30 de jan de 2006

Unha rede de manías

Díxome o meu home que son moi maniática mentres el non ten teima nenghuna. Eu penso que el repara máis nas miñas obsesións do que eu nas de el. Pero tamén pode ser que, efectivamente, eu sexa mais obsesiva e ponto. O certo é que pasei un bo rato procurando algunha cousa repetitiva, algo toliña e absurda que el faga a cotío pero todalas que lembraba acababan sendo miñas. Por iso, o difícil do xogo ao que me convidaron Marinha, o nenodanorita e Mr. Tichborne non foi atopar algo que contar senon só anotar cinco desas tolemias cotidians.

1- Teño unha lista de manías da ama de casa que non sou: non saio do cuarto sen facer a cama ainda que fose por un terremoto; non deixo que ninghuén lave os pratos da miña casa polo que teño na familia unha fama de tola á que non se lle pode tocar nas cousas; non tiro unha cerilla sen antes molla-la polas dúvidas; e lavo todala roupa do meu fillo á man.

2- Tamén desenvolvin co tempo e os anos unha morea de manías numéricas: fago contas e relacións cos números e as letras das matrículas dos coches e atopo cousas sorprendentes e totalmente inutiles; gardo os boletos das viaxes ao traballo se penso que teñen algunha particularidade como números repetidos, o mesmo ao comenzo e ao final ou calquera outra simetría (cousa moi normal porque teñen cando menos seis cifras); e adoptei o número once como sinal se sorte e sempre que aparece síntome tan segura de que todo vai sair ben que –claro- todo semellame que foi do mellor xeito que podería ser.

3- Coido que como moitos xornalistas, teño a manía por gardar todo. E cando anoto “todo” é todo, todo. Gardo todalas cartas, todolos mails, todolos chats e todalas mensaxes que recibo para espanto dos meus amigos e parentes que van tendo co tempo mais e mais medo das cousas que algunha vez puideron decir. A teima vale tamén para os xornáis, revistas, libros, papeis para envolver agasallos, paquetes, notas dos alunos da universidade dende fai oito anos, tarxetas e cintas dos agasallos que recibo e calquera outra cousa que me semella imprescindible para vivir. Tamén teño a manía (cara, teño que deci-lo) por mercar de novo calquera libro que quero ler de novo. O asunto limítase aos libros arxentinos porque os galegos non chegan a Bos Aires e, os que se venden no Centro Galego, son moi caros. Pero non podo ler duas veces o mesmo libro porque fago marcas, anoto cousas, deixo papeis sinalo as ideas e, nunha segunda lectura, todas aquelas pegadas interrompen e condicionan a nova lectura.


4- So podo vivir nun mundo ordenado. As cousas teñen o seu lugar e paso boa parte do día pondo, levando, traendo e acomodando. Gardo as roupas pola sua cor. Cando ando pola rede, vou pasando polas páxinas no mesmo orde: primeiro o correio, logo os xornais e revistas, os blogs no seu orde tamén e finalmente as cousas novas. No traballo, non podo comezar un artigo se non escribo primeiro:

VOLANTA

TITULO

COPETE

TEXTO

RECUADRO 1

TITULO

TEXTO

RECUADRO 2

TITULO

TEXTO


ten que ser así: verdana 10 maiúsculas e unha palabra debaixo da outra para logo ir completando co contido da noticia. E coido que xa vai quedando claro por qué temos tanto psicólogo na Arxentina, non si?

5- Finalmente, teño a obsesión de decir que non teño manías.

Ainda que a maioría xa o fixo, coido que non contaron as suas hojasdehierba, nacho, Carmiña, nemeth e cousas miñas. E ainda que só sexan cinco os convidado, tamén FraVernero e Iria. Se queredes compartilas, vai a invitación.

24 de jan de 2006

Crónicas marinas II - Toureiros do mar



Non sei nadar. Hai quen e ve como unha falta pero eu o levo con militancia. E dende toda a vida, que xa me ten dito que as causas sonche como os viños: as máis vellas son tamén as máis apreciadas. E ainda que iso non teña moita importancia neste asunto, o meu medo ao mar xa pasou de vinte anos.

Ao comezo, cando era unha nena, nin era medo nin nada. Cada verán chegabamos á praia de Mar del Plata famentos de sol, de sal e dese golpeteo da auga fría do Atlántico no corpo. Nese tempo antigo de areas pouco poboadas e algo menos que virxens, o ruxir do mar perdíase entre os berros da cuadrilla que formabamos a miña irmá e mais eu, os nosos curmáns, os tíos e meus pais, e de cando en vez algún dos meus avós.

Daquela, todos lanzabámonos ás augas correndo e ficabamos na beira ata que algún dos maiores apiadabase de nós e levabanos máis dentro do mar. De todos, eu prefería ir co meu pai ou co tío Vicente porque non me soltaban a man cando viñan as olas. Os outros tiñan, digamos, xeitos pedagóxicos cando menos algo autoritarios e pensaban que era mellor descubrir ao nadador que todos temos dentro a forza de tragar auga e levar sustos no meio das olas.

Cos anos, aquela música monocorde de fondo fíxose ouvir e agora non lembro cando foi pero houbo un día no que reparei na inmensidade do mar, na sua bravura, na furia da auga batendo sobre a areia. E souben que non ia ser eu quen desafiara a esa fera enorme.

E non ouvin argumentos. Que nadar é bo para os pulmóns. Que mellora as costas. Que é mellor cas dietas. Que é importante. Útil. Lindo. E non sei cantas marabillas máis.

Fronte a tanto non e non, os meus pensaron que tería un trauma (xa se sabe que estamos na Arxentina e todos somos case-psicólogos). E a falta de mellor história lembraron do día no que o tío Pepe, arrastrado pola marea, berraba pedindo axuda mentres facía sinais (ou o que podía) cos brazos. Dende a praia, aquelo semellaban aspas de muiños de vento e, pode que por iso, ninguén pensou que se etivese afogando. Así, todos deron en saudalo moi divertidos, primeiro, e máis aburridos, despois. "Que tanto saudo tampouco é normal e a xente nos mira", dixo alguén.

O coitado saiu só e sen axuda ningunha e, ainda que eu case non lembro daquelo, o recordo que teño é máis divertido que tráxico. Polo tanto, de trauma ten pouco. O meu é militancia, que xa o dixen.

Cos anos, o asunto foise esquecendo. Outros aprenderon a nadar e o fan marabillosamente ben. Dende entón, gústame moito este tempo do ano que paso na praia. Gústame ficar cos pes na auga (entre nenos e vellos que tampouco pasan da beira) ollando a maxestade do mar. E cando algún dese valentes, que a forza de aletear van e veñen entre as olas, crúzaseme en la mirada, eu penso que son como toureiros ou domadores de feras, intrépidos ou inconcientes (que pode ser a mesma cousa). Mentres eu sigo na beira, abrazada polo ruxido do mar, enfeitizada por esa inmensidade brava e salgada.

Pode que algún día acabe por aprender a nadar. Quen sabe... o que é seguro é que as militancias vanse nalgún momento na procura de novos protagonistas que as impulsen coa forza da novidade. E é bo deixalas ir no momento xusto. O que sigo sen saber é como atopar ese momento xusto.

17 de jan de 2006

Crónicas marinas I - Pegadas de mar

Dende a fiestra desta casa na que estou dende o ano novo non se ve o mar. Coido ca el tanto lle ten. Neste pobo costeiro, o mar vese por todas partes. Ainda cando non se pode ollar, como na fiestra desta casa.

Pode ser que o nome confunda un pouco. Pero en realidade, non deixa de cumprir unha lei non escrita na zona que di que os pobos levan ou nomes relixiosos ou nomes propagandísticos sobre as vantaxes turísticas que ofrecen. Así, temos -por unha banda- a Santa Teresita (do que falo), San Bernardo, San Clemente del Tuyú ou Santa Clara; e -pola outra- Las Toninas, Mar Azul, Aguas Verdes, Mar de las Pampas, Las gaviotas, Costa del Este, Mar del Plata, Pinamar, Miramar, Valeria del Mar e moito máis mar mesturado co que veña por caso. A excepción foi a do señor Carlos Gesell que ben se ve que foi pouco devoto ou moi vanidoso porque bautizou ao seu pobo Villa Gesell... o que acá chamamos un home "autorreferencial".

Pero volvendo a Santa Teresita e ainda que no seu nome o mar non teña lugar, o pobo non podería ter nacido noutro recuncho deste enorme país. Leva na costa case 60 anos e o Atlántico xa imprimiu a sua pegada en todo: dende o ar salado e húmido que se respira ata algo no carácter da xente do lugar.

Cóntame o meu home, que chegou ao pobo con sete anos e marchou con 18 para estudar en Bos Aires, que as persoas case nunca quedan na vila. Viven un tempo, fan algúns cartos co turismo e marchan, cun movemento semellante ao do océano na praia cando a marea empurrao ou o chama.

Tamen por conta do Atlántico e a praia, este é un lugar que vibra catro meses e agarda os outros oito. Dende decembro ata marzo, os turistas chegan como o vento, con forza e sen reparar en nada. A vila leva días preparándose para iso porque o diñeiro que eles deixen no verán será todo o que haxa para vivir ata o vindeiro tempo de vacacións.

Así as casas foron pintadas e arranxadas, as tendas semellan ateigadas dos produtos para mercar, e as persoas do pobo están listas para traballar todolos días, todo o día, sen parar ata que o otono traia o silencio. Con todo, para os que tamén vimos en inverno, cando a vila está valeira, hai un xeito case esquizoide que a xente de acá ten cos turistas: necesítanos e tamén os detestan. Tamén niso semellanme ao mar que recibe aos homes cos seus brazos de auga e, de cando en vez, non os deixa voltar máis. Logo, cuspe os corpos inchados e mordidos coma quen tira o corazón dunha cereixa cando a carne se desfixo na boca.

Nós vimos moitas veces no ano. Case sempre no inverno, cando as casas lucen sen vergonza a pintura manchada e as pegadas do óxido que a sal do Atlántico comeu. Nese tempo de autenticidade, so quedan os homes e mulleres que viven acá, as tendas pechadas, as casas valeiras, os hoteis durmindo, o silencio, o vento, a areia húmida, a praia deserta. E o mar. Claro.

4 de jan de 2006

O cheiro da miña história


Nos tempos de moita pobreza, gárdabase como un tesouro entre as roupas boas, non as do diario. E algo diso quedoulle asociado porque xa na Arxentina, ainda era costume gardalo no ropero para perfumar. Algunhas veces, a miña nai lavaba as mans con el. Pode que fosen ocasión especiais. Pero eu non o recordo. Si gardo, en cambio, o perfume desas mans. Ángel deume, fai uns días, un pequeno jabón deses. Fora da sua nai. Estaba vello. Tiña, coido, mais de vinte anos. E ainda bañou todo o cuarto e toda a miña memoria daquel perfume. Vostedes poden cheiralo?