Levo máis ou menos ano e medio contándovos historias. Por iso, comezar hoxe dicindo que falo moi mal o galego é -cando menos- redundante. Xa o sabedes.
PD: a diferencia nos tempos (un mes, ano e medio) é porque a historia foi contada primeiro para a radio.
29 comentários:
Non últimos anos producíuse un xiro no ensino e aprendizaxe de linguas: pasouse de contemplar o ensino como unha corrección de errores (xeneralizando moito) a considerar os erros e as equivocacións como algo moi, moi práctico que axudan a saber o que o aprendente sabe e non sabe, permitindo de ese modo traballar en algo máis concreto para mellorar...
O importante é a motivación... e tamén a paciencia...
Non deixas de sorprenderme... atúa percepción e intelixencia non deixan de ser un presente pra esa miopia cidadán e colectiva que sufrimos aqui na Galiza dende fai anos...Ao mellor a cura está en coller distancia e aplicar o sentido común.
Apertas de preto
conmovedora, coma sempre esa defensa do idioma dende a lonxanía...e é que cadavez estón máis seguro que isso levamolo na ialma....noraboa por seres asím...
O Galego nin se fala ben nin se fala mal: O Galego fálase e punto, e iso debería ser o máis importante... ¿ou unha redeira de Rianxo fala coa mesma correción que un eminente "cadeirádego" de Compostela? Un afiador de Ourense fala mal o galego? Ou aquela campesiña que enche o seu hórreo nos Ancares?
Claro está que as linguas deben ter unha Norma que as "estandarice" dalgún xeito, pero escoitarche falar a miña lingua con acento arxentino provoca en min sentimentos tan profundos como escoitar os múltiples acentos de tódolos nenos e nenas que levo tido como alumnos... Ribeira, Coruña, Cervantes, Artes, Budiño, Carballo... Porque o Galego non se escoita cos oídos, escoitase co corazón, e o corazón non entende de "erros na pronuncia" nin de "faltas de ortofonía".
Unha aperta alén dos océanos.
Emocionantísimo... coma sempre... que o galego fale da xente, e que poida aínda falar de ti atopándote tan lonxe das túas orixes...
E o teu galego non é malo!, é precioso... porque é o galego que con grande esforzo sementaron os galegos da América... e por iso aínda debería ser maiormente valorado polos que nos atopamos na terra...
moi fermoso!... e bueno, témome que polo de pronto xa o falas mellor ca min, que acumulo grallas en calquera língua e na miña propia tamén por iso de non facerlle o feo.
Pois o falas bastante ben, a alguns xa lle gustaria falalo tan ben coma ti (ser ir mais lonxe o antiguo alcalde da miña cidade o inclito Paco Vazquez).
Moi fermoso (tes unha voz moi fermosa)
O teu galego é máis que correcto e debeches de facer un trato co demo para conservar esa voz de adolescente.
Permíteme unha corrección na túa escrita; sempre escribes "acá" e soa mui arxentino. Millor se escribes "aquí" ou "acó".
Un saúdo e non pidas perdón porque non hai ofensa.
Escoitarte de novo falando en galego foi un fermoso agasaio.
Unha aperta grande grande linda.
;)
A min é que me emocionan estas cousas. Non se che nota nadiña o sotaque do sul.
Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega
O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
(www.asuvasnasolaina.blogspot.com)
SEN PASARSE.FALAS MOI BEN O GALEGO.ATREVOME A DECIR QUE TI FALAS MELLOR CA MIN.EU DE VEZ EN CANDO METO ALGUN CASTELANISMO QUE SE ME ESCAPA...
Xa quixeran moitos/as ensinantes falar un galego tan natural coma o teu. O que pasa é que algúns consideran que un bo galego é só aquel que emprega terminoloxía do tipo coido, axiña, adoito, non embargantes, emporiso...bla, bla, bla...
E todo o contario. O galego sobrevivíu aos reis católicos, aos séculos escuros, á ditadura de Franco e aos doctos filólogos gracias a falantes coma ti. Un saúdo.
Modesto
Parabéns polos teus esforzos e excelentes resultados!
Aproveito para che remitir esta nova, para que vexas que na nosa terra non esquecemos ás galegas de alén do océano: Homenaxe Herbas de Plata
pois a min paréceme que falas un galego delicioso, e que deberías pensar en facer un falangullo, serías a primeira galega (que saiba eu) do outro lado do atlántico en facelo. anímate! ;)
unha aperta.
Si que son miticos si.
Es el dia de la mujer. Y no os mereceris un dia sino todos los dias del año. Que mejor manera que celebrarlo con vosotras. Besos
oiches mociña???? no te quepa dubida de que falas millor que moit@s galegos ein???
bicos!!!
oiches mociña???? no te quepa dubida de que falas millor que moit@s galegos ein???
bicos!!!
Así que es ti a muller do anuncio que sae na Radio Galega. Sorprendente!
A primeira vez que o escoitei pensei directamente en ti. Parabéns polo dominio da lingua. Eu, coido, que non o fago mellor ca ti. Apertas, ao lonxe.
Sensibles e intelixentes verbas, e...o teu galego, rula, é de calidade.
Podería dicirse que nesa lingua abroullan as túas emocións e sentimentos.
Por certo, es moi doce e melosa cando o falas.
Ummmm, non sei, pero non creo que ti penses que en Galiza sofrimos de miopía intelectual.
Algunha xente da miña/túa terra ten falta de autoestima, ese é un rasgo que no pasado nos caracterizou, mais eu penso que agora, GALIZA está a rexurdir con FORZA.
GRAZAS, Babeliña por amar tanto este recanto onde racha o Atlántico!!!!
Unha aperta entre gaitas e panderetas no Día da Muller Traballadora coma ti, e a seguir loitando!!! :-)
Yoli
Sempre fermosas as túas verbas, sempre fermosa a túa maneira de vivires a galeguidade. Unha aperta, Andrea
Guau...que preciosidad. Me ha encantado escucharte, porque durante un momento hablabas tambièn de mì (solo que yo no me atrevo a escribirlo y a veces bastante menos a hablarlo...con acento andalùz suena bastante ¿inhòspito? ;)). Linda.
Se todos tivésemos tanta conciencia, coma tí en usalo galego a perda de falantes hoxendía non sería tal.
E como adquire forza o teu testimonio coesa voz de ton arxentino-armonioso.
Cabe para un curto publicitario. ¿qué ten co que dí Carreira da radio Galega, haber descúbrenolo!?.
Encantado de oirte.
XulioDRabal
Pouco que engadir ao que dixeron os demais...O idioma séntese, e fálase con ese sentimento, eu é o que penso...Calquer idiomas!
Bicos e apretas ao lonxe!!!
Precioso.
E falo galego. Porque o galego fala de min.
Bueno, non podo negar que sinto unha enorme vergonza. Non é falsa modestia, é verdade. E non teño palabras para agradecervos tanta pero tanta xenerosidade. Son moi conciente do mediocre nivel do meu galego falado. Dende logo, teño a "vantaxe" de que ninguén espera moito de min vivindo ao lonxe e non sendo a miña lingua de traballo e de uso cotiá. Pero eu, pódovos asegurar, teño a intención, a esixencia de falar realmente ben a lingua. Sen cometer pronomecidios, sen usar un castelanismo cada catro palabras, sen as pegadas que deixa quen pensa nunha lingua e fala noutra. Moito agradezo a quen me sinala os erros (graciñas Paideleo!! dende agora só aquí e non mais acá ;-)), moito agradezo aos amigos que aturan o meu galego cando falamos polo ordenador (graciñas Marinha e Jan!!!) e moito vos agradezo as louvanzas. Cada unha delas é un compromiso por mellorar e mellorar. Grazas moitísimas!
PD: tes razón lourixe, esas mulleres de Herbas de Plata moito merecen ser coñecidas. E cho digo eu que ben as coñezo.
PPD: moitas grazas ictioscopio!! non sabía dos falangullos e fun descubrilos grazas a ti!
PPD: Xulio e Mendinho: son eu, pero non llo digades moi forte porque se cadra decátanse do tan mal que falo e non me queren mais aí ;-) Falando en serio, ese lugar de privilexio no Diario Cultural da Radio Galega é unha sorpresa que me deu a vida superando por moito o mellor dos meus soños audaces. Imaxina que están aí Ana Romaní, Anxo Quintela, Xavier Queipo, Xosé Carlos Caneiro, Miguel Anxo Murado, Helena Gonzalez e tantos outros entre os cales non teño eu moito que engadir. Un luxo, un milagre, unha oportunidade e unha responsabilidade de facer públicas as historias dos galegos que aman a súa terra dende a diáspora.
pois a min o de acá encántame, non o quites ;) se cadrá porque me lembra o de "el lado de acá" e "el lado de allá" de Rayuela :)
E un verdadeiro pracer escoitar a nosa lingua nos teus beizos e co teu acento porteño.
Non sei si sabes que na zona de onde eu son falase un galego “peculiar “, o “Ghallegho”
O seseo e a gheada típico na xente da costa.
Non ten un son melodioso , se non mais ben e un berro áspero e rudo da xente do mar, pero moi sentido e agarimoso.
Grazas por regalarnos as túas verbas e agora tamén a túa fermosa voz .
Leémoste i escoitámoste.
Apertas.
Miña querida, fálalo e que ben o falas. Iso sí que ten valor, recuperar unha lingua ao lonxe, ben ao lonxe (13 quilómetros). Segue a explorar a túa alma galega en galego. Unha aperta grande.
Postar um comentário