Eu de rapariga sentía envexa dos compañeiros da escola que tiñan aldea. Por iso de grande, decidín ter unha aldea de meu: a Aldea das Carrouchas é a miña aldea por elección, non por herdanza e diso, abofé, non se renega.
A miña aldea é Pazos-Carmoega-Agolada e os meus parentes na diáspora é a familia dunha prima que non coñezo, que residen en Bos Aires, aí onda ti. Eu si que coincido co estereotipo. Saúdos.
Eu non reparo en ninguén que coñeza que non teña aldea, pero ao mellor ven condicionado porque eu nacín nunha. Parentes na diáspora tamén, meus avós tiñan parentes en Cuba, e eu teño curmáns traballando en Madrid.
Hoxe quizais xa non se da en tódolos casos a primeira regra, ou porque as orixes xa esvaeceron ó longo das xeracións, ou porque a aldea deixou de selo. A segunda coido que dun xeito ou doutro, cada día cúmprese máis. Eu cumpro ás dúas máximas, teño aldea e parentes na diáspora. E morriña (a terceira cousa) das dúas, tamén.
Non é posible entender aos galegos sin a Galiza de dentro e maila Galiza de fóra. Entre ambas configuran a nósa realidade. Eu tamén respondo plenamente a ese estereotipo.
A miña aldea é Silvaoscura, por suposto. Nacín en Venezuela, teño familia na Arxentina, nos Estados Unidos, en Alemaña; e amigos moi queridos en Inglaterra e Portugal. É posible que eu tamén sexa galego. Unha aperta.
Na Galiza profunda, vivir na diáspora pode consistir en vivir na aldea do lado. Comprendo que haxa xente que teña presa por enterrar certos esteriotipos que nos identificaron aos galegos através do tempo, pero coido que o segredo de non perder a identidade, está en manter viva a memoria, a ilusión e a esperanza. Un bico.
Graciñas polas vosas aldeas e polos vosos parentes. Eu, claro, tamén teño aos meus pero, como di txarí, no sentido inverso: a miña aldea é Nigueiroá (en Bande) e os meus parentes son todos os que alá quedaron (Emilio, Amparo e Ro, a tía Jesusa, Li e Carlos, Ana e os seus, a outra Ana e os seus, Anita e Xulia, Marinha e moitos outros porque familia é a que facemos e non só a que a bioloxía nos traza).
Dalgunha maneira, vivir ao lonxe permite tamén gardar unha certa lonxanía dos tópicos galegos. O malo non é que existan como primeiro paso na achega a algo ou alguén (de feito, coñecemos o mundo así). O malo é que so sexan ese primeiro paso.
Graciñas polos matices e polas cores! Graciñas polos pasos dados.
22 comentários:
Eu de rapariga sentía envexa dos compañeiros da escola que tiñan aldea. Por iso de grande, decidín ter unha aldea de meu: a Aldea das Carrouchas é a miña aldea por elección, non por herdanza e diso, abofé, non se renega.
chegouche o meu correo? senón mándocho de novo. um beijo enorme, Débora.
Non é por levar a contraria, pero nen teño nen tiven aldea, nen parentes cercanos na diáspora. Eu sinto Galicia nos ouvidos, na tripa e nos ollos.
A miña aldea é Pazos-Carmoega-Agolada e os meus parentes na diáspora é a familia dunha prima que non coñezo, que residen en Bos Aires, aí onda ti. Eu si que coincido co estereotipo.
Saúdos.
Eu non reparo en ninguén que coñeza que non teña aldea, pero ao mellor ven condicionado porque eu nacín nunha. Parentes na diáspora tamén, meus avós tiñan parentes en Cuba, e eu teño curmáns traballando en Madrid.
Hoxe quizais xa non se da en tódolos casos a primeira regra, ou porque as orixes xa esvaeceron ó longo das xeracións, ou porque a aldea deixou de selo. A segunda coido que dun xeito ou doutro, cada día cúmprese máis.
Eu cumpro ás dúas máximas, teño aldea e parentes na diáspora. E morriña (a terceira cousa) das dúas, tamén.
Eu teño aldea e parentes na diáspora. Todos temos algo diso, aínda que sexa aló lonxe
Creo que falta tam�n, unha maleta no faiado...esperando.
pois vaiche ser certo... :)
Non é posible entender aos galegos sin a Galiza de dentro e maila Galiza de fóra. Entre ambas configuran a nósa realidade.
Eu tamén respondo plenamente a ese estereotipo.
Un bo patrimonio personalizado.Bicos e coídeseme.
As definicións sempre conlevan un risco de erro pero neste caso coido que o risco minimízase...
Unha aperta desde Kompostela nunha manhá de Domingo.
:)
Eu teño aldea e eu mesmo andei polo mundo e teño a maleta preparada no faiado.
Quizais ata sexa galego eu !.
A miña aldea é Silvaoscura, por suposto. Nacín en Venezuela, teño familia na Arxentina, nos Estados Unidos, en Alemaña; e amigos moi queridos en Inglaterra e Portugal. É posible que eu tamén sexa galego. Unha aperta.
Cumplo as duas condicións: teño unha aldea e parentes en varios paises de Sudamérica, incluida Arxentina.
Apertas.
Non sei, me desacouga a frase. Pode ser estatísticamente certo, pero non me parece a mellor -a máis favorable- definición para un galego
Na Galiza profunda, vivir na diáspora pode consistir en vivir na aldea do lado. Comprendo que haxa xente que teña presa por enterrar certos esteriotipos que nos identificaron aos galegos através do tempo, pero coido que o segredo de non perder a identidade, está en manter viva a memoria, a ilusión e a esperanza.
Un bico.
E eu que non teño ningunha das dúas, que hei de ser?
:(
Vaia, os outros comentarios corroboran o que ía dicir eu. Non tod@s temos unha aldea, e até semella que parentes fóra tampouco.
cando nom é umha: umha aldea na diáspora!!!!!
Tremendamente interesante!!
he he
Alguén quere apresentarse a un certame de relatos de aventuras???
Renovamos a web 2 veces ao día polo que compre baixar a barra para atopar as bases
Unha forte aperta!!!
Graciñas polas vosas aldeas e polos vosos parentes. Eu, claro, tamén teño aos meus pero, como di txarí, no sentido inverso: a miña aldea é Nigueiroá (en Bande) e os meus parentes son todos os que alá quedaron (Emilio, Amparo e Ro, a tía Jesusa, Li e Carlos, Ana e os seus, a outra Ana e os seus, Anita e Xulia, Marinha e moitos outros porque familia é a que facemos e non só a que a bioloxía nos traza).
Dalgunha maneira, vivir ao lonxe permite tamén gardar unha certa lonxanía dos tópicos galegos. O malo non é que existan como primeiro paso na achega a algo ou alguén (de feito, coñecemos o mundo así). O malo é que so sexan ese primeiro paso.
Graciñas polos matices e polas cores! Graciñas polos pasos dados.
Postar um comentário