28 de ago. de 2007
Entendemento
Facíao escondida. Cando sabía que ninguén ollaba. Podía ser que non estiveran ou que andiveran ocupados co seu mundo de maiores. Sempre o máis difícil era librarme da miña irmá pequena. Cando o conseguía, marchaba ao patio e finxía xogos que non xogaba até acadar a seguridade libre de dúbidas de que estaba soa. Soa de compañas. Soa de ollares. E soa de lembranzas. Nese momento, abría os brazos coma ás, nun ángulo de 90º co torso, e separaba un pouco os pés. Xiraba todo o conxunto (tronco e brazos) uns centímetros e logo daba unha, dúas, catro ou seis voltas agardando polo brillo e o estoupido. A clave estaba na cantidade de voltas e na combinación destas cos movementos do corpo, segúndo as hipóteses do meu entendemento de nena. Pero, por moito que o fixen, nunca fun quen de volverme a «Mujer Maravilla».
Assinar:
Postar comentários (Atom)
20 comentários:
A Muller Marabilla (Wonder Woman), o Home de Xeo (Iceman) e o Home Araña (Spiderman). Recordos da infancia. Que sería dos dous primeiros? Saudiños.
Seguro que non?.Bicos
Eu quería ser o home invisible e só conseguín ser o home tranquilo e pouco falador.
A cuestión é seguir intentándoo.
Permitame o beneficio da dubida, de seguro que o unico que non conseguiu foi o disfraz...
Saúdos de novo, xa voltei.Os super eroes non teñen morbo, é mellor se unha muller de carne e oso.Moitos bicos.
Estimada Débora: Acabo de escoitar a loanza que fixeches do meu blog na Radio Galega. Vaia sorpresa! Quero expresarche todo o agradecemento que mereces e a miña obriga por tanta consideración que repetidamente me tes manifestado. Nunca imaxinei que as sinxelezas que escribo e que publico puideran ser merecentes de maior atención. Desde logo que nacen do amor á Terra, e queren reflectir a presenza do pequeno como algo digno de aprecio, como a esencia da meirande parte do territorio galego. E refírome co pequeno, a un concello de pouca poboación e do que se ten escaso coñecemento. Pero se o analizamos desde o punto de vista do medio natural, teriamos que dicir grande, enorme, porque a Natureza sempre é grande.
Grazas novamente e infinitas apertas deica Bos Aires.
Señor Busto desde logo que fais unha labor, importantísima, e tamén suscribo o que dixera Débora, que ainda que non o oín, de seguro que foi moi bo. Débora eu digo coma Torreira, seguro?. Eu nunca pasei de ser "El Luchador Manco". Bicos
Ser muller hoxe, xa lle da mil voltas ás voltas que daba a "Mujer Maravilla".
Un saúdo voador.
Eu quería ser o pistoleiro mais rápido o oeste do Padornelo e sempre me chimpaban antes de chegar a desenfundar.
um.... coido que tódo-los xogos interesantes son os que non deben ser desenrolados baixo a molesta ollada de ninguén, ;)
Quen non quixo ser Superman de neno e poder cun so chimpo despegar os pes do chan e voar o carón das nubes?
O mundo e a vida foi cruel ca meirande parte de nos que non logramos voar fisicamente nunca. Pero sempre nos quedara o maxín, ou non?.
Apertas
cantas ondas vitais teño eu mandado, cantos celulas, freezers,etc. aniquilado.. xa vedes, a xeración son goku.
;)
Eu de pequeno quería ser un click! parabéns polo blog dende o hemisferio norte!
Non lembro querer ser unha superheroína de pequena, pero si ter soños nos que voaba. Curiosamente, podía se runha sensación fantástica ou estremadamente desagradable, dependendo do día (da noite) Ás veces soñaba que non podía elevarme de todo, ou que me custaba un esforzo enorme manterme no aire. Que querería dicir?
Seguro que vostede o é. Ser muller é xa unha marabilla porque mira que superamos obstáculos¡ Non lle parece? Unha aperta
Simplemente decirche que es unha Maravilla de Muller...
Unha aperta grande.
:)
Por sorte hai moitas mulleres maravillas, e coñezo a algunhas.
Eu de maior quero ser coma os meus pais.
Grazas pola tua visita ao meu blog
a mulher marabilha pode que nom, pero de seguro que es umha mulher marabilhosa!!!!e sem dar tantas voltas...!!
Graciñas polos vosos heroes, polas vosas lembranzas e polas vosas fantasías. Onde vai ese poder sen limites que temos cando nenos? Cando é que perdemos a posibilidade de imaxinarnos asi?
Graciñas Boedense polo recordo dos Home de Xeo e do Home Araña! Graciñas ao benquerido Torreira, a Arale Norimaki pola dúbida pero seguro seguro que non atopei o xeito de ser ela. E non foi porque non o ensaiara...
Graciñas a paideleo e vou seguir intentando, por que non!!! tes toda a razón! E graciñas á amiga Lula Fortune porque é verdade, non está mal de ser unha muller de carne e oso. Menos heróica e poderosa, pero tanto ten.
Graciñas busto.agolada pero todo canto dixen é certo e moito merece de ser louvado. Graciñas ao admirado Suso Lista e podes estar seguro que ti es moito máis co "El Luchador Manco".
Graciñas á miña Doutora Seymour por ese diagnóstico tan axeitado. Si, si. Pero non sei se iso é bo ou un problema...
Graciñas O Raposo polo pistoleiro que deixou aquí. Non che fagas problema, se cadra non es o mais rápido pero podes estar seguro de que o máis rápido non escribe cousas tan bonitas coma ti. Graciñas ao célebre moucho branco pola complicidade dos xogos sen testemuñias.
Graciñas ao benquerido Homesdepedra pola súa fe na nosa capacidade creadora e fantasiosa. Eu, ás veces, boto de menos a que tiña de cativa. Graciñas xurxocimadevila por eses superpoderes espallados neste cadriño. Chegaron aquí!
Benvido e graciñas pola visita a Un galego emigrado! se cadra non es un click! pero levas un blog ben lindo! Non menos lindo é o teu Pau, parabens! Graciñas á nosa Raíña Vermella por eses soños. Eu tamén tiño o soño recorrente de que son quen de voar. E sempre é do mesmo xeito, coa mesma receita. O malo é que ainda nunca tiven a valentía de probalo.
Graciñas a miña fermosa Marinha, tamén a rosa enriquez e a Txari polo xogo de palabras e polo agarimo que traen.
Sodes todos moi xenerosos e moito vos agradezo o tempo que pasades neste recanto e as verbas de compaña que deixades de agasallo. Pode que ninguén de nós sexa un superheroe, pero sodes unha compaña ao lonxe super-poderosa.
Me encantó, Sra,mía.
Besos
Postar um comentário