1 de nov. de 2007

Che bandoneón

Non é preciso facer nada en especial porque -mesmo sen querelo- o tango sempre vai atopar a maneira de meterse na vida das persoas que por estes recunchos do mundo viven. Hai quen di que é logo dos 30 anos, cando as letras comezan a falar da propia vida: das penas, das decepcións, dos vicios e dos erros, do desamor, da soidade.

Porén, o meu primeiro contacto co tango comezou aos 3 anos. Non foi entre os meus. Foi no bus que me levaba á escola e que, ao mediodia, me devolvía á miña casa. O dono dese vehículo era un home raro. Medía preto dos dous metros de altura e iso, que o facía un tío moi alto para os adultos, transformábao sinxelamente nun xigante para os rapaces que movía pola cidade de Avellaneda. Ademáis, todo o que tiña de gótico, tíñao tamén de magro e de feo. Se cadra pola altitude, os seus ósos daban a impresión de estar un chisquiño desconectados e sempre en risco de derrubarse coma un castelo de naipes. Se tal non sucedía era porque unha pel oscura e marcada contiña esa carcasa tremente ainda sen ser quen de disimular a desarticulación das pezas.

Chamábase Nino. Bueno, todo o mundo chamáballe Nino e hoxendía sería sinxelamente impensable que un home tan raro e tan feo fixera o traballo que el fixo durante anos e anos. Agora, os nenos viaxan á escola en pequenos transportes, levados por mozas case sempre novas e case sempre guapas, que a forza de sorrisos e de voces fálsamente agudas espantan medos pedófilos dos pais. Pero falabamos do tango.

Non sei ben por qué Nino facía ese traballo cos nenos porque, certamente, tiña por nós -os rapaces- o mesmo interés que eu pola F1. Durante a viaxe de cada mañana ficaba ausente, concetrado na radio. Pero nas do mediodía falaba bastante ainda que polo xeral só até que, repentinamente, consideraba a algún dos nenos maiores o seu interlocutor. Entón, invaba temas e comentarios completamente inapropiados e moi divertidos.

Nino era un tanguero. Non dos de hoxe senón dos de antes. Escoitaba un detrás do outro, ducias e ducias de tangos e cantábaos con entoación e propiedade. Non se trabucaba xamáis nas letras e, se tiña a sorte de que un semáforo ou un tren detiveran un momento a marcha, entón ademáis de cantar tocaba un bandoneón imaxinario cos seus dedos de caña de sucre, o corpo adiante e o pe marcando o compás.

Dez anos pasei mañás e mediodías nese bus. Aprendín coma os pericos letras e letras de tangos que, dende logo, falaban dun mundo alleo e descoñecido. Hoxe ese mundo é propio e próximo e eses poemas tamén -ás veces- falan de min. Se cadra, Nino non era tan alto. Se cadra, non era tan feo. E pode que nin sequera fora tanta a música que escoitaba. Pero sempre, sempre, será un virtuoso músico, cun bandoneón invisible.

22 comentários:

FraVernero disse...

De certo que é unha música viciosa, coma o jazz, que che entra sen que te des de conta, e che impulsa a unha mobilidade extrema, anque sexas o máis sedentario dos seres con alma de caracol ou cangreso hermitán...

Alén das pezas máis coñecidas, lembro unha incursión paralela no mundo de Piazzola que nos descubrira unha vez un flautista e que nos animou a mín e a un amigo a botar man de canto cd puidemos ao respecto...

Barrabás-Barrabás disse...

El bandoleón ya tiene buenas cosas que contar desde que llego de italia con los inmigrantes y ser el intremento principal del tango.

Me llama mucho la atención que tu blog sea en portugués siendo que vives en Buenos Aires, así se me complica más el leerte. : /

Muchos saludos.

paideleo disse...

Eu non son nada amante da música pero sei recoñecer que a persoa que sabe cantar ou tocar un instrumento ten muitas portas abertas.
Unha infancia unida a lembranzas de xente amante da música é unha infancia feliz por forza.
Un saúdo.

torredebabel disse...

É así, paideleo: a música enche as nosas vidas mesmo sen nós decatarnos diso. E logo, cando soan, traenos de novo eses tempos pretéritos. Concordo cen por cento coa tua frase: Unha infancia unida a lmebranzas de xente amante da musica é unha infancia feliz por forza.
Fravernero qué fermosa lembranza sobre Piazzola. Non só era un xenio, tamén era quen de petar na alma das xentes máis afastadas do mundo e falar unha lingua sen verbas pero chea de sentimentos. Qué enorme Piazzola!!
Para o amigo Barrabás-Barrabás, benvido! Este blog está escrito en galego. Un galego cheo de erros, de castelanismos e regras que non se cumpren coma debían. E pode semellar raro pero non o é tanto. Aquí che deixo unha explicación.

Apertas a todos!

Torreira disse...

Gosto,gosto do tango como das túas verbas.Bico

Zerovacas disse...

En son tangueiro, tamén. Sempre se escoitaron tangos na miña casa, dende que eu era pequeno. E meu avó sabía cantalos moi ben. Pero non foi até a adolescencia cando os descubrín por min mesmo. E xa non os saquei da cabeza

Mario disse...

Precisamente zerovacas achou un xeito moi tangueiro de cumprir o meme ao que está vostede convidada aló na miña illa.

Anônimo disse...

Pecho as pálpebras e case podo "ver" en toda a súa altura o señor Nino que cos seus dedos de caña de sucre pulsaba as teclas do seu imaxinario bandoneon e con rexa voz de consumado tanguista deixaba esvarar da súa gorxa as verbas dun melancólico tango.
Surrealista e fermoso.
Apertas

busto.agolada disse...

Que fermosa tradución das lembranzas da infacia á nostalxia que hoxe che evocan. Pola miña parte gusto da boa música, tamén do tango, anque as miñas preferencias van por outros camiños.
Saúdos, Débora.

Anônimo disse...

Fermoso post. Eu tamén son tangueira, con paixón.

Raposo disse...

O tango: nunca unha música estivo tan cerca de corpo.
Apertas.

Unknown disse...

eu nunca fun tangueiro, de feito fai uns anos sorprendinme tarareando musicas que me avergoñaba y silenciaba inmediatamente....
non hay problema hoxe teño moi asumido que son romantico y agarimoso e dende que puiden liberar o meu lado mais feminino disfruto mais da vida e por suposto do tango.
comentarche que teño preso na miña casa un acordeon y o maltrato de cando en vez arrincandolle notas,mais non as suficientes coma pra facelo en publico pero si que teño unha especie de rito o terminar cada sesión, intento que soe "por una cabeza" y dependendo do que consigo considero que avancei ou que sigo a ser un desastre....
bicos compostelanos onde a humidade xa fai que pensemos no frio ainda que non chegara

Ra disse...

No quepa duda de que quien no haya sido tanguero lo será después de leerle, Doña Débora.
Besos, al sur del norte.

Suso Lista disse...

Alucinei estando nun bar de Caminito, oindo tangos e de repente un velliño que tocaba o violín, sabendo que era "Gallego", veu xunta min e preguntoume se ceu coñeceria Laracha, xa que sua nai era de alí, e nunca ningún que viñera de España, lle dixera que coñecía tal sitio. Dixenlle que Corme estaba a puco mais de 40 Km de Laracha e que pasaba por alí sempre que iba a Coruña, empezou a chorar e a darme abrazos. Tiña casi 80 anos e sua nai morrera sin voltar había mais de vinte anos. Emocionante.

Mararía disse...

Eu non escoito tangos, pero cando era pequena meu avó cantábame algúns que él recordaba. Non sei onde os aprendeu, non acordei preguntarlle. Cando perdeu o senso eu devolvinlle a música, estaba sempre con él o redor da sua cama e tocaba no órgano as únicas tres cancións que coñecía.

A música, o arte, é a parte máis íntima da humanidade. É o meu parecer.

Un saúdo.

Mr Tichborne disse...

Bonito tango de lembranzas.
Convideite ó meme ese das oito cousas, sen compromiso pola túa parte. Pásate polo meu blog para saber máis.
Unha aperta.

Marinha de Allegue disse...

Disfruto cos tangos de profundas letras,contundentes pasos e sutil melodía...

Unha aperta grande a ritmo dun tango.
:)

Anônimo disse...

Meu pai era un amante do tango, e, ademais bailábao francamente ben, cousa que eu non heredei, por desjracia. Pero sí o gusto por esa música máxica que alguén que agora non recordo definiu máis ou menos como "un sentimento triste que se baila"...

Veloso disse...

Nos meus anos de estudante en Santiago, asistín con entusiasmo a clases de baile de salón. Unha das especialidades era, precisamente, o tango, iso si, bailado á europea (que é máis fácil e menos apaixonado). Lémbroo como un tempo fenomenal. Aquel lento-lento-rápido-lento fixo que me afeccionase a escoitar a Gardel. Que grande e que fermoso, mesmo nas letras coas que é imposible estar de acordo. Un bico, Torredebabel, dende o outono de Zamora.

Ana Bande disse...

Para min, que son unha persona de contino encabuxada co mundo, os berros do tango son unha terapia maravillosa. Hai un que me gosta especialmente "El mundo es y será unha porquería...", a voz de Goyeneche, mmmmm, hai pouco que puxen letra e música no bló. A historia de Nino está tan ben contada que semella totalmente falsa ¡que sorte tiveron algúns coas súa infancia!, hoxe mesmo Occam lembra no seu bló ese tempo feliz no que el tiña a sorte de pasar horas e horas na cabina de proxección dun cine, como en Cinema Paradiso, mmmm....

(http://anabande.blogspot.com/2007/10/que-el-mundo-fue-y-ser-una-porquera-ya.html

R.R. disse...

Precioso post. ¡Buf!

Anônimo disse...

Pois para todos os que din que lles gusta o tango, que tenten ver a vella película "Sur" de Pino Solanas, con banda sonora de Piazzolla interpretada por Goyeneche.
Eu do tango so coñecía a Gardel. Logo, hai anos descubrín outro mundo, máis aló do que amosaban as películas: Tita merello, Troilo, Goyeneche, Adriana Varela, Piazzolla...
Hoxe, para mín, o tango é, dende entón, unha droga da que abuso con sumo placer, porque La vida es un bandoneón como dixera Benedetti.