25 de fev de 2007

Ser ou non ser

Unha gaita que canta dende Uruguai.
Panderetas que vibran en Bruxelas.
Un feixe de poemas en galego escritos en Bos Aires.
Un ensaio mecanografiado nun ordenador de Nova Iork.
Documentales grabado en Caracas.
Os artigos xornalísticos de calquera revista dun Centro Galego dalgún recuncho do planeta.


¿É cultura galega o que fan os fillos e netos de Galicia na diaspora?

33 comentários:

Torreira disse...

Evidentemente Babel,ao igoal que é comida italiana a que fan dous sicilianos en Manhatan

Mrs.Doyle disse...

Definitivamente si.

Galego non é que nace na Galiza, Galego é quen quere selo".

Da sibeira e do cuarto disse...

Galiza non é un territorio senón, como dixo Rivas hai uns días, un país portátil que está alí onde alguén le, pensa, fala, escribe,... en definitiva recrea Galiza. Fillos, Netos, ... e tamén outras persoas sen vínculo sanguíneo son Galiza porque recrean ao seu xeito a identidade cultural galega. Unha aperta.

berlanga disse...

Es eso y también es más. Diversifican perspectivas: geógraficas, generacionales, temporales. Abren, reúnen, renuevan, invitan. Intuyo que sus miradas, prácticas y abordajes de la cultura gallega son llaves para, a la vez, entender y enriquecer.

XM Carreira: Caixa do Mendinho disse...

O das panderetas que vibran en Bruxelas supoño que vai polas xeniais raparigas de Ialma.

FraVernero disse...

E ben ricos que nos fai...
Xa fai tempo qu deixamos de crer, alomenos dun xeito dogmático, nas identidades ríxidas. A polifonía é máis rica que a monodia, e o feito de que a nosa cultura hibridice nos reductos do exterior simplemente nos fai máis ricos. Lembro ao respeito un poema precioso de Avilés de Taramancos, 'A Espada Florescida', onde do horror do colonialismo portugués sacábase alomenos a espado florescida da nosa língua, falada nos currunchos de África e Asia...

F. Miguez disse...

Si alguén o nega, será seguramente porque o seu concepto de "cultura galega" lle ofrece algún temor personal.
Unha aperta.

O Raposo disse...

Por suposto que si. E ademais unha forma de facer máis grande a nosa patria.

torredebabel disse...

Grazas polas vosas achegas! Quen veu por este recuncho feitos de fios invisibles mais dunha vez decátase de que para esa pregunta eu xa teño unha resposta. Sen embargo, interésame moito a posible resposta de cada un de vós, as miradas propias. Interésame sobre todo porque, ainda que o políticamente o correcto pode ser decir que si, que é cultura galega a que fan os fillos e netos de Galiza fora da terra, non abonda lembrar que os netos non podían ser legalmente galegos ata hai ben pouco tempo, e moitas veces os galegos de fora (mais ainda se non nacimos na terra) somos considerados "menos galegos". Dende esa perspectiva pareceme interesante preguntar.

Grazas ao benquerido (e algo insomne nos últimos tempos) Torreira porque engadiu un punto interesante. Di el: "é comida italiana a que fan dous sicilianos en Manhatan". Dous sicilianos si, pero os fillos deses mesmos sicilianos -nados xa en Manhatan- e os fillos deses fillos -xa segunda xeración de novaiorkinos- ainda fan comida italiana? Dalgún xeito, é esa a pregunta.

Grazas a Mrs.Doyle que tamén abre outra porta forte na idea de nacionalidade: a da estadía ou lonxanía da terra. Fai medrar máis esta idea Suso lembrando a Manuel Rivas nese fermoso artigo que vos recomendo ((atópase acá http://www.elpais.com/articulo/Galicia/pais/portatil/Galicia/global/elpepuespgal/20070209elpgal_31/Tes)) e cando digo que fai medrar esa idea falo non so do que di neste cadriño senón -e sobre todo- do que fai por esa Galiza Global (http://www.forocivicogalegobcn.org/reNOVAGALIza/reNOVAGALIza.htm).

Grazas especiais (se mo permitides) a Berlanga non so polo que di, senón e sobre todo pola paciencia que ten compartindo á sua muller con esta (xa case) causa dunha Galiza nova, sensual, atrainte, espallada, conectada, profesional, e lista da que todos os galegos se sintan orgullosos.

Grazas Mendinho pola sintonía! certamente estaba a falar das rapazas de Ialma que son xeniais e precisamente o mellor exemplo desa Galiza nova, sensual, atrainte, espallada, conectada, profesional, e lista. E se non é abusar dos links, acá queda algo sobre elas (ainda que moi cedo haberá moito mais nesta mesma páxina) http://www.ialma.be/

Grazas ao admirado FraVernero pola idea dunha identidade polifónica! tes toda a razón cando dis que "xa fai tempo que deixamos de crer, alomenos dun xeito dogmático, nas identidades ríxidas". O malo é que a nova mirada non chegue a todas partes, e sobre todo a algúns políticos que non rematan de entender qué é o que hai fora da terra e siguen a plantear as políticas migratorias coa idea central do retorno.

Grazas F. Miguez! penso coma ti, o medo sempre é un mal asesor. E grazas tamén ao Raposo! ogallá algun día teñamos unha embaixada galega na casa de cada galego do mundo. Un lugar onde a galeguidade se viva naturalmente, co mesmo orgullo que se vive a arxentinidade, a italianidade, ou a americanidade.

Grazas moitisimas a todos vos!

Clara Flor disse...

Nen que decir, e como non tomemos esta oportunidade, perderemos de novo. A Diáspora galega é un feito, pero non está vertebrada. Estou convencida, cada dia mais, que organizala e espabilala e activala, non pasa polo centro territorial galego, senon descentralizado, pola autonomia da diáspora e a rede entre ela, sempre con Galiza como referencia e ollo pero en igualdade co epicentro.

torredebabel disse...

Quen mellor ca ti, clara flor, para falar deste tema!!! Haberá acaso alguen na terra que coñeza tan íntimamente a diáspora? Haberá alguén que teña o contacto diario que ti tes cos galegos da Arxentina, de Uruguai, de Cuba, de Venezuela, de Francia, de Bruxelas? Haberá alguén que teña escoitado coa atención que che coñecemos aos galegos contar, agradecer, chorar, pedir, esixir, berrar? Haberá quen poida chamar a centos de teléfonos no mundo e atope do outro lado un galego-amigo feliz de escoitar esa voz? Eu dubido que haxa alguen coma ti. E non son a única...

Torreira disse...

vale vale,dous fillos de sicilianos en manhatan Torre...tamén vale

Mrs.Doyle disse...

Está comprobado pola maioría dos estudiosos da culturalidade que a cultura é algo que se aprende, ou mellor dito que a cultura é todo o que se aprende.

Clara Flor disse...

Concordo con que cultura é o que se aprende. Por eso, se revalorizamos a nosa, e lle damos a honra mundial que merece, o posicionamento, vai ter moito suceso e vai encrer a propios e alleos, só se precisan canles, pontes. Non, torredebabel, hai moita xente que coñece mellor ca min a Diáspora, eu só lle boto vontade porque son parte dela, nada mais, e o importante é que hai que falar dos outros, dos que non teñen voz, e nós por sorte, por estes medios, témola.

SurOeste disse...

É galego quen quere ser galego e asume a cultura e a lingua de Galicia como algo propio, para min tanto ten os xens que teña (Panchito ao final era galego).
Fai cultura galega quen se sitúa desde a perspectiva da cultura galega para facer cultura (Xavier Alcalá ouu MªVictoria Moreno por exemplo).
É galego todo aquel que vaia votar nas próximas municipais? A miña resposta é non.

Ra disse...

Aplaudo cada manifestación apasionante de la cultura gallega, y secundo lo dicho por Mrs.Doyle.
Un abrazo de esta APASIONADA de vuestra cultura (un poquito mía si me lo permitís), hija de gallega-afincada-en-Málaga.

Mario disse...

E non há de ser? (contestación nacional, con outra pregunta).
O que debíamos ter é máis pontes, se a lingua se perdeu no seu momento, na emigración (relativamente), agora temos unha serie de medios capaces de tela viva e produtiva, a min gustaríame poder ler a obra dalgún galego de alá, ou que se volvesen facer premios literarios como cando a dictadura. Ben, ti xa fas un chisquiño de ponte (cousa que nunca ben che pagaremos).

Mr Tichborne disse...

Claro que si.
Tamén se pode facer dentro do territorio galego moita incultura alleante e antigalega. Pero esa é outra historia, outra xeografía.

Seoman disse...

Non e so cultura galega senon que son parte importante do noso pais. Sempre hai que lembrar os que estan lonxe da nosa terra.
Saudos

Nemeth disse...

éo, sen dúbida... ademais de demostrar un verdadeiro internacionalismo sen complexos que xa gostarían de ter outras culturas...

apertas

beatriz disse...

para min, o caso non é ser ou non ser, o importante é sentir, ter esos vínculos emocionais que che permitan ilusionarte e que te arrastren cara á raíz. de aí parte a ollada sobre o mundo.
apertas

moucho branco disse...

Non creo que ninguén disinta nesta cuestión. Evidentemente a cultura galega segue a selo se practique onde se practique.

paideleo disse...

Os exemplos que puxeches están claros e eu engadiría a xente allea a Galicia por nacionalidade, raza pero que fai cousas como as que expuseches.

torredebabel disse...

Grazas de novo e podo engadilo moitas veces, que nunca serán moitas!
Dende logo que o exemplo dos sicilianos vale, Torreira! é moi moi pertinente porque deixa ver a complexidade do asunto, os matices, os problemas. Mellor non o atoparía!
Grazas Mrs.Doyle por lembrar algo tan central: é cultura o que aprendemos, é cultura o que facemos, é cultura o que deixamos. E grazas á admirada Clara Flor por engadir a medicina que pode sanar a moitos que levan anos sofrendo: revalorizar a nosa cultura, darlle a honra mundial que merece, o posicionamento. Niso de que moitos coñecen a diáspora, niso... eu xa non estou tan dacordo. Pero para iso estamos, para pensar cada quen ao seu xeito.
Grazas benquerida SurOeste! puxeches as palabras xustas para explicar este asunto: quen vota? quen é galego? Cando menos, dende a miña perspectiva. Polo mesmo, Grazas e benvida beatriz!!!
Grazas Ra! esta cultura galega, coma dixo antes SurOeste, é de todo quen saiba e quera amala. A cultura galega é toda tua (nada de pouquiño!!!). Toda túa para coñecer, para descubrir, para disfrutar, para ser...
Grazas Mario! concordo co que apuntas: máis pontes, máis galego na diáspora. Non fan falta cartos ou grandes investimentos. Se cadra, non son eu un bo exemplo co meu galego espantoso, pero eu fai menos dun ano que o falo (mal, dende logo, pero cando menos vou aprendendo) e todo foi pola rede, por vós, polo que aprendo do que escribides e comentades, polas poucas pero sempre intensas conversas con Ana, con Marinha, con Conchi, con Edu, cos amigos que me deu este blog e que non me chegará a vida para agradecer!
Grazas Mr Tichborne!!!! dende logo, tes toda a razón do mundo: as fronteiras son un invento, cando menos, inxenuo dos homes. Sen embargo, tamén son unhas etiquetas moi usadas e moi eficaces.
Grazas Seoman!!! ogallá esa idea de que os galegos somos todos o mesmo (dentro ou fora) se espallara. E non digo só na terra senón e sobre todo tamén na diáspora. Cantos, ainda, sofren sintindo que son menos cos dalá...
Grazas Nemeth! que ledicia atoparte! concordo e saliento que temos que "demostrar un verdadeiro internacionalismo sen complexos"!
Grazas moucho branco!!! moitos disinten nesta cuestión, tristemente. Por iso, moito me gusta engadir mais e mais exemplos. Poboar o mundo de galegos moi galegos!
Grazas paideleo!!! ainda virán novos exemplos do que anotaches!

Moitísimas grazas! sodes moi amables e moito aprendo de cada un de vós!!!

Larvós disse...

Como dixo nun deses programas de emigrantes retornados un galego de venezuela: "eu estou orgulloso de ser galego, porque galego pode ser calquera".

Segundo Manolo Rivas, que é quen popularizou a anécdota, esa frase debería estar no frontispicio de tódalas nacións. Sen dúbida estou dacordo. Por non falar do racismo e a xenofobia. Que hai máis propio da mala educación que andar a mirarlle o ADN á xente?

Larvós disse...

Como dixo nun deses programas de emigrantes retornados un galego de venezuela: "eu estou orgulloso de ser galego, porque galego pode ser calquera".

Segundo Manolo Rivas, que é quen popularizou a anécdota, esa frase debería estar no frontispicio de tódalas nacións. Sen dúbida estou dacordo. Por non falar do racismo e a xenofobia. Que hai máis propio da mala educación que andar a mirarlle o ADN á xente?

Moralla disse...

Cando algo é da terra, auténtico, non perde a súa garantía e o seu carácter por emerxer na diáspora.
É, pois.
Vaites! tíñache abandoada miña flor. É un pracer voltar por estas paraxes de fíos (in)visibles.
Un bico forte de Yoli

ARUME DOS PIÑEIROS disse...

Como vexo que este é foro da diáspora, pregunto: como se ve por aí que se poida votar nas eleccións municipais de Galicia? Seica se pode facer cultura galega fóra, polo que aquí se afirma, pero non teño idea do que pensan desde outros lugares sobre a política municipal en Galicia. Gustaríame ter opinións vosas ao respecto.

torredebabel disse...

Graciñas Larvós por esa lembranza. Moitas veces lin e escoitei aquela frase que ten, dende logo, un lado fermoso e un ben triste. Concordo con Rivas, tería que estar no frontispicio de tódalas nacións. Grazas por achegarte por aquí!
Tamén moitas grazas á admirada e talentosa Moralla! Gustame moito iso de ser da terra, coma nación pero coma humus. Coma sempre, con poucas palabras teces unhas imaxens fermosas!
E moitas grazas a Arume dos Piñeiros pola sua visita e moi benvido! Non é este un blog exclusivo nin excluinte sobre a diáspora. É un blog galego. Naturalmente, e como pasa co resto dos blogs, cada quen fala da sua Galicia, da que coñece e da que vive. Hai quen conta Galicia dende Ourense, outros dende Vigo, hai que ve Galicia en Compostela e hai galegos en Europa. Pois eu, que son igualmente galega, conto a miña Galicia dende 12.000 km e cun océano por medio.
Respondendo á sua pregunta específica sobre as eleccións municipais de Galicia, non podo eu responder sobre "como se ve" por aquí porque sería pouco respectuoso das multiples, diferentes e ricas posicións. Dende logo, podo eu dar a miña opinión, persoal e se cadra pouco compartida, non o sei. Teño 34 anos e dende os 18 voto en todas as eleccións nas que o puiden facer. Ainda que non viva en Bande, onde estou censada, coñezo moi ben esa pequena cidade, ás súas xentes, os seus problemas e os conflictos políticos. Non só porque leo 4 xornais galegos cada día, senón porque tamén teño un curmán moi implicado na política comarcal e provincial. Certamente, son moito mais impactantes as historias dos votos mercados na diáspora, dos votos dos mortos e dos votos fraguados, pero eu -honestamente- son moitos mais galegos responsables cos seus dereitos os que coñezo que dos outros.
Finalmente, non é que se poda facer cultura galega fora porque se afirma aquí. É que se pode facer porque xa o deixaron claro persoeiros coma Eduardo Blanco Amor, Castelao ou Luis Seoane, por falar dalgúns apenas.
Grazas de novo!

arume dos piñeiros disse...

Eu non quero dicir que este sexa un blog exclusivo sobre a diàspora, pero paréceme o máis representativo: por iso fixen aquí a pregunta. Porque eu non estou seguro de que o seu grao de participación na vida cotián do seu pobo en Galicia sexa moeda común: por iso quería comprobalo e coñecelo.
Sobre o da cultura galega fóra, eu non tiña ningunha dúbida, pero foi precisamente a pregunta neste post a que pode facer que dubidemos.
Eu fago outras preguntas:
Por seren galegos, todo o que fagamos debe ser ou remata por ser cultura galega? Podo, sendo galego, non facer cultura galega?
Podo facer cultura galega, non sendo galego? Para mín son preguntas máis interesantes, xa que a ecuación galego-cultura galega é esperable (aínda que non abrangue todo), mentres as outras opcións resultan máis atractivas.
Un saúdo moi cordial desde Vigo, con desexos de visitar algún día Bos Aires.

torredebabel disse...

Grazas polo seu comentario Arume dos piñeiros! Fixo vostede a lectura correcta sobre este post, adiantándose ás vindeiras preguntas que completarían a serie porque, coma ben di vostede mesmo, a ecuación galego-cultura galega é esperable ainda que non sexa infalible.
Pero ser fillo ou neto de Galicia, nado dentro ou fora da terra, non significa necesariamente ter relación con esa galeguidade. Non todo galego é capaz de traballar para ou pola cultura galega. E non só os nados en Galicia (ainda mais, non só os que teñen galegos na sua familia) poden e saben e queren traballar para facer mais forte e mais universal ainda a cultura galega.
De feito, coñezo unha muller chamada Graciela Einschlag que non ten un só galego na sua historia e sen embargo, tería que vela vostede traballar gratis, voluntariamente, nos seus tempos de lecer, dentro dun grupo de mulleres galegas en Bos Aires!
Hai galegos porque non teñen mais remedio. Hai galegos porque son fillos de galegos. Hai galegos que sobre todo queren ser celtas. E hai galegos que son galegos por adopción.
Se non mo toma a mal, engadirei esas preguntas que deixou nesta fiestra á serie. E non deixe de vir por Bos Aires! podo asegurarlle que é unha cidade fascinante e sobre todo emocionante para toda persoa do mundo, e especialmente para toda persoa de Galicia!!

Nébeda disse...

eu sei dalgúns que non se poden considerar como galegos. aínda que seudo-toquen a pandeireta.


saúde e saúdos. muaks.

Alfredinho disse...

É ben certo que "uno no es de donde nace, sino de donde pace", pero por outro lado ver que en moitas partes do Planeta o noso idioma se conserva máis ainda que nalgúns lugares de Galiza é, polo menos, moi moi interesante e adorable.

Un saúdo.

(Tentarei pasar máis por aqui) ;)