Puido ser o motor dun coche ou o falar dalguén na rúa. Non o lembro con precisión porque o único que recordo é que acordei na metade da noite por algo indefinido, un ruido, un son infrecuente que rachou a arañeira dos meus soños e me deixou náufragando no océano do insomnio.
Quen sabe que horas serían. Claro, iso tanto ten porque, como dí unha canción da Bersuit, pola noite a soidade desespera. E quen está desvelado, sobre todas as cousas, está só.
Para loitar contra o oco e o baleiro, din en escoitar. Escoitar a noite de Bos Aires no meu barrio. Soou a banda musical da avenida General Paz, unha autovía que aperta a cidade e sinala os seus confíns de vaidosa urbe civilizada... ou iso queren creer moitos. Soou a tose dun camión -se cadra tan desvelado coma min- e soou unha radio na que ata a música que pasaban semellaba adurmiñada. Soou a pregaria tardía do can dalgún veciño e a resposta doutro, afastado, se cadra un animal onírico e non real. Soaron dous ou tres taxis deses que veñen recalar nestas rúas serenas na procura dun descanso que lles prometa que non queda moito, que xa remata o choio, que virán tempos mellores. E grilos. Din en escoitar grilos. Pareceume irreal nesta natureza de cemento, un son case surrealista. Pero claro, agora non sei se os escoitei ou se, daquela, xa estaba a durmir de novo.
25 de fev. de 2008
14 de fev. de 2008
Misterios en clave galega
Pezas valiosas que desaparecen, escritores mortos pero que ainda escriben, o suicidio dun importante funcionario que non está moi claro, trata de persoas, o secuestro de Manuel Rivas, ou unha familia asasinada nunha aldea galega, son algúns dos misterios que comezaremos a desvelar dende o mes de marzo na sala Alfonsina Storni do Café Tortoni.O ciclo deste ano vai de policial e de novela negra na literatura galega. "Pensamos que, por unha banda, o traballo con novelas policiais e negras fará visibles fronte ao lector escenarios e problemáticas en parte ausentes nos textos lidos durante o ciclo pasado e, por outra, permitirá presentar un conxunto de textos e autores actuais nunca traballados formalmente en Bos Aires", explica a licenciada en Letras Andrea Cobas Carral, coordinadora do ciclo.
O percorrido por historias -as máis delas- actuais, a achega a autores novos que falan da Galiza de do hoxe en día, a ollada sobre problemáticas urbanas repetidas en calquera grande cidade pero tamén sobre crimes rurais e o fenómeno bravú, van abrir unha fiestra fantástica para asomarnos á terra tal e como ela é agora, digo eu. Será dende a nosa perspectiva de galegos na diáspora, de lectores formados na Arxentina, de herdeiros dunha tradición a dúas beiras.
Borges, Forcadela, Link, Reigosa, Borrazás, Malvar, López, Jaureguizar, Fernández, de Toro e Villar, son algúns dos nomes. Estades convidados!
6 de fev. de 2008
Definición
« Dúas cousas ten todo galego das que non pode renegar: unha aldea e un parente na diáspora»
Arturo Lezcano González
O país concéntrico
en Gavieiro da nosa identidade nº 1
O país concéntrico
en Gavieiro da nosa identidade nº 1
31 de jan. de 2008
Véndenos o teu blog
A lista daquí ao lado medra e medra e iso é un sinal que eu, porque sí, interpreto como fantástico. Con todo, case nunca lembro a orixe de cada descuberta. Ás veces, son visitantes que chegan e para os que engado alí unha cadeira. Outras, son amigos dos meus amigos que, como é sabido, son amigos tamén. Algunhas achegas doumas algún artigo na prensa ou mesmo post de blogueiros.
Hoxe veño de descubrir un feixe de blogs na prensa. Foi no canal que -de cando en vez- La Voz de Galicia emprega para que os autores de páxinas fagan alí unha presentación do seu traballo. O dos medios interactivos. O dos lectores que tamén fan os xornais. O do xornalismo cidadán que tanto soa. O caso é que por esta fiestra aberta polo xornal xa asomaron moitos e a Voz tivo historias que contar. Lembro agora a da señora María Amelia de Muxía que leva o blog aos seus 95 anos.
Se eu fose xornalista dese medio, sen dúbida escribiría sobre ankami que leva un blog no que achega a súa Galiza e a Etiopía dos seus fillos. "Isto non é unha guía de viaxes, pero quizais che sirva de algo se pensas ir a Addis Abeba. É un espazo para manter o vínculo coa terra na que naceron os nosos fillos e da que, en definitiva, todos vimos. Son experiencias particulares, historias, curiosidades, lugares e persoas, comentarios sobre a actualidade, berros para chamar a atención sobre a desesperada situación de Etiopía. Un lugar que queremos compartir contigo que, por algún motivo, escribiches a palabra Etiopía nun buscador", explican.

Tamén, claro, falaría do blog Energías Renovables y Sostenibilidad Energética dun grupo de estudantes do Master en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética (MERYSE) da USC con distintas especializacións co obxectivo de divulgar, escoitar, debater e aprender todo o que engloba a Sustentabilidade Enerxética. Segundo anotan, "a intención dos editores do blog é principalmente é a de informar, xerar debate e así, concienciar ao lector na necesidade da autosuficienza enerxética e as enerxías renovables como única fonte de futuro".

A Javier, autor do blog O románico na Gallaecia: Un percorrido pola arte románica entre Miño e Douro e outros non menos interesantes, faríalle unha entrevista sobre o seu "percorrido polas igrexas románicas comprendidas entre as cuncas dos rios Miño e Douro e que na Idade Media pertencían a Gallaecia como lugar de convivencia común".

Se eu tivese lembranzas de nena galega na terra, sen dúbida faría unha crónica moi simpática e empática sobre Wikirecuerdos que, segundo explican os seus autores, "é unha enciclopedia de contidos relativos ao consumo e o lecer dos anos 60, 70 e 80 do século XX, baseada na tecnoloxía wiki". A diferenza dun blog, esta páxina -anotan- "admite a túa colaboración para xerar novos contidos e mantén un foro aberto para discutir ou compartir sobre a nostalxia desa época". Eu nin idea, pero imaxino que hai unha chea de persoas ás que estas preguntas lle din algo: "¿Te acuerdas del álbum de cromos El porque de las cosas?¿Y de los Madelman? ¿Recuerdas con nostalgia la serie Bonanza que veías en la televisión en blanco y negro? ¿En el colegio eras de los Bonys o de los Tigretones?".
Se o convite "A vida do meu barrio contada polos seus veciños" non ten moito encanto de seu, chega con mergullar polo blog Barrio de Los Rosales para atopar nel un verdadeiro espazo de reunión, de traballo conxunto, de veciñanza no senso de vida compartida. Pódese non estar dacordo con todo o que fan, pero dende logo mentres todo enfoca no individuo illado, que alguén aposte polo benestar común non está nada mal.

Por último, se eu foxe xornalista de La Voz tamén faría por atopar o blog de Gumersindo Novoa Rodriguez que esqueceu deixar alí o enderezo. Pero como non son, como non vou escribir a historia destas páxinas, nin vou atopar ao señor Gumersindo de Uruguai, só deixo aquí este convite.
Hoxe veño de descubrir un feixe de blogs na prensa. Foi no canal que -de cando en vez- La Voz de Galicia emprega para que os autores de páxinas fagan alí unha presentación do seu traballo. O dos medios interactivos. O dos lectores que tamén fan os xornais. O do xornalismo cidadán que tanto soa. O caso é que por esta fiestra aberta polo xornal xa asomaron moitos e a Voz tivo historias que contar. Lembro agora a da señora María Amelia de Muxía que leva o blog aos seus 95 anos.Se eu fose xornalista dese medio, sen dúbida escribiría sobre ankami que leva un blog no que achega a súa Galiza e a Etiopía dos seus fillos. "Isto non é unha guía de viaxes, pero quizais che sirva de algo se pensas ir a Addis Abeba. É un espazo para manter o vínculo coa terra na que naceron os nosos fillos e da que, en definitiva, todos vimos. Son experiencias particulares, historias, curiosidades, lugares e persoas, comentarios sobre a actualidade, berros para chamar a atención sobre a desesperada situación de Etiopía. Un lugar que queremos compartir contigo que, por algún motivo, escribiches a palabra Etiopía nun buscador", explican.

Tamén, claro, falaría do blog Energías Renovables y Sostenibilidad Energética dun grupo de estudantes do Master en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética (MERYSE) da USC con distintas especializacións co obxectivo de divulgar, escoitar, debater e aprender todo o que engloba a Sustentabilidade Enerxética. Segundo anotan, "a intención dos editores do blog é principalmente é a de informar, xerar debate e así, concienciar ao lector na necesidade da autosuficienza enerxética e as enerxías renovables como única fonte de futuro".

A Javier, autor do blog O románico na Gallaecia: Un percorrido pola arte románica entre Miño e Douro e outros non menos interesantes, faríalle unha entrevista sobre o seu "percorrido polas igrexas románicas comprendidas entre as cuncas dos rios Miño e Douro e que na Idade Media pertencían a Gallaecia como lugar de convivencia común".

Se eu tivese lembranzas de nena galega na terra, sen dúbida faría unha crónica moi simpática e empática sobre Wikirecuerdos que, segundo explican os seus autores, "é unha enciclopedia de contidos relativos ao consumo e o lecer dos anos 60, 70 e 80 do século XX, baseada na tecnoloxía wiki". A diferenza dun blog, esta páxina -anotan- "admite a túa colaboración para xerar novos contidos e mantén un foro aberto para discutir ou compartir sobre a nostalxia desa época". Eu nin idea, pero imaxino que hai unha chea de persoas ás que estas preguntas lle din algo: "¿Te acuerdas del álbum de cromos El porque de las cosas?¿Y de los Madelman? ¿Recuerdas con nostalgia la serie Bonanza que veías en la televisión en blanco y negro? ¿En el colegio eras de los Bonys o de los Tigretones?".
Se o convite "A vida do meu barrio contada polos seus veciños" non ten moito encanto de seu, chega con mergullar polo blog Barrio de Los Rosales para atopar nel un verdadeiro espazo de reunión, de traballo conxunto, de veciñanza no senso de vida compartida. Pódese non estar dacordo con todo o que fan, pero dende logo mentres todo enfoca no individuo illado, que alguén aposte polo benestar común non está nada mal.
Por último, se eu foxe xornalista de La Voz tamén faría por atopar o blog de Gumersindo Novoa Rodriguez que esqueceu deixar alí o enderezo. Pero como non son, como non vou escribir a historia destas páxinas, nin vou atopar ao señor Gumersindo de Uruguai, só deixo aquí este convite.
22 de jan. de 2008
Ex libris
Mesmo antes de saber que existía e moitísimo antes de saber que levaba un nome, collín da paranoia (experiencia) de bibliotecaria da miña nai o costume de marcar os meus libros. Ela facíao co selo da biblioteca e coa mesma devoción coa que algúns rezan: sen moita confianza en que iso vaia dar resultado ningún, pero polas dúbidas, xa que nunca se sabe por onde un sinal de propiedade pode desanimar a un ladrón en potencia.A falta de selos e tintas, eu escribía o meu alcume nas páxinas que levasen un número 11. Daquela era case que un rito: chegar á casa, ulisquear no cheiro a tinta das páxinas, e logo imprimir cun boli azul esas letras. Benmirado, non había case posibilidade ningunha de roubo xa que os meus libros non saían da casa. Pero trabúcase quen busca algo de lóxica nun rito.

Co paso do tempo e co embotellamento de traballos e tarefas pendentes, o costume foi quedando atrapado polas leis da coincidencia: se o lembraba cando tiña tempo de facelo e atopaba un boli azul e logo -ao telo na man- non esquecía para qué era que o buscaba e se non chamaba o teléfono ou alguén me falaba e así...
Un ex libris é unha marca de propiedade que normalmente consiste nunha estampa, etiqueta ou selo que adoita colocarse no reverso da cuberta ou tapa dun libro, e que contén o
nome do dono do exemplar ou da biblioteca propietaria, explica a Wikipedia que -coma sempre- sabe máis ca min. O nome do dono vai precedido da expresión latina ex libris (ou tamén frecuentemente ex bibliotheca, ou e-libris), aínda que podemos atopar variantes (como "Son de..." ou similares).Ademais da lenda que acredita a pertenza do libro, polo xeral o ex libris exhibe tamén algunha imaxe -engade a Wikipedia-. Os exemplos máis antigos empregan escudos heráldicos; posteriormente predominan imaxes de contido alegórico ou simbólico (moitas veces acompañadas dalgún lema). A tipoloxía das imaxes foise diversificando moito: abundan por exemplo as relacionadas coa profesión, actividade, gremio ou afección do dono. Son frecuentes tamén os motivos relacionados co mundo do libro e as bibliotecas.
Como non podía ser doutro xeito, hoxe en día hai unha verdadeira industria do ex libris. Hai dende artistas dedicados ao deseño deles, empresas que ofrecen selos para dar de agasallo, hai mostras dedicadas só a ex libris marítimos como esta organizada polo Museu Maritim de Barcelona, e hai quen xuntou os ex libris de celebridades do cine.

Dos que levo vistos, gustáronme moito o de Andrea -que nunha imaxe fai un perfil fermoso da súa personalidade- e o de Paideleo que garda sitio para a sinatura do propietario dos libros o que engade unha volta máis á identificación dende a propia caligrafía.15 de jan. de 2008
Transplantados /1
É como di un amigo: a xente que emigrou dende Galiza a este recuncho austral do mundo fixo da Arxentina unha nova versión da súa vida galega. Transplantouse, coas raices e todo. Eu non son quen de facelo tan ben coma él, pero engado ás historias que el conta, esta serie de fotos. Foron feitas (polo meu home, que eu son un toxo coa cámara) nunha tarde de paseo na rúa 2 do pobo de Mar del Tuyú. Pero iso é o de menos. Como dí este amigo, as pegadas do amor por Galiza están en todos os pobos, en calquera rúa, diante da ollada distraída que levamos coma levamos as gafas.

Antolladizamente, imaxino a un home dedicado á construcción de casas nesa rexión de pobos de praia que, diante da súa, plantou este horreo coma quen anota o seu nome ao lado do timbre. Imaxinoo hoxe moi maior, se cadra xa non vive ali. Imaxino que marcharía á capital, onde hai mellores médicos e onde os fillos din que se vive mellor, pero el non está tan seguro. Tanto ten, está nun tempo da vida no que poucos atenden ao que pensa ou opina.

Imaxino a xente que pasa pola rúa e que imaxina que o dono de casa ten que ser bastante extravagante para facer unha casilla para o lixo. Imaxino aos outros, aos que saben, aos que entenden de que vai esta "casiña" e imaxinan ao home que plantou un horreo na porta da súa casa coma quen pendura unha bandeira.

A ver se collo entusiasmo e fago máis destas series. Mesmo sendo tan mala coas fotos, o amor pola terra deixase retratar mansamente porque non hai barrio ou rúa no que non se atope.

8 de jan. de 2008
Protagonismos
Nunha praia pódese atopar case calquera cousa. Iso non é raro.
Tampouco é extraño que alguén vaia coa súa mascota. Poñamos por caso un can.

Que un tío teña por animaliño doméstico unha iguana xa vai sendo menos común. E que vaia á praia con ela, bueno, alí tendes algo certamente moi pouco corrente.

Pero que o tío que vai á praia cunha iguana, que loce a súa iguana pola arena levándoa nas costas coma un pirata leva seu perico, logo pose de canso das olladas da xente, esas olladas que él mesmo procurou paseando á súa mascota por todos os recunchos da area, pois iso sí, cando menos a min, paréceme moi raro.

É que na praia atopa un case de todas as cousas.

28 de dez. de 2007
Descanso

Marchamos a unha praia con nome de santa -da que algo vos contei fai algún tempo- para darlle a benvida ao ano 2008 cunha aperta salgada que cheire a mar.
Ese mar frío que afastándonos tamén nos achega.
Vémonos nuns días!
... prometo traervos algo de sol quente e un chisquiño do barullo da area, superpoboada de risos bulideiros e de xentes asándose nos seus traxes charramangueiros. E se cadra, tamén eu atope unha botella no mar.

22 de dez. de 2007
2mil8
Deséxovos coherencia
Deséxovos risos estridentes
Deséxovos oportunidades para
soñar cun mundo mellor
Libros, discos e pelis
Atrancos e inxustizas non volos desexo
pero virán, entón deséxovos
e a forza necesaria para mantela.
Deséxovos risos estridentes
e a valentía de vivilos e gozalos.
Deséxovos oportunidades para
soñar cun mundo mellor
e a xenerosidade de facer
algo máis que soñar.
algo máis que soñar.
Libros, discos e pelis
e o tempo e a compaña
para gozar con eles.
para gozar con eles.
Atrancos e inxustizas non volos desexo
pero virán, entón deséxovos
a sabiduría para aprender deles.
Deséxovos tanta ledicia como a que me regalades viñendo por aquí de visita.
Grazas!
12 de dez. de 2007
A arañeira da maternidade
Non sempre temos ocasión de ver teatro galego. Case nunca temos ocasión de ver teatro en galego. E moito menos, temos ocasión de pagar o noso billete, como sempre facemos cos espectáculos arxentinos. Se cadra por iso, xa merecía a pena asistir á estrea de Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart. A peza, da autora Marga do Val e interpretada pola compañía Teatro Arte Livre que dirixe Roberto Cordovani no (que hai anos foi o) Teatro Bambalinas, recupera a traxedia real de Aurora Rodríguez Carballeira, unha muller nacida en Ferrol no ano 1879 e falecida no psiquiátrico madrileño de Ciempozuelos en 1955, que desexou ser nai para crear á muller perfecta que serían quen de salvar á humanidade. A súa filla, Hildegart foi unha nena prodixio, converteuse en revolucionaria, feminista, escritora e ensaísta. Pero a nai, ao comprobar que a súa filla non era todo o perfecta que ela quería (sobre todo, todo o submisa que ela necesitaba), asasinouna o 9 de xuño de 1933.
Nun correo antes da estra, a autora comentara que se trataba dunha peza brutal. Chamoume a atención o adxectivo. Un pouco porque está algo en desuso neste mundo brutal, é dicir, perdeu contundencia. E tamén porque sair polo mundo cunha "obra brutal" é dunha audacia enorme. Onte comprobei que é certamente unha peza brutal. E fabulosa. E inquietante. E moi ben interpretada.

A historia de Aurora Rodriguez case que é o de menos porque a obra é -por moito- outra cousa. Unha ollada poliédrica sobre as caras da maternidade que é inquietante. Sobre todo porque todos estamos atrapados na arañeira. Podes ser filla ou fillo, podes ser nai. E podes ser as dúas cousas! Como di Aurora (Roberto Cordovani) nun momento: «Todas as nais son A nai. E todas as fillas son mulleres». Os lazos coa teoría psicanalítica (para o público porteño moi claros) están delicadamente tecidos e a historia desas dúas mulleres é o de menos, unha excusa, o que pasa alí é moito máis poderoso.
Fai moito tempo que me intereso polas maneiras de falar da maternidade, de narrar esa relación de dous e de tantos que é a maternidade en xeral. Paréceme limitante e mesmo inxusto que so haxa dous modelos de nais narradas: a santa e a desquiciadamente cruel. Nese contexto, tamén paréceme fabuloso e sorpresivo que as familias galegas (sobre todo na diáspora) ainda teñan a idea -primitiva e tan actual- de que a nai é dona dos fillos. Dona e creadora. Dona e fonte de todo saber sobre eles. É tan "natural", é o deber ser, é o que temos... Digo isto porque penso que a obra ven raxar despiadadamente e valentemente contra esa ollada paralizante e tradicional e ven facelo ao sitio onde ainda impera esa ollada.
Dalgunha maneira, penso que todas as mulleres (nais ou non nais) e todos os homes debían de ver a obra e enfrontarse a esas moitas mulleres que todos somos. Ninguén está ceibe delas, todas nós somos unha Hildegart que rexeita o control da nai (o control en xeral), pero todas somos Aurora cos nosos fillos e coas nosas creacións, todas somos esa monxa atrapada polo seu medo e polo destino que non a deixa escoller, e todas somos esa tola que é despiadadamente racional na súa insanía ou mesmo podemos ser a escritora que narra a propia vida e a dos outros. E para iso, tanto ten ser home ou muller.
A audacia, a xenerosidade e a lucidez da autora e dos actores é ilimitada e merece cantos aplausos sexamos quen de bater, de pe, aos berros de «bravo!». Non a perdades, se tedes ocasión de vela.
_______________________
Actualización (22-01-2008): dende o xoves 24 de xaneiro, a peza pode verse en Vigo. Será no Teatro Arte Livre, Rúa Vázquez Varela, 19, de xoves á sábados ás 21 e domingos ás 20. Prezo único: 12 euros. www.tal2005.com

3 de dez. de 2007
De judocas e de serenos
Tivemos visitas nestas semanas.
O escritor Manuel Rivas pasou case un mes na Arxentina recollendo voces e memorias dun tempo pasado e oscuro. Cando case marchaba, o meu home dixo algo que me chamou a atención: "Rivas é un judoca, un magnífico judoca". Fun ver de que vai o judo e atopei unha figura fermosa na Wikipedia: O Judo é unha arte marcial e un deporte. A idea da competición é sinxela: o obxectivo é derrubar ao opoñente usando a súa propia forza. Noutras palabras, apréndenos que a mellor forma de vencer a unha forza non é opoñéndose a ela senón -pola contra- apoiándoa e dirixíndoa pero para o noso propio éxito. Sería como “unha folla que sostén un pouco de agua e cando non atura máis se inclina e déixaa caer”.
Gustoume o da folla e a agua que atopei na Wikipedia. Gustoume confirmar a sabiduría que se acubilla detrás de todo o asunto. E gustoume, claro, a idea de Rivas coma un judoca. Penso agora e atopo moitas ocasións nas que o vin neste mes administrar sabiamente unha situación hostil. Penso agora nalgúns dos seus libros, en moitas columnas, en case toda a súa obra.
Rivas pasou un mes na Arxentina e a académica e crítica literaria Helena González pasou algo menos dunha semana. Veu participar do III Encontro Internacional de Publicacións Feministas e mesmo con tanto traballo, o tempo chegou ben para descubrir o brillo dunha persoa fabulosa. Helena ten un estilo lúdico de ser lúcida. É divertida e seria en dose equivalente, unha riqueza que poucos coñecen. Curiosamente, o seu home, Rafa, é moi parecido e ao tempo moi distinto. Dalgunha maneira, digo eu, hai quen atopa á esa metade perdida da que falaba o mito do Andróxino do Banquete de Platón.
As conversas con Helena foron unha ledicia. Tiñan todo o encanto da súa columna dos días luns no Diario Cultural da Radio Galega, pero a intimidade que agasalla unha pizza de Guerín, na avenida Corrientes, ou un gin-tonic no bar La Paz. Cando Helena e Rafa marcharan, quedei pensando neles. Lembrei dunha figura que os nenos arxentinos coñecen nos primeiros anos da escola: a do sereno do tempo da colonia que percorría as rúas acendendo os farois e dando as horas. Helena chega e acende a curiosidade deixando para guiarnos unha chea de referencias e lembranzas.

27 de nov. de 2007
Herdanzas
«
Así remata o artigo que María Rosa Iglesias leu fai dous meses máis ou menos. Ela naceu en Compostela e foi arrasada pola emigración da súa familia con cinco anos. Non foi asimilada. Nunca. E tanto non foi asimilada que o seu fillo maior é historiador na UBA e na USC. Un historiador que percorre as entrañas da diáspora galega en Bos Aires. E con todo, isto é o que sinte.
No entanto, teño sentimentos ambivalentes fronte ao galego. Por unha banda, sei que son diferente, que ignoro moitos dos seus costumes, que fixen un desenvolvemento que, nas circunstancias que me tocou vivir, non era posible en Galicia. Doutra banda, teño un sentimento de envexa porque eles, os galegos de alá, quedaron coa patria. Aínda que eu siga sendo no espírito tan dona lexítima desa terra como eles, non terei a capacidade de legala aos meus descendentes co sentimento de pertenza do que nace e se reproduce no lugar de seu. Perdín o poder de transmitir o legado que recibín dos meus antepasados que fecundan a terra de Marrozos desde a noite dos tempos. O espolio máis grande que me impuxo a emigración foi o da capacidade de legar o vínculo ancestral cun territorio e unha cultura. Quedeime coas raíces ao aire...
»
Así remata o artigo que María Rosa Iglesias leu fai dous meses máis ou menos. Ela naceu en Compostela e foi arrasada pola emigración da súa familia con cinco anos. Non foi asimilada. Nunca. E tanto non foi asimilada que o seu fillo maior é historiador na UBA e na USC. Un historiador que percorre as entrañas da diáspora galega en Bos Aires. E con todo, isto é o que sinte.
21 de nov. de 2007
Recordar
Investigadores da Universidade de Bos Aires aseguraron que a memoria garda con más facilidade datos vencellados con algunha carga afectiva. Na ponencia "Memorias naturales y artificiales" organizada polo Centro Cultural Ricardo Rojas, o académico Jorge Medina explicou: "Os humanos só podemos lembrar determinadas situacións individuais ou sociais". E ao momento de pescudar por qué a memoria rexeita algúns detalles da vida, os científicos coinciden en que as emocións ocupan un sitio importante á hora de afianzar as lembranzas. Medina suliñou: "As memorias gárdanse mellor cando hai un ton afectivo no asunto e un certo nivel de emocionalidad".
Assinar:
Postagens (Atom)