6 de fev. de 2008

Definición



«
Dúas cousas ten todo galego das que non pode renegar: unha aldea e un parente na diáspora»


22 comentários:

Sun Iou Miou disse...

Eu de rapariga sentía envexa dos compañeiros da escola que tiñan aldea. Por iso de grande, decidín ter unha aldea de meu: a Aldea das Carrouchas é a miña aldea por elección, non por herdanza e diso, abofé, non se renega.

llll disse...

chegouche o meu correo? senón mándocho de novo. um beijo enorme, Débora.

Anônimo disse...

Non é por levar a contraria, pero nen teño nen tiven aldea, nen parentes cercanos na diáspora. Eu sinto Galicia nos ouvidos, na tripa e nos ollos.

busto.agolada disse...

A miña aldea é Pazos-Carmoega-Agolada e os meus parentes na diáspora é a familia dunha prima que non coñezo, que residen en Bos Aires, aí onda ti. Eu si que coincido co estereotipo.
Saúdos.

Anônimo disse...

Eu non reparo en ninguén que coñeza que non teña aldea, pero ao mellor ven condicionado porque eu nacín nunha. Parentes na diáspora tamén, meus avós tiñan parentes en Cuba, e eu teño curmáns traballando en Madrid.

Anônimo disse...

Hoxe quizais xa non se da en tódolos casos a primeira regra, ou porque as orixes xa esvaeceron ó longo das xeracións, ou porque a aldea deixou de selo. A segunda coido que dun xeito ou doutro, cada día cúmprese máis.
Eu cumpro ás dúas máximas, teño aldea e parentes na diáspora. E morriña (a terceira cousa) das dúas, tamén.

A lareira de Santiso disse...

Eu teño aldea e parentes na diáspora. Todos temos algo diso, aínda que sexa aló lonxe

Suso Lista disse...

Creo que falta tam�n, unha maleta no faiado...esperando.

Nébeda Piñeiro Barros disse...

pois vaiche ser certo... :)

Chousa da Alcandra disse...

Non é posible entender aos galegos sin a Galiza de dentro e maila Galiza de fóra. Entre ambas configuran a nósa realidade.
Eu tamén respondo plenamente a ese estereotipo.

Torreira disse...

Un bo patrimonio personalizado.Bicos e coídeseme.

Marinha de Allegue disse...

As definicións sempre conlevan un risco de erro pero neste caso coido que o risco minimízase...

Unha aperta desde Kompostela nunha manhá de Domingo.
:)

paideleo disse...

Eu teño aldea e eu mesmo andei polo mundo e teño a maleta preparada no faiado.
Quizais ata sexa galego eu !.

Veloso disse...

A miña aldea é Silvaoscura, por suposto. Nacín en Venezuela, teño familia na Arxentina, nos Estados Unidos, en Alemaña; e amigos moi queridos en Inglaterra e Portugal. É posible que eu tamén sexa galego. Unha aperta.

Raposo disse...

Cumplo as duas condicións: teño unha aldea e parentes en varios paises de Sudamérica, incluida Arxentina.
Apertas.

Nuca disse...

Non sei, me desacouga a frase. Pode ser estatísticamente certo, pero non me parece a mellor -a máis favorable- definición para un galego

Anônimo disse...

Na Galiza profunda, vivir na diáspora pode consistir en vivir na aldea do lado. Comprendo que haxa xente que teña presa por enterrar certos esteriotipos que nos identificaron aos galegos através do tempo, pero coido que o segredo de non perder a identidade, está en manter viva a memoria, a ilusión e a esperanza.
Un bico.

X disse...

E eu que non teño ningunha das dúas, que hei de ser?
:(

Mario disse...

Vaia, os outros comentarios corroboran o que ía dicir eu. Non tod@s temos unha aldea, e até semella que parentes fóra tampouco.

TXARI disse...

cando nom é umha: umha aldea na diáspora!!!!!

fucafuca disse...

Tremendamente interesante!!

he he

Alguén quere apresentarse a un certame de relatos de aventuras???

Renovamos a web 2 veces ao día polo que compre baixar a barra para atopar as bases

Unha forte aperta!!!

torredebabel disse...

Graciñas polas vosas aldeas e polos vosos parentes. Eu, claro, tamén teño aos meus pero, como di txarí, no sentido inverso: a miña aldea é Nigueiroá (en Bande) e os meus parentes son todos os que alá quedaron (Emilio, Amparo e Ro, a tía Jesusa, Li e Carlos, Ana e os seus, a outra Ana e os seus, Anita e Xulia, Marinha e moitos outros porque familia é a que facemos e non só a que a bioloxía nos traza).

Dalgunha maneira, vivir ao lonxe permite tamén gardar unha certa lonxanía dos tópicos galegos. O malo non é que existan como primeiro paso na achega a algo ou alguén (de feito, coñecemos o mundo así). O malo é que so sexan ese primeiro paso.

Graciñas polos matices e polas cores! Graciñas polos pasos dados.