Sondaxe manda os cuestionarios xa feitos, sen posibilidade de correxiles sequera os erros que traen (por exemplo, palabras mal traducidas do galego, preguntas moi confusas que teñen que ser lidas ata tres veces, entre outros) e recebe as respostas de feito de elaborar alá as conclusións dun relevamento que foi feito lonxe e por outras persoas.

Os especialistas arxentinos ficaron sorprendidos cando receberon as preguntas. O que se presentaba coma unha enquisa sobre a emigración xurdía -co cuestionario na man- coma algo moi diferente. Pidiron, cando menos, a posibilidade de correxir os erros e reformular algunhas preguntas, tamén de poder engadir a alternativa "mais ou menos". Pero obtiveron so respostas negativas.

Tamén é curiosa a empresa que Sondaxe escolleu na Arxentina. Coma en todos os países, temos acá empresas mais ou menos sólidas, máis ou menos profesionais, e mais ou menos caras. Hainas con longas traxectorias e tamén as temos novas. Sondaxe contratou (cos cartos públicos) á empresa SiCuest. En verdade, SiCuest non é unha empresa rexistrada coma tal. É unha marca dentro doutra empresa sí rexistrada na Inspección General de Justicia e chamada Generática.

Na páxina de Generática, coma calquera pode ver, di: "Generatica S.A. es una empresa que desarrolla acciones que integran tecnología, marketing y comunicación. Su staff profesional cuenta con más de 10 años de trayectoria en capacitación, gerencia y ejecución integral de proyectos". Sen embargo, a empresa foi rexistrada -segun as normas e leis arxentinas- co expediente 704708 o 6 de xaneiro deste ano (2006). É decir que, no mellor dos casos, a traxectoria é de once meses.

Por riba, tamén pode lerse na súa páxina, que a especialidade non son as enquisas senón un cumio de servizos comerciais: "En un mundo de negocios cambiante, incierto y dinámico ofrecemos herramientas para la toma de decisiones en escenarios de incertidumbre decreciente. Con sede en Argentina brindamos conocimiento, ejecución de proyectos y tecnología que interesen al desarrollo de negocios. Nuestras divisiones especificas de investigación de mercados, marketing, integración de sistemas, y desarrollo de software trabajan en forma coordinada para dar soluciones productivas y oportunas a sus necesidades".

Xa quedou dito antes, moitas preguntas deixan estas enquisas. ¿Por qué a Xunta de Galicia paga a dúas empresas para facer un mesmo traballo? ¿Non é de sentido común que tendo dependencias especializadas na elaboración de estudos sexan eles os encargados de traballar as conclusións? ¿Non é cando menos raro que os cuestionarios censuren a posibilidade de decir que as cousas están mais ou menos, cando son problemas en curso, sobre os que tamén os líderes políticos galegos teñen opinións que cambian e se adaptan? ¿Por qué un goberno contrata unha empresa que contrata outra empresa sen unha presencia sólida no país de destino (podedes buscar nos xornais arxentinos mais importantes e non atoparedes artigos que falen de estudos feitos por SiCuest)? ¿Non merecemos os galegos todos -os da terra e os da diáspora- un respecto rigoroso á nosa opinión? E os que estamos lonxe, ¿non merecemos ser consultados coma cidadáns que somos?

31 comentários:

torredebabel disse...

O primeiro comentario é meu e para pedirvos disculpas polo longo do texto. Seino, é pouco seductor e ata descortés. Pero falando dos cartos públicos, toda información é pouca.

Xosé Manuel Carreira disse...

Á pregunta sobre as orixes galegas poderían remontarse ao espermatozoide ou ao protozoo.

cneirac disse...

Obrigado en nome meu e de varias persoas máis por describirnos esta situación. Apuntarei que a realización desa enquisa correu por conta dunha empresa que gañou o concurso público convoado por ese organismo da Xunta de Galicia que citas. Como esa empresa ten en nómina (ou non) a esa xornalista que citas é un misterio para min e un escándalo a punto de descobrerse. O dito, graciñas por contarnos todo iso.

Torreira disse...

As preguntas que fas teñen respostas que non sei se moitos van querer escoitar...non te disculpes polo longo do texto.Ler isto e moito mais interesante que ler outras cousas valeiras de contido

moucho branco disse...

Bueno, é interesante a leitura... sobre o da contratación dúnha empresa de menos dun ano de traxectoria para ese fin pola xunta... só podo dicer que non sei porqué non me sorprende.

Anônimo disse...

q non se diga q non se inviste abondo en cada voto...

leco disse...

Impresionante investigación e desoladores resultados. É tremendo como con pouco de alá se sabe tanto de aquí (e supoño que tamén serve para vostedes).
Por certo, aínda estou a agardar, se non me pasou inadvertido, o mp3 de seu neto ;)

Anônimo disse...

Eu pensaba que se debía a qeu unha secretaría dependía do Bloque u a outra de PSOE, pero resulta que dependen as duas de Presidencia, así que ademais de incompetentes hai que acusalos de corruptos.

Mrs.Doyle disse...

Lamentablemente non me sorprende nada o que contas. Eu podería contar unha serie de cuestións moi parecidas noutros ámbitos...

Grazas por compartir a vivencia. Penso que todos deberíamos denuciar públicamente este tipo de cousas...

Anônimo disse...

queren saber a quen voto como non que se vayan todos a la puta que los pario ya que quieren llegar al poder y despues son iguales el pp.el psoe y bng todos unos hijos de puta

Anônimo disse...

con el robo que continuan haciendo elpsoe y bng de las pensiones a la gente que las necesita y el reparto entre caudillos de las tres fuerzas yo voy a votar que
vengan a mi casa y les devuelvo todos los papeles que me acreditan como ciudadano español y se pueden ir todos como dijo el anterior muy bien a la puta madre que los pario sigan robando chorrros

torredebabel disse...

Mendiho, tes toda a razón. As veces, rir un pouco destas cousas tamén está ben porque doutro xeito a indignación é ben grande. E o digo tamén polo xenial comentario de ro: certamente, tes esa clase de ironía que eu admiro tanto porque penso que é a expresión máxima da intelixencia. Grazas por voltar por acá! Calidonia, non tes nada de agradecer, son eu quen di grazas porque o asunto poda ser verdadeiramente analizado alá, que é onde se pode facer, e dese xeito garantir que -cando somos consultados polas nosas opinións- os galegos, cando menos, sexamos respectados niso. Graciñas Torreira, es moi amable, pero disculpome polo longo do texto porque sei ben que todos percorremos moitos blogs e é unha descortesía atrapar tanto tempo. O que pasa é que penso que a todos nos custa moito o diñeiro que ganamos traballando e o coidado dos cartos públicos ten que ser esixido con moita firmeza.
Moucho branco e Mrs. Doyle, concordo con vós, sei moi ben que non haberá lectores sorprendidos. Mais ben, resignados. Pero, ainda a risco de cansar ou de amolar aos visitantes, penso que se atopas algo coma isto cada quen ten a obriga de decilo.
Ola leco, moitas grazas polas palabras pero non hai investigación ningunha, so algunhas procuras na internet e poucos correos e chamadas. O que si, os resultados son desoladores. O mp3 do meu neno (é fillo, que netos ainda non teño) virá sen que pase moito tempo...
Para o primeiro usuario anónimo, será que eu descreo de todos os políticos sexan da cor que sexan (e so coñezo duas ou tres excepcións que non fan mais que confirmar a norma), pero neste caso, antes de acusar, eu deixo información para que se fagan as investigacións ben feitas. Que non hai pior xeito de beneficiar aos corruptos que acusalos sen probas.
Grazas a todos polo tempo que lle adicastedes a un texto longo e pouco divertido. En serio!

Seoman disse...

En estos momentos estoy trabajando para hacer eencuestas en una empresa de telmarketing, a la que ha contratado Movistar. Y no se le hacen las encuestas a los clientes de Movistar sino a los clientes de Vodafone y Amena. Como podreis comprobar aqui cada uno hace la historia como buenamente le interesa y segun el color que el percibe, asi que no es de extrañar que la xunat , o cualquier partido político lo haga de la misma manera. PD. ¡Cuanto texto para ser la primera vez que vengo por aqui!
Un saludo

Anônimo disse...

Permíteme unha puntualización Torredebabel: á hora de levar a cabo unha enquisa os investigadores tratan de conseguir que a xente se molle nas respostas; e a xente trata, de xeito natural, de non mollarse escollendo na maioría dos casos as respostas neutras do tipo: "máis ou menos", "nin ben nin mal", "normal", "ns/nc"...

Por iso, ante unha pregunta pechada adóitaselles aprender aos enquisadores a non ofrece-las respostas neutrais ós enquisados. Aínda que non se lea, trátase dunha resposta sempre válida.

A culpa do desastre da segunda enquisa non é obviamente da rapaza que che a fixo, senón da dirección do estudo que non se preocupou de formar ós seus enquisadores.

Marinha de Allegue disse...

O texto é longo pero longas son as verbas que se precisan para explicar tan ben todo este proceso. A transformación das palabras en votos, concordo con Leco cando di que o de fora é o reflexo do que temos aquí. En fin...

Beijos guapa.
:)

nenodanorita disse...

Iluminador relato, graciñas

durkheim disse...

O primeiro, felicitala pola súa habilidade detectivesca ou cuasi periodística. O segundo, criticala pola súa vanalidade á hora de tratar asuntos que afectan a terceiros. O seu estilo detectivesco e redacción fan que o teu relato resulte entretido de ler e cuasi convincente, como quen manexa a verdade. Polo primeiro non hai problema, máis ben todo o contrario, é un mérito. Máis deberías ter máis cuidado cando fas afirmacións, insinuacións e demáis comentarios que, o ben non son certos, ou ben amosan bastante ignorancia e descoñecemento. En primeiro lugar, non é certo que enseguida se pregunte polo voto. En concreto, despois de máis de cincuenta preguntas que obvias nos teus comentarios, hai dúas ó final sobre o tema electoral, que non sei por qué sacralizas. É dicir, si esas preguntas supoñen aproximadamente o 5% do cuestionario, ti vas e o descalificas en base a elo, non respetando o 95% restante que, dito sexa de paso, e o corpo central dun estudio sociolóxico sobre os galegos non residentes, ou que xa de por sí supón un esforzo e debería ter tódolos parabens. En canto as instruccións tipo NON LER, antes de facer os teus comentarios, deberías documentarte primeiro, como ben fas para outros asuntos no teu artigo (nomes, cargos, organismos). Si así o fixeras, atoparías que dita instrucción é algo normal ou corriente desde o punto de vista metodolóxico neste tipo de traballos demoscópicos. Non ler non significa que o entrevistado poda elexir dita opción, senón que se trata de evitar posicionamentos intermedios que, como indica a experiencia, a teoría e a metodoloxía nestes casos, son os que a xente soe escoller de xeito cómodo. Por así dicilo, con elo se trata de que o entrevistado se esforce en escoller algunha opción (como pasa en escalas de puntuacións que van do 0 ao 7 ou do 0 ao 5, porque de 0 ao 10 se tende con moita frecuencia a escolle-lo 5). Polo tanto, non se trata de ningunha terxiversación ou manipulación como ti insinúas. Nin moito menos, senón a aplicación dunha regla metodolóxica máis que aceptada e coa que traballa todo o mundo neste sector. Con respecto a empresa arxentina escollida, non sei si terás algún interés particular noutra, pero nin tan siquiera te plantexas criterios tan básicos como os de custo, disponibilidade, entrega en prazo, etc., que tamén contan. En canto ao de contratar a dúas empresas, tamén deberías enterarte antes que as funcións de coordinación, supervisión, grabación e outras tamén forman parte desta asistencia e que, por expreso criterio de lóxistica, contouse con empresas autóctonas para o traballo de campo, facendo delo unha labor de colaboración intercomunitario e respeto territorial dignas de eloxio, e non descalificadora como ti fas. Para rematar e tirar polo chan toda a túa teoría conspiratoria e manipulativa, direiche que o cuestionario tamén foi elaborado conxuntamente con tódalas universidades dos países que integran esta investigación, polo que ou ben sabes ti máis que os diferentes expertos ou ben metiche-la pata. En definitiva, non se pode descalifica-lo traballo honrado da xente, e menos aínda empregándolo de ariete político, que no fondo é a crítica fácil, manida e tendenciosa que parece persegui-lo teu artigo.

torredebabel disse...

Tes razón, Seoman. As enquisas, métodos coma outros tantos, convertéronse no oráculo dos políticos de hoxendía e eu non fago mais que lembrar unha sentencia atribuída a personaxes diferentes que di: "A enquisa é esa disciplina que, se eu teño dous coches e o meu veciño ningún, di que cada un de nós ten un coche".
Grazas Ankarita polos detalles! veñen moi ben, claro, sobre todo porque iso demostra como ben sinalas que a empresa Sondaxe contratou na Arxentina a xentes inexpertas, que tercerizan o traballo en estudantes e rapaces moi novos, que non son quen de manexar eses matices dos que falas e que (vendoos facer as preguntas como os vin e non era eu a entrevistada) influen nas respostas dos entrevistados.
Graciñas Marinha pola tua compaña de sempre. Concordo, os galegos de fora e os de dentro axudámonos historicamente a mirarnos mellor. E grazas nenodanorita!!
Hai aquí un bonito refrán que di: "Cree el ladrón que todos son de su condición". Lembreino ao leer este comentario de durkheim. Mágoa que os funcionarios e políticos non sexan quen de receber as palabras de quen os vota, de quen lles da o empleo, de quen manda en verdade nos sistemas democráticos, do soberano (que non rei) coa humildade que é pertinente en lugar de atopar en todo consipiracións, campañas políticas, manipulacións. Pero xa o di o refrán...

Anônimo disse...

Lo primero, Duque, detenerme en algunas palabras que usás. Banalidad, por ejemplo: en eso se convierte una encuesta cuando la hacen personas sin preparación para hacerla. Es banal, también, que te preocupe cómo se “afecta a terceros” (vos, ¿no?), esto es, “la imagen”, y que no te preocupe tanto cómo se hizo la encuesta. Por desgracia para tu imagen vimos, acá, cómo unas chicas con escasísima –o ninguna- experiencia se encargaban de transmitir las preguntas. ¿Sabés, Duque, qué rastreo de campo se hizo aquí para escoger un muestreo realmente representativo de la comunidad gallega? Porque yo fui testigo de cómo al voleo, en un mismo lugar (público) y aprovechando la reunión de un grupo que siempre va al mismo centro, un par de encuestadoras “cumplieron” lo más rápidamente posible –con una torpeza considerable, que incluye influenciar las respuestas de los encuestados- con el número de planillas a llenar.

Otra palabra, Duque, que me interesa, es “normalidad”. ¿Son normales esas deficiencias en las traducciones? ¿Es normal que, más allá de la recomendación de “no leer” respecto a la opción “más o menos”, cuando el encuestado dice “más o menos” la encuestadora responda “no puede responder eso”, de modo que, finalmente, esa pregunta quede sin respuesta? El ignorante sos vos, en todo caso, que no sabés a quién tenés acá haciendo encuestas. O tal vez el ignorante soy yo al no contemplar la posibilidad de que sepas y no te importe, porque en tu comentario no aludís a esto. Lo cual me conduce, otra vez, a la palabra “normalidad”: lo electoral. ¿Sabías que la especulación política existe? Y la manipulación también. Y la tergiversación. Y la contratación de empresas bien dispuestas. ¿Molestan los números? ¿Molestan las preguntas? Hay muchas que no respondiste.

Y eso pone en evidencia lo berreta de tu comentario venenito. Me da alegría ese venenito: ¡pin! Algo pasó. Me doy cuenta por alguna chicana barata, como “no sé si tendrás interés particular en otra”. Baratísimo. “Impregnándolo con un tono político”: claro, Duque: ¿te olvidás de las preguntas acerca de a quién se votó, a quién se va a votar, cómo va el gobierno, si extrema izquierda o derecha? ES una encuesta política. Y es un artículo político, también, más allá de que no tenga alineación con ningún partido. Lo que te molesta, a vos, seguramente, es que afecta tu bolichito, partido proveedor incluido.

La ironía suele ser muestra de inteligencia, pero puesta en boca de un burócrata se asemeja a un tiro de mierda en un cristal. Al burócrata le pasa esto de armar frases como “criterios generales de logística” a la hora de justificar dos empresas y luego tener que confrontarlo con un puñado de encuestadoras sin oficio alguno. El artículo tiene preguntas. Muchas. Por tanto, se aleja de eso que decís respecto a “quien maneja la verdad”. Y sí, tiene críticas. No son fáciles, te aclaro. Lleva trabajo, hay que atar cabos, preguntar y repreguntar, preguntarse, investigar. Pero vale la pena.

Y más respeto: ¿qué es eso de “cuasi periodística”? Esta dama tiene, entre muchas otras, las virtudes de ser una maestra de periodismo y una gran periodista.

Anônimo disse...

Me enccanta que la gente hable sin tener conocimiento.Siga calumniando,porque es lo que está haciendo.Porque no tiene ni idea porque hacen la encuesta ni para que.Ya que se fia de una simple encuestadora que no tiene la informacion que usted pide

torredebabel disse...

A min, en cambio, molestame moito a xente que fala sen saber, que fai cousas sen rigor profesional nin respecto polas persoas e que -por riba- cobra por iso cos cartos públicos. E se a rapaza que fixo a enquisa non ten información e non sabe facer o traballo, iso tamén moléstame moito. O curioso é que os que se supon que saben tanto, que teñen tanta información e saben por qué se fai esa enquisa e para que, gasten tempo percorrendo blogs e deixando longos comentarios, cheos de palabras pero baleiros de datos e de precisións.
Onde están os datos que din que cada un dos que eu escribin non son correctos??

Moitas palabras. Moitas opinións. Moitas valoracións. Moita hipótese e moita sospeita. Pero datos, lizagóns, números que respondan aos que eu deixei no texto, nada diso aparece.

Que cada quen saque as conclusións entón.

Anônimo disse...

Non sei se as cousas son tal como as conta. Carezo de datos e sería moi atrevido pola miña parte ditaminar con rotundidade..

Pero o que me parece feito con moi mala intención, e que di pouco da súa ética profesional, é afirmar que os alumnos que foron de Antón Losada non falan moi ben del, e para xusficicala remite a opinións anónimas efectuadas nun blog.

Que lle parecería se se fixera algo así con vostede, dando por válidas opinións negativas de supostos alumnos sobre o seu labor?

De certo que Antón Losada non me merece moito creto. Pero vostede, señora, despois
do que fixo, tampouco.

torredebabel disse...

Señor Pepin tre, acaso é ese o seu nome? acaso non está vostede deixando opinións sobre min, ANONIMAS, nesta páxina? Se percorrera os artículos deste blog, atoparía non só o meu nome real, senón datos dos lugares onde traballo e onde vivo e ata fotos da miña familia. Xa me dirá quén dos dous é mais anónimo.

Por outra banda, agradézolle que revise o texto e revise as ligazóns e atopará boas referencias sobre o funcionario e tamén opinións críticas. Con e sen nome, señor "Pepín Tre". Moitos comentarios siguen aparecendo sobre este artigo, moitas dúbidas sobre min, sobre o meu traballo, sobre os meus intereses, sobre o que fago e para qué o fago, ou -se cadra- para quen o fago, pero información que me desminta, que mostre evidentemente que o que contei non é verdade, datos que todos podamos ver, nada diso atopo.

E por qué será? Digo eu.

Anônimo disse...

Non se faga a ofendida nin se presente como perseguida por escuras maquinacións, que non cola.

E para min está moi claro que non é profesional nin ético dar pábulo a rumuroloxía de anónimos, e menos aínda se é inxuriante ou negativa.

Que vostede poña ou non o seu nome e fotos súas, nin lle dá nin lle resta credibilidade. O que dá credibilidade é o que se escribe.

E sigo a dicir que, despois do que fixo, non me merece creto. Simplemente. É unha opinión e non ten por que admitila.

Que eu e tantos outros escribamos baixo pesudónimo débese a dous motivos moi clariños. Primeiro, porque é unha convención habitual na rede. Segundo, porque vostede o permite. Se non lle gusta, xa sabe o que ten que facer: mudar esas convencións e -como fai unha ínfima minoría de blogueiros- non permitir comentarios anónimos. Así de doado o ten.

Un saúdo e felices festas.

Anônimo disse...

Desculpe, remato de darme conta dun erro meu que amosa a miña total ecuanimidade neste caso.

Pensei que falaba mal de Antón Losada, e censureille o "método" na primeira mensaxe, cando en realidade de quen falaba mal era de Rivera Otero.

Confundinos porque son (non "seica", senón que son) profesores da mesma facultade. Pero tanto me ten un coma o outro.

Fose sobre un ou sobre o outro, ratifícome no que dixen. E tamén digo que ningún dos dous son santos da miña devoción. Pero eu nunca daría entrada a pábulos anónimos que os denigrasen.

torredebabel disse...

ah... señor Pepín Tre! Ainda que me gustan ben as polémicas e iso non é nova para ninguén, teño que confesar que preferiría debatir sobre as enquisas pagadas cos cartos públicos que son tema deste texto e non sobre o anonimato na rede, tema que no seu primeiro comentario moito o inflamaba e agora xa se lle tornou “unha convención habitual na rede”. Certamente, é unha convención e vale tanto para os seus comentarios coma para os do resto. Ou será que o seu pseudónimo para avaliar o meu traballo é menos anónimo do que usan as persoas que opinaron sobre José Manuel Rivera Otero a quen lle pagan o salario? Certamente o é, xa que -cando menos- esas opinións levan na sinatura un correo electrónico e a vosa non. De xeito que, no persoal, non vexo diferencia ningunha entre os seus comentarios deixados nesta páxina e “a rumuroloxía de anónimos”, como vostede mesmo di.
Sobre o meu artigo, ratifico tamén cada palabra e cada ligazón que ainda non foron nin desmentidas nin refutadas.
Sobre o meu blog, se permito os comentarios anónimos ou se me fago “a ofendida”, só sinalar tres obviedades: é unha páxina persoal é decir feita por unha persoa como a esa persoa mellor lle parece; foi vostede quen deixou aquí ofuscados comentarios e se o fixo será porque lle deu a gana que tamén podía non facelo, digo eu... (sería unha pena, engado, porque ainda que fuxe do asunto central -o uso dos cartos públicos nestas dubidosas enquisas- o debate sobre o anonimato é interesante tamén, pero difícil). Finalmente, e ainda que os números sexan segundo quen os elabora, hai preto de 2.000 bitácoras galegas. Xa saberá vostede por qué pasa o tempo nesta.

Mentres sexa así, que teña tamén boas festas!

Anônimo disse...

Ten vostede unha extraordinaria capacidade para enzorrobellar as cousas e para facer ruído e, así, tapar os desaguisados. Pero eu, cando quero, son xordo e sei calcetar, e case nunca me ofusco, qué lle imos facer.

Sobre o tema do anonimato as cousas non son en absoluto equiparables, e vostede sábeo.
A diferencia é total. En primeiro lugar, é unha convención que os opinantes nos blogs poidan usar pseudónimo. Pero non é unha convención de ningún tipo –ben, si en determinado xornalismo tendencioso e amarelento- dar pábulo a opinións anónimas de carácter denigrante para reforzar unha opinión establecida, e menos aínda por un xornalista que se preze. En segundo lugar, non é certo que esas opinións anónimas leven unha sinatura verdadeira: teñen que ser falsas porque é doado poñer un enderezo electrónico que non existe. En todo caso, contrastou vostede esas opinións? Falou cos seus autores? Non, por suposto que non.

Sobre o tema do seu post. Eu xa lle dixen que non podía opinar sobre o asunto central porque carezo datos. Polo tanto, non fuxo de nada. Teño como criterio opinar co máximo fundamento posible, e este non é o caso. Ao único que fixen mención foi a un aspecto específico do seu relato: que para reforzar a súa argumentación usou unha “información” non contrastada e denigratoria tendente a presentar como un incompetente ao señor Rivera Otero (do que xa dixen que non é santo da miña devoción). E ademais cuestionou a súa condición de profesor engandindo un tendencioso “seica”, cando é público e notorio, e facilmente comprobable cunha mínima averiguación, que si é profesor. Que sentido ten, logo, botar man desa suposta e non comprobable “información”? Que sentido ten ese “seica” na súa crónica?

Di que se ratifica en todo o que dixo? Tamén ratifica ese “seica”? Tamén o procedemento usado para falar da condición de profesor do señor Rivera Otero? O resultado é que, por usar tales “métodos”, o seu texto perde credibilidade, porque a min dame por desconfiar da demagoxia, mire por onde.

En todo caso, se vostede pensa que non se pode opinar sobre aspectos colaterais do seu texto e si unicamente do asunto central, recoméndolle que poña unha serie de condicións sobre do que se pode e do que non se pode falar.

Finalmente, direille que cando fixen o meu primeiro comentario debía ser a segunda ou terceira vez que, por casualidade, entrei no seu blog. Pode crelo ou non, iso xa non é asunto meu. No que si lle dou totalmente a razón é no da perda de tempo. Agora ben, permitirame entrar algunha outra vez se, ao chou, accedo de novo a súa web?

Que teña unhas felices festas (eu, a difenza de vostede, deséxollelas sen ningún tipo de reservas).

torredebabel disse...

"Ten vostede unha extraordinaria capacidade para enzorrobellar as cousas e para facer ruído e, así, tapar os desaguisados". Señor Pepín tre, está seguro que fala vostede de min? porque a frase paréceme do seu talle...
Sobre o seu criterio para opinar, deixeme decirlle que me parece cando menos curioso. Dí vostede, despois de ler un artigo cheo de datos e ligazons e referencias: "Non sei se as cousas son tal como as conta. Carezo de datos e sería moi atrevido pola miña parte ditaminar con rotundidade". Unha postura completamente razoable, segundo a miña opinión. De feito, moito mellor iría o mundo se todos os lectores da prensa en todos os seus formatos pensaran así.
Sen embargo, unha referencia a Galicia Confidencial que engade críticas feitas en internet a un funcionario e, como vostede recoñece, anónimas según “unha convención habitual na rede”, élle máis que suficiente para falar de min. Non lle parecen mal as loubanzas á xestión do funcionario que publica Galicia Digital, que tamén están referidas e non levan sinatura de redactor algún? "Teño como criterio opinar co máximo fundamento posible", engade. Si, señor Pepín tre?? cal é o máximo fundamento posible neste caso? qué sabe vostede de min?

De xeito que, por moito que o repita e quera mostrar diferencias, os seus comentarios anónimos sobre min nesta páxina, sobre o meu traballo, a miña ética, moral e non sei cantas cousas mais, non son nada distintos aos deixados en Galicia Confidencial sobre o funcionario en cuestión a quen os galegos pagan o salario e que ten obriga de dar explicacións cando as cousas non son o que parecen.

Rematando, non cuestionei a condición de profesor de Rivera (paderecía de esquizofrenia nese caso, xa que eu mesma engado a ligazón á páxina da universidade onde traballa e que calquera pode ver no texto). O "seica" que o alporiza tanto non é máis que un xiro, un recurso para acentuar que a información que se refire nesas ligazóns foi tomada de onde se indica. Pode vostede -cun evidente mellor uso do galego que eu, algo para o que non fai falta tanto, por certo- pasar moito tempo corrixindo a pertinencia e uso correcto das palabras que escollo e moi ben me viría pero é certamente e vendo como escribo, cando menos, un golpe moi baixo atribuir os erros ou miña incompetencia no galego a oscuras intencións políticas.

É evidente que non necesita da miña autorización para voltar por acá do mesmo xeito que non a necesita para difamarme. O desexo de boas festas foi sincero, non teño obriga de facelo e refería a que "mentres pasara o tempo neste blog" tiña ocasión de desexarlle que a pasara ben. Pode ver vostede todas as malas intencións que lle parezan ben, insito en que ten un criterio curioso ao meu modo de ver.

Anônimo disse...

Creo que o que tiña que facer é recoñecer que se lle foi a man nese aspecto parcial da súa mensaxe e que eu lle critiquei. Iso é o que me parece xusto, e insistín porque vostede non quería dar o brazo a torcer e saía polos "cerros de Úbeda".

Recoñecer que se cometeu un erro non a denigra. Antes ao contrario, daríalle unha dignidade e faría moito máis crible o seu relato.

O resto da súa reportaxe non llo critiquei nin tampouco o cuestionei, porque non teño datos. Decátase de que cargar as tintas pode botar por terra un traballo que, se cadra, está ben feito.

Ben, penso que xa lle din motivos para reflexionar. Non a molesto máis.

Felices festas de verdade.

Anônimo disse...

Fascinante tirapuxa a que mantén Pepin Tre por manter o bo nome do Sr. Rivera Otero e, de paso, do Sr. Losada. Menos mal que non son santos da súa devoción. Porén, eu, que os tiven aos dous de profesores na Facultade de Políticas, podo dar a miña opinión persoal. O primeiro non é parvo, só é un conspirador de pasillo e baixos fondos, que fará na Xunta o que facía na Facultade: investigar o menos posíbel, asegurarse recursos para colocar aos seus fideis, e traballar o menos que poida. Boa cabeza, pero mal tipo. Se iso é o cambio a resppecto do PP, andámosche bos. O segundo non é parvo, é bo xornalista e opinante, pero un absoluto zulú, maleducado e con modais de chulo de aldeia. Polo que se le, na Vicepresidencia da Xunta fai o mesmo, máis ou menos. Ah, e dá aulas en castelán: grande nacionalista escolleu Quintana para o asesorar.

torredebabel disse...

Grazas polo comentario, Foucellas, e polo Foucellas ao que coñecin mergullando algo no google levada pola curiosidade do seu alcume. Eu ainda non sei qué é mais perigroso, se os parvos con poder ou os listos con poder. Se cadra, os dous... Grazas de novo!